martes, 8 de septiembre de 2009

As contas socialistas

Zapatero fixo súa a máxima de que é de sabios rectificar, conscente, ou quizais canso xa, de que a súas medidas estrela acaben por estampárselle no fuciño por ese efecto boomerang que provocan os parches ou as improvisacións que están a caracterizar a súa acción de goberno.

Os pauciños de cego que está a dar para tentar reencauzar a, segundo dicía el, inexistente crise económica acaban inexorablemente en desastre. Rectificar é de sabios, si; pero verse obrigado a facelo, non por convencemento senón por obrigación, réstalle virtude e sobre todo credibilidade ó Presidente e, por extensión, ó seu gabinete.

A chapuza, porque non admite outro calificativo, do bautizado pola sabiduría popular como 'cheque parado' non ten precedentes. Como si o diálogo social non estivera xa bastante crispado, como si o drama humano, social e político que supón que haxa neste intre máis de catro millóns de desempregados no país (veremos a que taxa chegamos cando rematen as contratacións temporais do estío ou as auspiciadas polo tan nomeado Plan E) non fora suficiente, Rodríguez Zapatero puxo a funcionar a pleno rendimento a súa maquinaria progandística anunciando con música celestial un plan de subsidios para ese gran exército de parados.

Esqueceu dar igual tratamento á letra pequena, deuse uns días de tregua para disfrutar da gloria que ben sabía que ía ser penitencia, porque a reacción lóxicamente non se fixo agardar e non precisamente por eses detalliños de que nin impresos había para cumplimentar a petición.

Os socialistas parecen ter algúns problemas en facer cuadrar as contas. As improvisacións teñen estes riscos. Non calibran o montante económico que supoñen para as xa algo exiguas arcas do Estado as súas ideas de brilo fugaz. Aínda permanece a estela daqueles 400 euros de 'regalo' que provocou un bo furado cando se anuncia a bombo e platillo unha medida de 420 euros que en apariencia era universal pero que levaba aparellada tantas restriccións que ó redor da metade dos parados deste país non terán acceso a ela.

Rodríguez Zapatero non calibrou a que se lle viña encima porque a situación é drámatica, e dende hai xa varios meses,  para moitos dos que tiveron a desgracia de perder o seu traballo. É lóxico o seu descontento e o seu pesimismo porque España, o seu Goberno, é incapaz de reactivar a súa economía, de cambiar a tendencia de ser o país de toda a Unión Europea que máis emprego destrúe. No que atinxe á perda de emprego desgraciadamente o Presidente Zapatero si logrou poñernos á cabeza e manternos no posto, ainda que hai que lembrar que antes da chegada dos socialistas ó  Goberno España era o que máis emprego xeraba na Europa comunitaria.

A realidade máis cruda e que aquí seguimos caendo mentres algúns países do noso entorno ralentizan o descenso ou principian a atisbar unha recuperación, moi leve pero súbida ó fin.

E como se o patio estivera pouco revolto, José Blanco acude ó rescate do seu xefe para desviar o foco da atención pública, do cabreo xeral, cun anuncio que pon aínda máis patas arriba o cotarro. Será inevitable unha suba de impostos polos efectos da crise (antes negada), do incremento do paro (do novo subsidio), da caída da recaudación fiscal… pero, eso si, só lle afectará ás clases altas. Pobre eufemismo.

Foi peor o remedio que a enfermidade. Tamén Blanco tivo que rectificar. Era unha reflexión en alto, que ninguén se alarme. Pero a alarma xa se activou e difícil será desactivala porque o Ministro de Fomento algunha verdade dixo: o gasto público dispárase e os ingresos menguan moito. Zapatero non desmintió esa cavilación en voz alta do seu ministro de Fomento, pero matizou que a suba será limitada e temoral. Quédanos, unha vez máis, por coñecer a letriña pequena e penso que non será nada tranquilizadora.

As contas do Estado, como as da meirande parte dos cidadáns deste país, non cuadran. E amañados imos (ós precedentes me remito) se os socialistas meten máis a man na cesta que, segundo eles mesmos recoñecen, xa teñen valeira.

6 comentarios:

zETA dijo...

Parafraseandote don jose manuel, istes que nunca comeron quente...

Aun no entiendo como muchos pueden seguir tan ciegos como para ver como van las cosas, las medidas inutiles que se estan tomando y seguir votando al clan de la ceja.
Poco pan para hoy y mucha hambre para muchos años es lo que nos espera.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Xosé Manuel, iste artigo fíxome reflexionar sobre o presidente que nos está a gobernar e que está defendendo os intereses de España no mundo… E a conclusión a que cheguei eu, ao igual ca maioría dos españois é deprimente Isto xa é indignante dende fai xa meses. Agora isto parece unha tómbola; e o señor ZP o titiritero e os demais os “estafados” que xogamos nela. Presumen de política social e económica, ¿social? ¿económica?. As contas non as cadra nen o mellor economista do mundo, vamos que nen tan sequera John Forbes Nash, sería capaz de pór ao día as contas dos Socialistas.

Primeiro collemos a friolera e non despreciable cantidade de 8.000 millóns de euros e tomamos medidas absurdas para poñerlle parches (xa rotos) á crise Mundial que estamos vivindo e sufrindo. Que a crise non é culpa de ZP como argumenta Leopoldo Arias Abadía, pois é discutible. Certo é que é unha crise Mundial, que o Sistema Capitalista topou e o sistema do benestar vénse abaixo, aquí en España veu de rebote e afectou nun principio a Burbuxa inmobiliaria e despois arrastrounos a todos/as. A ZP xa o avisábamos, pero facía oídos sordos (cousa que se lle dá moi ben) e negaba a crise, negaba a crise e seguíaa negando, Crisis? What crisis?? Título dun disco dos británicos Supertramp, debe de ser fan da banda, un bo grupo de rock progresivo, aínda que eu son máis de Iron Maiden ou dos Ourensáns Los Suaves “Esta vida me va matar” moi bo disco que debería chegar a oídos do señor ZP. Se para él seguimos ben… Os parados e a crise só son fantasías dos cidadáns e do Partido Popular.

Para ternos a todos contentos ao igual có dono da tómbola, vaisenos dando premios pequenos, para que non nos queixemos, ata que pasa a ledicia da festa e nos sentimos estafados por completo. Sen sentido regalan os cartos, que se 210 euros por alá, que se outros tantos por o aluger de vivendas, que se 420 a os desempregados, que se un “cheque bebé” por aquí e outros cantos euros por alá. Iso é política social? Para eles sí.

Como na tómbola, se tes sorte arrepañas algo, aínda que sexa a muñeca chochona ou o Perrito Piloto, pero os teus problemas non se solucionan. Típico dunha República Bananera, como diría o gran actor José Luis Gil, son as ideas e os Plans deste noso presidente de España. E non contento con isto diseñan o famoso Plan E. Que como dicía Xosé Manuel, cando acaben os contratos temporais, pois a ver que argumentan, pero a min, persoalmente, o que máis me interesa deste Plan, é que cada cartelito deses custa a friolera de 1000 euros, en total uns 45 millóns de euros, que se pagan pois cunha subida de impostos por aquí e outra por alá.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Prosigamos logo, só lles faltaba poñer a foto de ZP en grande e ao seu redor puños e rosas, polo menos sacaríanlles máis partido e daría un toque de distinción, tal unha obra de Arte Cubista. 4 millóns de parados, estadísta, e eu un máis, de nada me sirviu estudiar, deberían ter presente esto, certos mestres Universitarios que dando ou impartindo as clases de Historia apelaban Á Segunda República, criticaban o Goberno de Aznar e facían (en plena aula Universitaria) campaña a favor desa política social da que presume Zapatero. Vamos que parece ser que cando tiñan que ler “Guerras del siglo XXI” de Ignacio Ramonet, quedaron na casa, e arréglano botándolle a culpa ao PP e en concreto á figura de José María Aznar. Pero os meus problemas laborais, estudiantiles e económicos non mos amalla a política social do PSOE, e un xa se cabrea de escoitar determinadas cousas sen sentido.

O que está claro é que estamos nun barco a deriva cuxo capitán é o señor ZP, e perdeu totalmente o rumbo, e só poden pasar tres cousas, ou fundímonos e vamos parar ao fondo do mar, ou acabamos nunca illa deserta (bo título para unha novela de Robert L. Stevenso) ou ben, colle o timón deste barco xente comprometida que navegue na dirección adecuada, é decir, ten que coller o timón o Partido Popular, e teno que facer xa!! Ao igual que en Galicia, na que cada membro do Bipartito ía para o lada que el quería e nós á deriva, ata que Alberto se dispuxo a navegar nunca mesma dirección, enderezando todo o que o PSOE e BNG torceron, que non foi pouco, todo sea de paso dicilo, porque co refrito que formaron, menudo panorama para Alberto, que o está facendo de maravilla.

Xosé Manuel, hai que traballar duro para que o PP volva a estar no poder, e colla o timón dese barco perdido á deriva, entre todos recuperaremos o Concello a Deputación, e A Moncloa.

Basta xa de mentiras, e de tomarnos o pelo a todos, ao señor Zapatero quédalle moi grande o seu posto, non estando nunca a altura do mesmo, e con enganos e mentiras xa non consegue tapar a realidade. E remato cunha frase que lle escoitei a unha compañeira miña fai dous anos, cando estudiaba Maxisterio, e que servía de debate na Asignatura “Ética para mestres”, tras un debate con outro compañeira, dita cmpañeira sentencio con ista frase, “Cubrir una falta con una mentira, es reemplazar una mancha con un agujero”. Que lles sirva aos socialistas como reflexión.

Pérez dijo...

Pero non din que non hai crisis, pa que queren subir os impostos, segun falan eu penso que estan con un superhabit mui claro. Ironias aparte o que a eles lles vai ven e a demagoxia, e o problema mais grande de todos e que pas proximas xenerais vamos ter unha maioria aplastante, pero como nos van deixar o barco???

Estrella dijo...

Es increible lo que está haciendo este gobierno cada día nos sorprende con algo nuevo. Es tanta la improvisación existente que hasta los propios ministros no se aclaran con las medidas que se adoptan.
Ahora toca la subida de impuestos lo que provocará que disminuya el consumo, aumente la crisis y el paro, a lo que yo me pregunto ¿dónde están los sindicatos? ¿Cuántos parados hacen falta para que hagan algo? ¿Cuántas pymes tienen que desaparecer?
No entiendo como puede haber gente que apoye a un gobierno que no es capaz de tomar una sóla medida eficaz en materia económica.

armadanzas dijo...

A verdade e que me causa bastante pena todo o que está a acontecer no noso país.
Si esta persoa tivera a máis mínima das dignidades o que tiña que facer era marcharse e deixarlle a economía os que realmente saben de ela.
Zapatero, fainos un favor a todos e convoca xa eleccións