lunes, 21 de diciembre de 2009

Nova andaina

O Partido Popular de Lugo ten comité local. Tardamos máis de dúas décadas pero, por fin (e non era xa sin tempo), os militantes deste concello, capital da provincia, tivemos a oportunidade de votar, de elexir en definitiva, a executiva que nos represente e tamén, claro está, nos dirixa.

Non vou a negar, nin sequera a disimular, nin coma militante de base nin coma presidente provincial, a miña ledicia por este importante paso. Lugo, por motivos obvios que non creo preciso sacar a relucir aquí, non podía permanecer alleo ó proceso de renovación das estructuras orgánicas que estamos a impulsar dende a dirección provincial do partido en toda a provincia, e menos aínda carecer delas.

Non podo negar (nin tampouco quero facelo) que o caso lucense foi un empeño que dende o primeiro momento asumín coma persoal. Agora, cumprido o obxectivo, tamén recoñezo estar moi satisfeito de ter perseverado, pode incluso que obstinadamente, nesta idea. Unha formación política coma a nosa, cunha base social que ronda os 3.400 afiliados, non podía continuar sin os órganos directivos pertinentes.

É preciso, básico incluso, encauzar toda esa forza, todo ese potencial humano, nun discurso e nunha acción política homoxénea na que conflúan, con debate interno constante e coa participación de todos, todas esas múltiples aportacións e sensibilidades. Non podíamos seguir desaproveitando por máis tempo esa riqueza que, non hai que esquecelo, é a que mantén viva a unha forza política e, o máis importante, a que a perpetúa no tempo moito máis aló das propias persoas individuais que a conforman.

Dito esto, non podo esquecer tampouco, e menos aínda deixar de loubar e agradecer, o traballo desenvolvido durante este tempo polos responsables dos diferentes distritos e seccións da cidade e da zona rural. Eles asumiron ese papel organizador e aglutinador imprescindible para que o Partido Popular do concello de Lugo esté onde está. A súa herdanza, o seu esforzo, a súa entrega, fan que iniciemos esta nova andaina dende moi alto.

Esa importante laboura e o recoñecemento que merece fixo que o novo presidente local, con moi bo criterio, os integrara na recién elexida executiva porque, coma dixo o propio Jaime Castiñeira durante a celebración do congreso, todos somos necesarios para seguir enriquecendo e ampliando o proxecto político que representa o Partido Popular de Lugo.

Creo que a estas alturas tampouco é preciso enumerar as moitas cualidades e a traxectoria que avalan o novo presidente porque son de sobra coñecidas. Penso que os militantes do PP de Lugo acertamos de pleno coa súa designación.
Temos agora moitos retos por diante, moitos pasos que dar, e un dos máis inminentes é acadar a Alcaldía de Lugo. Estou convencido que co esforzo de todos e baixo as directrices de Castiñeira e o seu equipo ímolo conseguir.

17 comentarios:

Estrella dijo...

Crear el comité local en Lugo fue un gran paso y como ya se dijo en el congreso ahora lo que hay que hacer es trabajar, trabajar y trabajar.

zETA dijo...

enhorabuena a barreiro, a jaime y a todo el partido de Lugo por hacerlo posible

Anónimo dijo...

Sr. Barreiro non permita que Feijoo nos engane no tema das Caixas galegas. Sabemos que está preparando o desembarco en Madrid i eso faino capaz de entregar as nosas caixas a Esperanza Aguirre. Se vostede non o impide será culpable e terá que responder ante os seus votantes.
O que Feijoo pretende é explorar as diferenzas entre Caixa Galicia e Caixanova –e entre os seus máximos mandatarios– para poder demonstrar diante da opinión pública, chegado o momento, que el fixo todo o posible para promover unha fusión das caixas galegas. Obviamente, para iso precisa manter a súa férrea alianza cos medios de referencia en Galiza, auténticos baluartes do seu desgoberno. De paso, Feijoo aproveita para saldar as súas contas pendentes con Gayoso (a última delas, o caso Carrera en plena campaña electoral) colocándoo ao pé dos cabalos.

Caixa Galicia pasaría a ser unha filial, ou o branch dun holding con sede en Madrid, baixo a dirección do PP estatal.
A caixa madrileña posúe a máis alta taxa de morosidade do sistema financeiro español, cun índice superior ao 7% (o 5,57%, na versión oficial); carece de liquidez para facer fronte aos compromisos adquiridos; non posúe un perfil financeiro definido; está inmersa en grandes operacións cuxas consecuencias futuras aínda son unha incógnita (v.g., a fusión entre Iberia e British Airways); e leva anos convulsionada por unha crise de dirección que repercutiu e repercute seriamente na súa operatividade. Por todos eses motivos e máis, é polo menos un insensato quen se apreste a asinar matrimonio con semellante pretendente, que hai pouco máis dun mes anunciaba unha caída do 49% nos seus beneficios.

De paso, e como quen non quere a cousa, Rajoy imporía un home da súa confianza para dirixir a nova entidade, mostrando así a súa autoridade ante Aguirre e –sobre todo– ante Gallardón. Ese home xa está decidido, e non é outro que Manuel Pizarro.

En definitiva, os galegos estamos a asistir, unha vez máis, a un episodio crucial para o noso destino cuxa resolución se xoga fóra de casa. Vostede pode evitalo.Un saúdo.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Indo por partes, hai varios asuntos que atiñen ao Partido. E hai unha serie de puntos, que comentarei posteriormente, nos cales a xente da zona rural, está media pasiva ao non ver a ninguén do PP, e ver coma outras formacións políticas, se patean literalmente tódalas Asociacións veciñales, con excusas tan baratas como gratuítas que teñen como fin venderse e facer un precalentamento para cando esteamos metidos en plena campaña electoral.

Da igual se venden fume ou non o caso é que están presentes, iste é un tema que xa desmenuzarei máis adiante. Porque se ben é certo que nas últimas eleccións Autonómicas se gañou en tódalas mesas do rural, para estas igual hai unha sorpresa e en tres mesas temos problemas, por non saber ler a situación a tempo.

Agora indo por partes como faría William Withey Gull, teño que referirme ao Congreso Local. O primeiro decir que Jaime sempre me pareceu a persoa adecuada para ocupar a alcaldía. Sempre dixen e sempre defendín, que o mellor aval que pode ter unha persoa, é o traballo. E sempre defendín e dicen, que para ser político, mestre, médico… o primeiro que hai que ser é persoa.

Con istas dúas afirmacións, podemos observar, que o traballo é o centro de atención constante que nos permite realizar e conseguir os nosos propósitos. E o traballo ten que estar ligado co esforzo, sen esquecer que o traballo supón o punto de atención da Sociología, e o esforzo a forza e a constancia, precisa para cegar aos obxectivos finais, mencionados con anterioridade.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Vendo todo isto, podo afirmar que Jaime, ten o mellor aval, os dos militantes e o do traballo, a constancia e o esforzo. Véxase sen ir máis lonxe o Plan Xeral, e como se pateou todo Lugo e todo o rural, que logo semellaba Spyridon Louis. E iso non o fan todos, e inda coido, a día de hoxe que non se valorou de todo, o esforzo que lle supoxo.

E o de ser persoa, pouco máis hai que engadir. Dende un segundo plano, e sen dar moito que decir, pouco a pouco consagrouse como un gran político. É unha persoa cercana, e afable, e que sabe escoltar ao pobo, ingredientes precisos para ocupar a Alcaldía.

Polo tanto, se reunimos todos eses adxectivos que expuxen anteriormente, e os engadimos a un perfil virtual, para ter unha persoa política que poida ocupar a Alcaldía e enderezar o que outros se encargaron e se encargan de torcer máis e máis. Veremos que ese é o perfil de Jaime.

Certo é que houbo (se non me falla a memoria) seis votos en blanco. Os cales poden causar varias lecturas, e non teñen por que ser negativas. E tampouco creo que fosen en contra da candidatura de Jaime. Pero confío, en que eses votos, tomen un perfil positivo, a base de traballo. Quizáis sexa o primeiro aviso, pero é un aviso positivo, e de ningún xeito alarmante.

En torno ao tema das Caixas, que agora semilla estar de moda, eu sigo apoiando a decisión de Alberto. Sigo pensando que fixo o mellor, unha decisión rápida pero reflexionada, e sen tremerlle o pulso á hora de evitar conflictos innecesarios. Galicia precisa unha Caixa forte e solvente que dea a tódolos cidadáns un bo trato, administrativo e persoal. E que conceda créditos aos autónomos e PYMES, depositando as confianzas nos seus proxectos. Porque realmente coido que son os únicos colectivos que están levantando o país, pero claro se o señor ZP o funde no fango, mal vamos. E hai que recoñecer que Caixanova non era solvente e estaba atravesando unha mala época.

JTIRIMOL dijo...

PARTE TERCEIRA: Penso que te terías que pronunciar, Xosé Manuel, firmemente ante os ataques dos de sempre cara a túa persoa e cara o Partido polo caso de Chantada. Que semella o culebrón político do ano. E convén xanzar o asunto de raíz para evitar calquer tipo de suspicacia por pequena que ista seña. Eu xa dicen que o Señor Varela carecía de tacto, personalidade, fidelidade, e o que é máis importante lealdade, tanto cara o Partido como cara os cidadáns, dos que di preocuparse e interesarse.

Só lle importa os seus propios intereses sen ter a máis mínima idea de que o ser humano é finito, daríase conta que para ter un grao de racionalidade, hai que modelar a vida basada en decisións cara a liberdade e o respeto aos demais, e non cara os seus propios intereses. Ista é unha cousa que xa dicen de xeito textual (se non me volve fallar a memoria) pero convén repetila, tamén textualmente na entrada do teu blog.

Aprobeitando ista entranda, tamén quería comenta a precampaña que están facendo as outras dúas formacións políticas no rural. Sobre todo o BNG. Que mediante o señor Laxe, ou calquer outro membro ou miembra (para que non se me enfade a señorita Bibíana Aído). Patean as Asiciacións veciñais, culturais e deportivas, da zona rural. E baixo escusas baratas, de falar do saneamento da auga, do estado dos balados, cunetas ou camiños. Repito, baixo isa máscara absurda, fan política barata e ataques ao PP. E o caso é que están en tódolos lados. E non hai ninguén do PP.

E eu pregúntome, os do PP só vamos cando hai eleccións?. Porque de nada serve ir explicar un programa, pedir o voto, ou incluso levalo casa por casa. Se a falta de máis dun ano para as Municipais os demais grupos políticos, xa están descalificando ao PP, sen tan sequera saber as propostas deste.

JTIRIMOL dijo...

PARTE CUARTA: Iso hai que miralo. Porque eu como Vicesecretario da Asociación de Tirimol, nunca reunión que mantivo Laxe coa xunta directiva da mesma. Tiven que escoltar textualmente como dicía “Nos facemos o que prometemos, e non coma outros que prometen e prometen e prometen e non fan nada, e estoume referindo aos do PP”. Evidentemente eu ía como calidade de Vicesecretario e buscando o mellor para os meus veciños/as e para o meu pobo. E coma min outro rapaz (o secretario da Asociación) membro das juventudes Socialistas. Hai que decir que tanto o secretario como eu, dixémoslle que estabamos buscando o mellor para o pobo, e que tódalas forzas políticas terían as portas abertas na Asociación. Pero que non fixera comentarios alusivos a outras formacións políticas.

Decir que Laxe pediu disculpas por elo. Non vou entrar en debate de se é lícito ou non xa facer campaña, o que nn se pode permitir e menos un Partido como o PP, e que o estean acusando de cousas, e que se esteña aludindo a el, e o PP quedar calado. Certo é, Xosé Manuel, que moitas veces o silencio é a mellor das despostas e tamén que a xente fala nas urnas que é onde ten que facer. Pero de cando en cando, non vería mal pararlle os pés a algún, ou polo menos darlle un tirón de orellas.

E volvendo ao Congreso Local, evidentemente non nos trabucamos elixindo a Candidatura de Jaime, e o tempo daranos a razón, deso estou completamente seguro. E tamén estou convencido de que a Alcaldía e a Deputación se poden gañar. Sempre hai votos que non os vas a cambiar, pero hai moita xente indecisa que decide o candidato a última hora, e sobre todo moita xente, que vota vendo o traballo que se está a realizar.

JTIRIMOL dijo...

PARTE QUINTA: E polo de agora, no ámbito rural (onde Eu vivo) caeu moi ben que Jaime sexa o “candidato” a ser o novo alcalde da nosa cidade. Incluso xente non afín ao Partido avalan o traballo de Jaime e admírano. Iso xa é un punto a favor. Como Jaime é adicto ao traballo, xa me podo imaginar por onde irá a súa política. Política a pé de rúa, escoltando os problemas da xente e acudindo a tódolos barrios, aldeas e parroquias. Temos moito traballo por diante, pero unhas directrices e un comité encabezado por Castiñeira que nos otorga unha certa ventaxe fronte a outros que non saben nen que diretrices se move o seu propio Partido.

E remato cunha frase, que xaa que che gusta Pasión Vega, a coñecerás de sobra. É unha frase coa que comeza e acaba a canción “El rumbo de tus pasos” e di “No es el momento de cambiar el rumbo de tus pasos” así que aprender da copla e non cambiar o rumbo porque vamos por moi bo camiño.

armadanzas dijo...

Por fín resolvese o tema do congreso local de Lugo, e por sorte para todos, resolvese da mellor maneira posible.
Xaime fará un grandísimo traballo igual que fixo no seu día Joaquín García.

Caminando dijo...

Plan de movilidad orozquiano



¿No tendrá en todo esto algo que ver el centro comercial que quiere montar un conocido empresario lucense en la nueva estación intermodal?


Porque este plan desvía todo el trafico de la Ada. Coruña por donde lo pretenden construir. (Sempre gracias al ministro de Fomento)

Anónimo dijo...

Claro, la pela es la pela, y siempre con el mismo:

Carril bus por todos lados, estación intermodal con centro comercial, recalificaciones en el PXOM .... HUELE MAL,... MUY MAL

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
el confesionario dijo...

La Ley 3/1983, de 15 de junio, de normalización lingüística de Galicia, aprobada por unanimidad en el parlamento gallego llevó a Galicia el consenso entre los distintos partidos políticos y en estos 26 años nunca hubo enfrentamiento a causa del idioma entre los ciudadanos.

Soy gallego, de nacimiento y hablante. Aunque llevo mcasi 15 años viviendo fuera. Con mi famiia hablo gallego porque siempre lo hice asi, al que no me lo habla, le respondo en el idioma en el que me habla, si lo conozco.

Y me he dado cuenta, en estos años que llevo fuera, que mi lengua materna sufre un desgaste y un retroceso tan grande, que dudo que dentros de 30-40 años, pongamos, la gente lo hable con soltura. Sera como el asturiano u otras lenguas "marginales" que casi se han perdido por el empuje oficial del castellano

Como bien dijo el presidente de la RAG le dijo que su papel político en materia lingüística debe ser ''sosegar y tranquilizar y no crear problemas'' en una sociedad que ''está crispada con el tema del idioma''.
El que tanto dice que admira a Castelao debe saber que fué quien escribió "Sempre en Galiza" no lo inventó el BNG.
Se olvida Sl Sr. Feijoo que hay una población mundial de mas de 200 millones de personas que hablan lenguas casi idénticas al Gallego, Brasil, 190 millones, Portugal, 11 millones, ya son 200 millones, pero si a esto sumamos países que fueron colonias portuguesas en África, pasa de largo de los 200 millones, la mayoría de esos países tienen muchas riquezas necesarias para España, empezando por Brasil, que hoy en dia es una potencia a nivel mundial y mas que lo sera en un futuro, el Gallego es el idioma mas importante después del Castellano en cuanto a numero de hablantes en el mundo de los idiomas derivados del Latín, por delante del Italiano y el Francés, no hace mucho que viajó a Latinoamerica, pero una de sus mayores preocupaciones fue aportar fondos para los hospitales fundados por gallegos, fondos públicos, eso si, que pasen a ser gestionados de manera privada.

El Sr. Feijoo afirma que no hay que pedir permiso al BNG "para hablar en castellano". Tampoco habría que pedir permiso al PP para hablar gallego aunque, visto lo visto, parece que si. Me gustaría saber que piensa ud. Sr. BArreiro ya que creo que tiene mucho que decir en este tema. Que pena que utilizen la lengua como arma , no como lazo de unión.
Un saludo.

Anónimo dijo...

DISCRIMINACION POSITIVA PARA O GALEGO!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Os que falamos Galego seguiremolo falando sempre e os que falan castelán tamén.Pretender que se fale un idioma por obligación é un gran erro porque consegese xusto o contrario.
Obligar a que o coñezas e a que osepas falar e entender si.Obligar a que o fales no.

olmo dijo...

Es un buen paso. Por fin alguién muestra interés por la provincia de Lugo y sus gentes.

Anónimo dijo...

El confesionario es de lo más coherente. Él vive fuera, supongo que de poco le servirá el gallego. Él , cotidianamente no lo usa ni parece escribirlo aquí, pero desde la distancia reparte buenos consejos para los demás.
Decir que el gallego ,por semejanza la portugués , es más importante que el francés o italiano es simplemente una bobada. Dicha con solemnidad, eso sí.