martes, 19 de agosto de 2008

A cor rosa socialista

Mentres a situación económica de Galicia se desmorona, o Presidente Touriño complementa a súas vacacións estivais co lanzamento de mensaxes triunfalistas sobre a situación. Aínda que o IPC poña de manifesto que segue desbocado, que os prezos medraron nun ano un 5,6%, que o número de autónomos descendera no primeiro semestre un 48%, que preto de 10.000 postos de traballo desapareceron neste últimos doce meses… Touriño segue a ver as cousas ben.
.
Parecida actitude e visión ten o Presidente Zapatero, que só suspendeu as súas vacaciones para presidir un par de reunións nas que, como ven sendo norma dende que a crise fixo acto de presencia, só serviron para facer como que se fai, aínda que sin facer nada. Cando menos nada sustancial, porque ningunha das accións anunciadas resultan novidosas e non van a contribuir de xeito notorio a cambiar a tendencia, que non é outra que a caida libre na que está inmersa a nosa economía, mírese polo flanco que se mire.

.
E xa para tocar as tres administracións máis representativas, non podo deixar de facer referencia á compra do novo coche oficial da Deputación, do Presidente Besteiro. Adicar 106.000 euros a un vehículo, máis incluso do que inicialmente estaba previsto, e unha cifra que invita á reflexión, sobre todo neste tempo de vacas francas. Bueno, fracas para algúns porque para outros parecer seguir estando bastante gordochas.

.
Parece que ver o mundo de cor rosa, pese a todos os pesares, é cousa do pensamento socialistas. Venme á cabeza, a fío desto, un artigo publicado hai uns días nun xornal por un relevante socialista lucense a propósito da “celebración” dos cen días do Goberno do PSOE en Madrid.

.
Facíase referencia no mencionado artigo á esixencia, dado o asentamento da nosa democracia, de que os gobernantes rendan contas da súa xestión. Pareceme acertada esta reflexión, eu levo moito tempo demandandolle os socialistas precisamente eso: que rendan contas ós lucenses e que digan qué está feito de todo o prometido.

.
Alardeábase asimesmo das, e entrecomillo, “medidas económicas que dende o primeiro día se teñen tomado (por parte do Goberno socialista, claro) para paliar os efectos da caída do crecemento do emprego, medidas que no seu conxunto e ata o ano 2010 poñen en circulación más de 60.000 millóns de euros. Medidas económicas extraoridinarias porque hai que axudar ós sectores do transporte, da pesca e do agro, que son os máis afectados pola crise enerxética…”.

.
Está claro que os socialistas ven o mundo dun color distinto e incluso teñen unha memoria un tanto selectiva. Porque os socialistas da Deputación de Lugo, por exemplo, non quixeron axudar a eses sectores, máis ben ó contrario porque levan un ano dandolle as costas. E en Madrid, se non me engano, cando menos para o Presidente Zapatero e o seu equipo, non había crise ata hai ben pouquiño.

.
Confeso estar desconcertado, porque se realmente se están a facer tantas cousas e tantas cousas ben feitas, ademais, non parece lóxico que cada novo dato económico sexa motivo de disgutos para todos, últimamente incluso para os propios socialistas. Non me explico, de feito, por qué a recuperación non é xa efectiva e, na vez de apretarnos o cinto, non nadamos na abundacia.

1 comentario:

rosalia dijo...

a los socialistas ya los conocemos todos, y espero que cuando toque, se note