miércoles, 11 de enero de 2017

Os mellores datos da historia

Arrancamos este 2017 cunha gran noticia: baixa o paro. O desemprego reduciuse en 390.534 persoas en 2016, é o mellor titular para comezar o ano. O dato non se queda aí. O número de parados rexistrados sitúase en 3.702.974 persoas e o descenso logrado o ano pasado supón o mellor dato da historia. Ademais, o número de afiliados á Seguridad Social incrementouse no 2016 en 540.655 personas, o mellor resultado interanual da última década no mes de decembro. Con estes datos sobre a mesa temos que ser moi prudentes, porque o problema do desemprego continúa sendo gravísimo. Os números avalan ao Goberno de Rajoy e as súas medidas permitiron o crecemento do emprego. Son datos para a esperanza, porque o ano pasado creáronse 1.500 empregos ao día. E iso é innegable. Neste senso, quero destacar que a Reforma Laboral do Executivo do PP mostrouse coma unha ferramenta moi útil para a creación de emprego. Non esquezamos que xa son 36 meses ininterrumpidos xerando traballo. Por este motivo, hai que olvidarse dos disparates políticos que vemos cada día e se algo funciona, como é o caso da reforma laboral, os españois non debemos permitir a súa derogación. Quero subliñar tamén o gran labor que está facendo a Xunta neste senso. O 2016 pechouse con 22.894 parados menos en Galicia. É un fiel reflexo das políticas acometidas por Alberto Núñez Feijóo, no ano en que os galegos o eliximos por terceira vez consecutiva. Non cabe dúbida de que con Núñez Feijóo, Galicia ten garantido un futuro seguro e próspero. Como lucense, non quero esquecer que na nosa provincia o desemprego reduciuse en 2.397 persoas, liderando a porcentaxe (-10,56%) das catro provincias galegas. Lugo terá un peso esencial nos próximos anos, nos que o sector primario, básico na nosa provincia, recibirá un impulso importante por parte do Goberno. O obxectivo é lograr 20 millóns de persoas traballando no 2020 e fomentar un emprego de maior calidade. Sigamos así, estamos no bo camiño, pero aínda queda moito por facer.

No hay comentarios: