martes, 29 de julio de 2008

Celebración desafortunada

Ó mal tempo, boa cara. Pode que eso fose o que pensou o Goberno socialista cando tomou a desafortunada decisión de celebrar os seus 100 primeiros días de actividade ou, quizais debería dicir, para ser algo máis exactos, de inactividade.

E xa que principieu esta reflexión aludindo a unha desas máximas da cultura popular nas que se concentran verdades coma puños, como di aquel amigo meu tan retranqueiro do que xa lles falei un día hai bastante tempo, vou facer uso doutra.

Outro refrán que, como tamén diría o meu amigo, é outra verdade ata incluso máis grande que calquera vaca rubia do país que poidas imaxinar (desas, especificaría el, das de antes): non está a forno para bolos.

A situación económica que está a vivir o país e que, en maior ou menor medida, nos afecta a todos, non invita ás celebracións. Nin por moito que Rodríguez Zapatero non se vexa capitaneando un barco que non estea cheo de optimismo ni por moito que o seu segundo de abordo, o Sr. Blanco, se empeñe en imaxinar (que non ver) a botella medio chea.

A conmemoración dos cen días (ós que hai que sumarlle os catro anos anteriores) nin era oportuna nin era convinte. E a razón, na miña opinión, é de madeira de pino. As fabiñas (aínda que non pareza ser así nos días de Zapatero e Branco) están contadas. A economía española non vai ben, agás (parecer ser) para a familia socialista.

Os lucenses sabemos ben a que nos estamos a referir cando falamos das vacas fracas. Ó fin, temos a triste honra de telos salarios e as pensións máis baixas de toda España. E como non imos só a encabezar as listas pola cola, tamén temos a taxa de inflación máis alta.

Non estamos, por tanto e pese a que xa comenzamos a tempada de romería estivais, para tirar moitos foguetes. Coa que está caendo e coa que se aveciña, que o executivo de Zapatero celebre aniversarios paréceme ata case de mal gusto.

Zapatero e o seu equipo non foron capaces de plantarlle cara ós problemas que ten este país, nin sequera de recoñecer en tempo e forma o que era obvio para todos. Hai uns días o Presidente insistiu en que a recesión económica na que nos atopamos non desencadenaría un recorte das políticas sociais do Estado. Mostraba certa mofa, incluso, cando dende o PP insistimos en que sen unha boa política económica é imposible manter e desenvolver unha axeita política social. E desgraciadamente o tempo (e houbo que agardar moi pouquiño para comprobalo) voltou a darnos a razón. Galicia verá reducida drásticamente a súa asignación para aplicar (e levamos xa dous anos de retraso) a tan vitoreada Lei da Dependencia.

E neste rebumbio continuo en que os feitos contradicen as intencións, permítanme facer unha mención especial o balanzo da situación socioeconómica realizada polo noso veciño José Blanco.

E entrecomillo unha das súas frases para que non pensen que é cousa miña: “o Goberno actuou ante a crise (porque agora xa hai crise, puntualizo que o paréntese é meu) con realismo, determinación e confianza”.

A min gustaríame convidar ó Sr. Blanco (xa o fixen, de feito, de xeito público) a que veña a dicirlle o ben que vai todo ós seu veciños, ós que o votaron e ós que non. Porque el, como cabeza de lista do PSOE por Lugo, algo terá que dicir de por qué, nestes 100 días nos que o traballo do executivo foi, segundo el, tan brilante, non se avanzou nin un milímetro, por exemplo, nas infraestructuras comprometidas para Lugo. Nas autovías, nos tramos do AVE, nas pontes…

A min, e estou case convencido de que á maioría dos lucenses, gustaríame escoitalo, aínda que estou tamén igualmente convencido de que despois de facelo ía seguir tendo moi poucas ganas de festa.

1 comentario:

rosalia dijo...

esta claro que a crise non é igual para todos. Zapatero e Solbes non teñen os problemas para chegar a fin de mes que temos os demais. estará demasiado ben pagados ¿non?