miércoles, 2 de abril de 2008

Mulleres

Non son partidario das cuotas. Paréceme un concepto que, en si mesmo, é discriminatorio. Ainda que debo matizar que a denominada discriminación positiva resulta, nalgúns casos, necesaria e, si me apurades, imprescindible. O eufemismo resulta obrigado para lograr que a realidade social se convirta tamén en feito en todos os ámbitos da vida pública.

As mulleres representan algo máis da mitade da poboación. A súa capacidade de xestión e dirección, xa sexa no ámbito privado ou no público, está fora de toda dúbida. E, pese o recoñecemento social que xa, afortunada e unánimente, se lle da o seu traballo e a entrada en vigor da Lei de Cuotas, o resultado é, por exemplo, que a representación fiminina na Cámara Baixa redúxose con respecto á pasada lexislatura. E eso pese a que, por exemplo, a provincia de Lugo por primeira vez vai ter a unha representante no Senado. En xeral no que atinxe á representación provincial por parte do Partido Popular, creo que é necesario salientar que, en comparación con hai catro anos, melloramos moito neste eido. Así, de cinco representantes varóns, pasamos agora a ter tres homes e dúas mulleres nas Cortes.

¿Que pasa?

A cuota de poder das mulleres no ámbito público non se corresponde coa relevancia do “poder fiminino” real. Temos que recoñecer que, pese ós avances, a igualdade, na extenso singnificado da palabra, non existe e que os pasos que se están a dar, ainda que constantes, claramente están a resultar insuficientes.

Non pode haber igualdade ata que, por exemplo, a conciliación da vida familiar e laboral sexa algo máis que un manual de boas intencións. E eso conseguese ofrecendo maior cobertura ás mulleres (e ós homes) no que á oferta de guarderías se refiere, unha maior flexibilidade horaria das xornadas laborais ou, entre outra longa lista de medidas, que, a igual traballo, haxa igual salario.

Non pode haber igualdade ata que non asumamos con total normalidade que a xefa sexa unha muller ou que os partidos políticos ou os países estén dirixidos por mulleres. E ese imprescindible cambio de concepción só será posible co esforzo de todos e cun constante traballo de concienciación que pasa, en primeiro lugar, por unha boa educación.

Estamos no bo camiño. Dispoñemos das ferramentas precisas para que as mulleres estén, onde por dereito, teñen que estar, pero precisamos esforzarnos máis. A lei e sobre todo a aplicación da lei debe ser xusta e xenerosa. E tarefa de todos e un reto para todos acadar a plena igualdade. Nesa loita infatigable e constante quero situarme.

No hay comentarios: