miércoles, 26 de marzo de 2008

Nova andaina

Superada xa a resaca electoral e o tempo de reflexión que se lle presupón á celebración da Semana Santa, principia unha nova andaina, unha nova lexislatura, un tempo para seguir a traballar pola defensa dos intereses da nosa provincia, uns dende o Goberno e outros dende a oposición.

En calquera dos postos que os resultados electorais nos adxudicara a cada quen, manteño o que repetín reiteradamente durante a xa parece que lonxana campaña electoral: os políticos debemos e temos que responder da palabra dada, dos compromisos adquiridos ante os electores, votaran a opción á que votaran.

Esta é, pesou eu, a única maneira de dignificar a gran responsabilidade que asumimos os que, tras ser designados como candidatos polas nosas respectivas formacións políticas, fomos ratificados nas furnas polo desexo e a vontade de cada un dos votos depositados nelas.

E tras o reconto do 9 de marzo, ninguén pode escatimar esforzos para cumprir a función que lle foi encomendada: a defensa, repito, dos intereses dos cidadáns. De todos os cidadáns.

E pode tamén que sexa o momento de que aqueles, os que non eran candidatos pero que se adicaron, con maior o menor sutileza, a desenvainar dagas de tinta, fagan examen de conciencia porque a bon seguro, tras a necesaria reflexión, que acabaran por introducir algún que outro borrón no dito ou no escrito.

No hay comentarios: