lunes, 20 de julio de 2009

Dous anos de anuncios

Cumpríronse vintecatro meses dende a toma de posesión do Goberno bipartito na Deputación de Lugo pero as cousas non cambiaron moito con respecto ó primeiro ano, superada xa sobradamente a posta ó día e a familiarización coa asunción das novas responsabilidades.

O balanzo non resulta nada alentador. Tanto é así que os dous (cando menos e por tirar polo baixo) copresidentes do ente provincial, na vez de facer un percorrido polos teóricos logros acadados neste tempo, optaron na súa autoevaluación por escenificar cunha aperta unha sintonía que brila pola súa ausencia e polo que mellor saben facer (sobre todo o Sr. Gómez Besteiro): proclamar un manual de intencións que serán novamente anunciadas pasado o verán. Coincidirán conmigo en que o Presidente da Deputación estase a converter nunha versión moderna, máis televisiva quizais e, se me permiten, dicharachera, do home anuncio.

Falaron, en fin, dunha retahíla de proxectos dos que só se adiantaron exiguos esbozos, seguramente porque aínda teñen moito que concretar neles, que pretenden desenvolver durante os vindeiros dous anos. Moito terán que traballar para compensar a galbana amosada ata o de agora, aínda que o tempo perdido, perdido está e non hai que esquecer que estamos a metade de lexislatura. Pero bueno, tamén o tempo dirá.

En calquera caso e para resumir, de pouco pode presumir o cogoberno da Deputación, nin sequera de saldar esas débedas históricas das que tanto falan: o pago do canon enerxético é un imperativo legal ó que aínda lle queda moito camiño por andar, e á posta en marcha dos parques de bombeiros comarcais corren a mesma sorte, as previsións non se cumplen e os avances son máis ben escasos.

O equipo de goberno provincial do que si deu sobradas mostras (sobre todo o Presidente) é de non acabar de entender as responsabilidades que inherentemente leva aparellado a asunción do cargo.

A Deputación provincial non só ten que xestionar solidaria e equitativamente os fondos propios e ós que lle son confiados por outras administracións, algo que claramente incumpliu: favoreceuse ós concellos da súa mesma cor política non só xa á hora da concesión de obras, por exemplo, senón en cuestións tan básicas como o respeto institucional debido ós concellos e, por ampliación, ós seus representantes; tamén ten que, ademais de promover actuacións que favorezan o desenvolvemento económico, social e cultural e respaldar ós sectores productivos estratéxicos (que tampouco fixo), custodiar e preservar o patrimonio da institución. Creo que non é preciso xa insistir no tema dos catamaráns, da Residencia Miño ou dos clubs náuticos, con especial énfase no acontecido no de Augasmestas, que resulta especialmente significativo, porque calquera pode comprobar in situ o estado no que se atopan.

Saliento, outra vez, o feito de que estamos no ecuador da lexislatura e que nestes dous anos no se atisbou ningún xesto de solidariedade por parte dos máximos responsables da Administración provincial cos lucenses que se adican ó peixe, á carne ou ó leite, que non están a pasar polo seu mellor momento e que incluso, como é ocaso do sector leiteiro, estiveron unha semana na rúa. Nin solidariedade, nin axudas. Nada de nada, ningunha sensibilidade cos principais sectores productivos da nosa provincia.

A pretensión de Gómez Besteiro de desembarazarse da súa responsabilidade é claramente intolerable e faise obligatoriamente necesario un cambio de rumbo e sobre todo de actitude no Goberno da Deputación. En definitiva, menos anuncios e máis xestión.

1 comentario:

rosalia dijo...

La "marca" socialista es clara. Prometer mucho y hacer poco. Nada nuevo bajo el sol. Una pena