martes, 18 de octubre de 2016

Orgullo Nacional

Este mércores tiven a sorte de poder volver a participar nos actos de celebración da Festa Nacional. É o día de todos os que nos sentimos españois, a escenificación dun proxecto colectivo que fomos forxando coa satisfacción e o esforzo xeración tras xeración. O Goberno e os líderes da maioría dos partidos participamos dos actos festivos, reafirmando o noso orgullo de pertencer a unha nación como a española e o noso compromiso cos valores de igualdade e unidade. So Podemos e os representantes de Cataluña, País Vasco e Navarra se ausentaron por motivos políticos. As mensaxes populistas e os desafíos á lei están fóra de lugar e supoñen un claro desprezo ás institucións. Os verdadeiros demócratas son os que respectan as leis. Ningunha ideoloxía vai xustificar que se incumpra a lei. A inmensa maioría dos españois, apoiados polos partidos constitucionalistas, queremos manter os vínculos que nos unen dentro da nosa diversidade. Eu síntome galego e español e non entendo a parodia chulesca que se viviu no concello de Badalona; non é máis ca un novo desafío e unha falta de respecto aos nosos valores que tan só xera división entre os cidadáns. Temos motivos para estar orgullosos de España: somos unha nación cunha longa historia, cun patrimonio cultural e natural dos mellores do mundo, un Estado de Benestar de vangarda e unha sociedade que sabe enfrontarse con tesón ás situacións máis desfavorables. Unha recente enquisa do HSBC realizada entre 26.800 executivos de todo o mundo concluíu que España é, tras Nova Zelandia, o destino que ofrece maior calidade de vida; de feito somos o terceiro país máis visitado do planeta. É o momento de que recoñezamos tamén nós, dende dentro das nosas fronteiras, o que xa recoñecen internacionalmente: España é un gran país, somos un gran país. Debemos seguir traballando para continuar séndoo e para isto necesitamos un Goberno estable capaz de reforzar a confianza e manter a senda do crecemento.

No hay comentarios: