viernes, 1 de febrero de 2008

A lista

A elaboración dunha lista electoral é difícil, aínda que non tanto cando contas cun amplo elenco de candidatos entre os que elexir. E o Partido Popular, por moito que lle pese a algúns, disfruta na provincia de Lugo dunha saúde excelente. Resulta, por tanto, moi ingrato para o comité electoral decantarse por uns e deixar a outros, con igual valía, na recamara.

Pero cada un ten que asumir a súa responsabilidade, o comité electoral fixoo, aínda que, como ben dice o dito, nunca chove a gusto de todos.

De calquera xeito, quero, en primeiro lugar, salientar a xenerosidade e colaboración de todos nesta renovación, na que tamén todos estamos implicados e comprometidos.

Quero, en segundo lugar, resaltar que a meirande parte dos integrantes da candidatura, tanto ó Congreso como ó Senado, proceden da política municipal é, polo tanto, coñecen moi ben as cousas que lle preocupan ós lucenses.

A nosa é unha candidatura renovada, xove, con ilusión e cada un deles está disposto a deixarse a pel traballando polos concello e comarcas da nosa provincia.

2 comentarios:

Rosa dijo...

Noraboa pola lista, son unha afiliada que tamen cree nas renovaci�ns (non entendo as persoas que se aferran os seus cargos e que cando tocan renovaci�ns o seu obxetivo e fundir � partido) felicidades a todos especialmente a Raquel(ser� por iso de que � muller e me sinto identificada),estou convencida de que far� unha gran labor en Madrid e demostrar� que dende pobos do interior da Provincia de Lugo tamen se sabe traballar e se sabe facer pa�s.

maruxaina dijo...

Dice un refrán que nunca chove a gusto de todos, e é certo, esta lista a uns gustaralle máis e a outros menos (como as anteriores),o importante e que prime o interes do partido frente as individualidades porque se non vamolo ter crudo, creo que o principal enemigo do PP moitas veces é el mesmo, as rivalidades internas en Concellos, e xa sabemos, en río revolto ganancia de pescadores. Unha proposta, creo que temos que ser mais activistas, facer manisfestacións, concentracións...porque desgraciadamente non vamos ter sindicatos que as fagan por nos,. Unha aperta