martes, 23 de octubre de 2018

Presupostos dende o cárcere

Hai unha pregunta que ronda na miña cabeza e por iso mañá mesmo interpelarei ao Goberno no Pleno do Senado. Gustaríame saber, como á maioría dos españoles, que beneficios terán para a nosa economía os Presupostos que pactou Sánchez con Podemos para o 2019. O acordo é, sen dúbida, a peor nova para o futuro de España. As contas son unha trampa para a nosa economía, porque só nos van levar ao buraco do paro. E son tamén unha vergoña democrática, porque nunca antes se negociaran unhas contas públicas no cárcere. A Comisión Europea non cre as contas de Sánchez e alerta de que existe o risco de que non se cumpran os axustes acordados, cos perigos que isto supón para a estabilidade da nosa economía Foi o vicepresidente e fiel escudeiro de Sánchez, Pablo Iglesias, negociar cos independentistas a prisión, é el e non Sánchez o que marca o ritmo do Goberno e o futuro de España. Temos un presidente que é refén dos seus socios na moción, vendeu a estabilidade de España a cambio dun trono. A todo isto hai que engadir que é a primeira vez que se presentan os PXE sen aprobar antes o teito de gasto, como marca a Lei. Queren facernos crer que as contas centran a presión fiscal nos máis ricos, pero non é así, na realidade son un auténtico inferno fiscal para as clases medias e explico por que. Soben todos os impostos: o IRPF, as cotas dos autónomos, o de patrimonio, as transaccións financeiras e ao diésel, que afectará a máis de 17 millóns de cidadáns. Venderon a suba do salario mínimo coma un logro social da esquerda, pero isto xa o fixera antes o PP. O Goberno de Rajoy pactara a suba do SIM para que en 2020 acadara os 850 euros; e fixérao a través dun pacto con sindicatos e patroal e non de forma unilateral coma Sánchez e Iglesias. Os autónomos crean emprego e non poden asumir de forma repentina un aumento dos custes salariais. Xa llo advertíramos a Sánchez, que ante a presión do colectivo se viu obrigado a rectificar, unha vez máis, é o seu “modus operandi”. Desde o PP faremos todo o posible para que estas contas non se aproben, e farémolo por lealdade e responsabilidade a España.

No hay comentarios: