miércoles, 5 de agosto de 2009

Cen días

Mudaron moitas cousas en Galicia en tan só cen días.

O executivo que lidera Alberto Núñez Feijoo afrontou os malos tempos económicos que nos toca vivir con entrega, compromiso, responsabilidade e unidade (porque agora temos un único goberno e un único Presidente). Cumpriu xa algunhas das promesas electorais e deu pasos firmes para acadar outras. É necesario máis, sen ningunha dúbida, pero é que leva pouco máis de cen días!

Feijoo é o seu equipo demostrou, con feitos, que apretarse o cinto na administración, como desgraciadamente están obrigados a facer a meirande parte dos galegos, é posible; e que a verdade, sempre pero máis aínda cando veñen mal dadas, é o mellor argumento.

Desexar, aínda que sexa con todas as nosas forzas, a aparición de brotes verdes non é suficiente, hai que traballar por eles. Arar a terra, abonala; escoller a semilla, plantala e regar moito, máxime se os rigores do estío apretan. E pese a todos estes mimos, a mazá caerá cando esté madura, nin antes nin depois.

Así que, cando as prioridades son moitas e os cartos son fabiñas contadas, aparecen furados cos que non se contaba ou caixóns nos que tiña que haber algo pero sorprendentemente non hai nada, que os criterios de reparto sexan os de país e non os das respectivas parcelas de partido e xa, de por si, unha garantía e un triunfo.

Feijoo trocou a política das promesas pola dos feitos, dos feitos útiles, ademais.

Devolveu a nosa sociedade a liberdade lingüística que non debemos perder nunca; iniciou a senda da rebaixa de impostos, porque ésta é posible aínda en tempos de crise; comprometeuse cos sectores en crise coa adopción de medidas inmediatas e poñendo cartos sobre a mesa; estableceu un plan de choque para incidir nos eslavóns da cadea máis fráxiles e, neste intre por tanto, máis desprotexidos; puxo de manifesto ante o Goberno do Estado que Galicia existe, que está disposta a facerse oir e, o máis importante, que non vai a doblegarse...

E, sobre todo e por encima de todo, demostrou que un xeito distinto de gobernar, a carón da cidadanía á que representa, é posible. Abriu, en definitiva, unha porta á esperanza, a ilusión da que andabamos tan escasos.

Creo que temos un bo Goberno, que apunta alto e ben. Deixémolo traballar que, volto a insistir, aínda leva pouco máis de cen días.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Estoy completamente seguro de que si la cosa sigue como hasta ahora, tendremos presidente de la xunta popular durante muchos años.
Le hacia falta un labado de cara al blog... ya era hora

armadanzas dijo...

Pero que diferencia atopo agora que os populares volveron ao goberno coa xestión bicéfala do duo dinámico (psoe+bng).
En pouco mais de 100 días devolveulle a ilusión aos galegos e a confianza na clase política.
Comparto a opinión do comentario anterior sobre o blog, esta moito mellor agora.

Estrella dijo...

En 100 días se ha logrado solucionar parte de los errores que cometieron PSOE y BNG, esos que ahora parecen tener toda una lista de ideas y que tanto critican pero que en 4 años no fueron capaces de llevar ninguna medida eficaz a cabo.
Aún quedan muchas cosas que hacer y que mejorar pero estoy segura de que poco a poco se irán viendo los resultados y que serán buenos para Galicia porque confío plenamente en la capacidad de trabajo y eficacia de este nuevo gobierno que devolvió la ilusión a todos los gallegos.

JTIRIMOL dijo...

100 días de auténtica política. Fronte ao refrito que fixo o bipartito, con Alberto pasouse a unha política seria. Vexamos; agora hai liberdade para falar e expresarse no idioma que un elixa, porque por privilexio na nosa Comunidade temos dous, e podemos presumir delo. Non se nos impón nada. Destacar o desbloqueo das obras do AVE, destacar fronte a austeridade e o despilfarro do outro goberno, o Plan de Austeridade co cal se reduxeron as Consellerías e se eliminaron os altos cargos. 100 días de compromiso coa sociedade galega, e de confianza. E tamén quero destacar outra cousa ao meu parecer importante, destacar á persoa. Eu estudiei Maxisterio, e sempre se repetía a frase de que "Antes que ser mestre hai que ser persoa" pois agora parafraseo dita frase e digo que "Antes que ser político hai que ser persoa" e Albertoé guardián da súa intimidade, e os galegos e galegas coñecémolo e xuzgámolo pola súa xestión e polos seus feitos políticos, e non por outros menesteres como ocorreo co goberno anterior. En fin... 100 días de política social e nitida, oxalá siga así. E oxalá se melloren algunhas cousas no rural (que o bipartito nos deixou totalmente abandonados e á deriva). Polo demais tamén coincido cos comentarios anteriores. Oxalá se siga neste bo camiño e tamén que se oiga a voz do rural, a día de hoxe, só podo dicir; Gracias!!!

viveirés dijo...

Querido Barreiro:

Creo que vostede ten un cargo na provincia de Lugo. Tendo en conta isto, gustaríame que fixera unha análise do feito na nosa provincia. Pero vou máis aló, gustaríame que esa análise afondase na situación da Mariña, esa comarca tan bonita na que di que lle gusta veranear.
Que se fixo nestes 100 días de Feijoo, ademais de volver a centralizar as autopsias en Lugo?

O outro día falou o seu camarada Balseiro e fixo unha análise parecida á súa, pero con datos. Ao pobre home deberíaselle de caer a cara de vergoña. Falou de 48 millóns de investimento en 100 días, dos que 32 pertencían ao treito do corredor costeiro entre San Cibrao e Celeiro, que unha semana antes lle dixera ao socialista Ismael Rego que como dicía que non fora adxudicada, se o fixera o propio bipartito. En que quedamos?
Ben, quedan 16 millóns logo. Prefiro non desgranar de onde saen porque, sinceiramente, dáme a risa.
Pero bueno, en 100 días fanse moitas cousas e aínda que vostede o negue, tamén algunha que outra promesa. Un exemplo: unha nas que máis incidiu o señor Balseiro foi a doble tripulación para o Pesca-2, con base en Celeiro. Si, todo moi bonito e marabilloso, non o nego. Sempre que este logro dos 100 primeiros días fose acompañado con algo que dea fe delo, non coa promesa de que se vai facer no 2010.

Deixense de valoracións absurdas (tantos os que gobernan como os que non fan oposición) e dedícanse a facer o que teñen que facer. Estamos en pleno mes de agosto e non vexa que atascos temos a diario en Viveiro. A variante (a de verdade, non a que fixo o seu colega César Aja) estaba a punto para ser licitada e, posteriormente, adxudicada. A que agardan desde o 1 de abril para facelo e proporcionarnos aos viveireses unha alegría e dentro dun tempo a satisfación de rematar cos atascos na nosa cidade.

Agardo a súa resposta, pero sobre todo a dos seus compañeiros con feitos dos que alegrarme. De momento, a loita contra o galego non me enche nadiña. Pero bueno, todo sexa pola supervivencia do castelán en Galicia, que disque anda en perigo (eu non tiña constancia).

Saúde.

Anónimo dijo...

pois eu si que estou moi a gusto agora que volve a xente honrrada a gobernar na xunta, que queredes que vos diga.