miércoles, 1 de agosto de 2018

Sempre ao lado do PP

O desta semana é un dos artigos que máis me custou escribir e é que quero aproveitar estas liñas para agradecer o apoio de todos os que estiveron ao meu lado e despedirme logo de sete anos como voceiro do Grupo Parlamentario Popular no Senado. É a fin dunha etapa, pero non da miña responsabilidade política. Foi unha honra ser o voceiro do grupo maioritario na Cámara Alta. Quero agradecer publicamente a Mariano Rajoy a confianza depositada en min durante tres lexislaturas consecutivas. Persoalmente teño o convencemento de que a figura de Rajoy como presidente do Goberno será valorada na súa xusta medida e lle serán recoñecidos os seus méritos. Quero darlle as grazas tamén á miña familia, aos meus amigos e a todos os compañeiros cos que tiven a oportunidade de traballar estes 7 anos e que me brindaron todo o seu apoio. Teño moito que agradecer. En todo este tempo, no que tiven a oportunidade de liderar o Grupo do Partido Popular no Senado, aplicamos con contundencia o 155, conseguimos evitar que España se rompera. Puxemos en valor esta Cámara, á que muchos aínda seguen cuestionando. Desde as miñas diferentes responsabilidades no PP vivín momentos difíciles, pero tamén moitos gratificantes e síntome especialmente orgulloso de ter podido estar ao lado dun presidente que conseguiu sacar a España da maior crise económica da historia. Esta é a herdanza do Goberno de Mariano Rajoy. Esforceime e din o mellor de min e seguireino facendo desde a miña tarefa como senador, apoiando os intereses de todos os lucenses. Este partido ten unha traxectoria que defender e un proxecto de futuro sólido que estou convencido que a nova directiva saberá transmitir aos españois e que, máis pronto que tarde, o PP volverá a estar no Goberno, que é o sitio onde debe estar porque cando o Partido Popular goberna a España vaille ben. Sigo vendo a política coma unha tarefa nobre, aínda que moitos se empeñen en denigrala e con este principio seguirei traballando desde a miña vocación de servizo público. Desde o Senado seguirei aportando todo o que se me pida, apoiando ao novo presidente e ao seu equipo que estou seguro que, coa axuda de todos, fará un gran labor.

1 comentario:

Anon.2009 dijo...

De tus citas favoritas: "Se un partido político se atribue o mérito da choiva, non debe estrañarse de que os seus adversarios o fagan culpable da sequía” ;)