lunes, 17 de julio de 2017

Lembranza a un compañeiro

Esta fin de semana participei an Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”, en Bilbao. Fíxeno con satisfacción, pero tamén emocionado ao lembrar a un compañeiro ao que lle arrebataron a vida vilmente hai 20 años. ETA decidiu matalo o 10 de xullo de 1997 cando só tiña 29 años; o que non se imaxinaba a banda terrorista é que a súa morte sería o principio da fin da violencia etarra. Aquel mes de xullo de hai dúas décadas toda España contivo o alento durante dous días, mozos, maiores, nenos… todo o país saíu á rúa para amosar a súa repulsa ao asasinato e coa esperanza de que os seus verdugos escoitaran o clamor popular e non cumpriran a súa macabra ameaza. Foi unha onda de indignación nunca antes vista que xerou un movemento social que permitiu arrinconar á banda terrorista e amosar que a democracia tiña a forza suficiente para derrotar ao terror. Todos sentimos como propio esa dor pola morte de Miguel Ángel. Matárono por defender a liberdade, a sangue fría, sen compaixón. Isto non podemos esquecelo, é o noso deber homenaxear a súa figura para que ninguén esqueza e para que as novas xeracións coñezan o que vivimos hai 20 anos. Miguel Ángel é o símbolo da dolor, da rabia, da valentía, da solidariedade, da unión dos demócratas, por iso non é bo xerar fisuras en torno a el, nin usar a súa imaxe con fins partidistas. A súa lembranza sempre estará con nós, porque a súa morte, que non foi en vano, non pode caer no esquecemento. Díxoo a súa irmá, Marimar Blanco, el é o símbolo de todas as vítimas de ETA. O símbolo do poder dos demócratas, do poder da palabra e o diálogo fronte ao terror e as balas. ETA xa non mata e di que entregou as armas, pero aínda queda un camiño por percorrer para que a banda se renda definitivamente, se disolva, axude a esclarecer os asasinatos e pida perdón a todas las vítimas que deixa ás súas costas.

No hay comentarios: