viernes, 24 de julio de 2009

O día de todos

Un ano máis, e prácticamente xa van 90, celebramos o DIA, con maiúsculas, de Galicia. O día de todos os que somos e nos sentimos galegos, estemos onde estemos, e que, por descontado, nin só somos nin só nos sentimos galegos este día.

A compoñente festiva desta xornada dase por descontada, porque é de lóxica congratularnos e ostentar con orgullo a nosa condición de galegos, xentes nin mellores nin peores, simplemente distintas. Perpetuamos tamén así a concepción inicial de celebración coa que foi concebida.

Non cabe dúbida de que a festa está impregnada tamén dunha gran dose de solemnidade, ineludible e irrenunciable ó fin de contas. Non é preciso, penso, suliñar que o Día de Galicia pasou por non poucas vicisitudes ó longo destes anos e que chegar ata aquí, asentada e afianza a nosa autonomía, non foi doado. Un motivo máis, se fora preciso buscalos (que non o é) para a celebración.

A defensa da ideoloxía galeguista; da nosa tradición, da nosa cultura, diferenciada e intransferible, na que inexcusablemente vai incluida tamén a nosa fala, mantivéronse constantes, foran cales foran as circunstancias políticas e sociais do momento, na conmemoración de todos os Días de Galicia desenvolvimos equí ou en ultramar.

O consenso nunha xornada como a que estamos a piques de celebrar, que principiamos xa de feito hoxe a ensalzar, debía de imperar non só nas nosas declaracións, tamén na nosa actitude. Que os catro ex Presidentes da Xunta vaian a recibir a Medalla de Galicia en recoñecemento da súa achega á construción e consolidación da Galicia autonómica, plural e moderna é unha mostra de que é posible.

Mañá é un día de festa grande en Galicia e ningunha disputa debería de empañar a unidade de todos no ensalzamento da nosa identidade como pobo, que foi, ó fin, a súa razón de ser orixinal.

No hay comentarios: