viernes, 24 de octubre de 2008

Orzamento de mínimos para Lugo

O dos orzamentos da Xunta para o 2009 é un escándalo. E explícome, para que non pensen que esaxero.

Nos orzamentos da Xunta do ano 2005, os últimos que redactou o Partido Popular baixo a presidencia de Manuel Fraga, adicaban a inversión na provincia de Lugo 132 millóns de euros.

Catro anos despois, o Goberno de socialistas e nacionalistas que dirixe Emilio Pérez Touriño, contempla a mesma cantidade: 132 millóns de euros.

Non só invirten na nosa provincia o mesmo que hai catro anos, senón que, se temos en conta a inflación, resulta que a inversión prevista para Lugo é menor da prevista no 2005. E hai otro dato preocupante, porque se temos en conta o baixo grao de execución orzamentaria que caracterizan o cogoberno da Xunta, a reducción resultará aínda máis ostentosa, máis discriminatoria.

Polo exposto, dou por feito que ninguén ou case ninguén me cuestionará que á nosa provincia non lle conveñen as contas que nos fan socialistas e nacionalistas en Santiago, por moito que cando estén en Lugo as pinten de cores.

Por se hai dúbidas, tamén se pode facer a comparación entre os orzamentos de 2008 e 2009. No conxunto da provincia as inversións para o vindeiro ano redúcense un 25 por cento. Por comarcas, a máis prexudicada é a Terra Cha cunha rebaixa con respecto ó 2008 do 47 por cento, aínda que en todas a merma é considerable, o 21 por cento na Mariña e o 20 por cento na de Lugo, por poñer só outros dous exemplos.

E toda esta rebaixa pese a que o presuposto da administración galega para o vindeiro ano terá o maior índice de endebedamento posible, nada menos que 600 millóns de euros, o un por cento do PIB. Os lucenes teremos que facernos cargo de parte do pago dese débeda pero, á vista do investimento previsto, non obteremos ningún beneficio por elo.

En resumo, as contas da Xunta para o vindeiro ano na provincia de Lugo son moi malas e xa non únicamente pola reducción xeneralizada da inversión, tamén porque neles non se inclúe ningunha obra nova de relevancia. Non esaxero, por tanto, cando digo que para os proxectos que está en marcha adícase moi pouco e para o prometido, absolutamente nada.

2 comentarios:

rosa dijo...

Lugo sempre queda a ultima en todo
e estes que se din progresistas son os peores

rosalia dijo...

hay que ponerle a estos impresentables nos puntos sobre las ies. Para lo único que valen es para seguir haciendo oposición.