jueves, 10 de abril de 2008

Obxectivos

Non me resisto a facer neste foro unha breve síntese do que deu de si a reunión da Xunta Directiva Provincial do Partido Popular a semana pasada e na que, como é obvio, a análise dos resultados das eleccións xerais foi o tema estrela.

Non me resisto tampouco a repetir eiquí algúns dos argumentos que esgrimín ante os meus compañeiros de partido. Quero salientar, en primeiro lugar, que cumprimos o noso obxectivo de continuar a ser a forza máis votada na provincia e manter, ademais, a nosa representación en Madrid. E lográmolo pese a non contar co evidente respaldo que conleva estar á fronte de institucións tan relevantes como a Deputación ou a Xunta, e incluso o Goberno Central.

Pero, ainda estando na oposición, aí están os nosos resultados, aí está o respaldo de 110.076 lucenses.

Xa que o PP segue a ser a forza maioritaria na provincia, é de caixón que o PSOE, unha vez máis, non conseguiu desbancarnos dese primeiro posto nin sequera presentado, unha vez máis, como cabeza de lista ó Congreso o número dous dos socialistas a nivel nacional.

En resumo, si me permiten utilizar un símil futbolístico, o resultado final do partido foi de PP, 5; PSOE, 3; e BNG, 0.

Non quero, sen embargo, caer na tentanción de parecer triunfalista nin sequera demasiado condescendete, porque tamén é evidente que, en comparación coas Xerais de 2004, baixamos en número de votos. Só quero salientar, tanto de cara a nosa militancia e os nosos votantes como para o electorado en xeral, que, pese ó contexto político no que nos atopamos, o PP é líder e eso, penso eu, debe ser por algo.

Non quero tampouco deixar pasar a oportunidade de agradecer, a todos e cada un dos que nos votaron, a súa confianza e para reiterar o noso comprimiso de traballar duro para non defraudalos.

No hay comentarios: