jueves, 11 de febrero de 2010

Convulsa semana

Foi unha semana convulsa, intensa e clarificadora.

E principio polo final. O baremo do Centro de Investigacións Sociolóxicas reflexa de xeito palmario o desgaste que está a sufrir o Goberno de Zapatero pola súa incapacidade para reencauzar a grave situación económica pola que está a pasar o noso país e a punta do iceberg que neste contexto supón a evolución das listas do paro. O 83 por cento dos enquisados indica que a súa maior preocupación son os máis de catro millóns de desempregados recoñecidos oficialmente e eso que cando se realizaron as entrevistas aínda non se fixeran públicos estes datos.

Tapouco aconteceran outros feitos significativos que centraron o interese e a preocupación dos españois durante estes últimos días.

Aínda non estaba en boca de todos a frase tan demoledora pero, ó tempo, tan clarificadora de que ninguén fixo tanto dano en tan pouco tempo; o Presidente de Castela-A Mancha non animara ó Presidente Zapatero a remodelar o seu goberno; o comisario de Asuntos Económicos da Unión Europea, o insigne socialista Joaquín Almunia, non fixera esa comparanza entre Grecia e España e a desnortada actuación do goberno socialista aínda non se puxera novamente de manifesto co xa bautizado coma pensionazo. Xa saben, agora din unha cousa, despois matizan e rematan desdecíndose de case todo, pero a alarma e a inquedanza que todo eso provocou está moi lonxe de ser un asunto pechado.

Non sabían tampouco que Obama ía deixar plantado a Zapatero ou, como prefiren matizar os socialistas, á Unión Europea, ou que como consolación a ese problema de axenda do presidente norteamericano, un laico confeso ía marcharse a rezar a Washington apelando ó Quixote, a persoaxe literaria española máis universal.

A pesares de que todo esto pasou despois, a enquisa do CIS indica que o PSOE perdeu dende as últimas eleccións xerais, hai pouco máis de dous anos, perto de oito puntos en intención de voto, a maior caída experimentada por un goberno dende a desintegración da UCD. José Luis Rodríguez Zapatero, ó igual que todos os seus ministros, non convence nin inspira confianza.
As razóns están na rúa, en boca de todos, ata entre os máis leais acérrimos: os socialistas, area a area e sin descanso, están a fundir España.

6 comentarios:

laura dijo...

Cada día levantámonos con unha zapaterada, orozcada o besteirada, pero o malo é que todas elas nos afectan a nós, veciños de Lugo, que o único que pretendemos e chegar a fin de mes, sen que nos expolien con impostos para pagar a altos cargos, o favorecer a concellos da súa corda, tamén nos gustaría chegar aos 65 e despois de toda unha vida traballando poder cobrar a nosa pensión,é tamén estaba ben que puidésemos beber auga como Dios manda na nosa cidade, e que o alcalde non nos tachara de tolos, cando estivemos dous meses a dicirlle que algo estaba a pasar co a auga.

ALEXANDRE dijo...

A vantaxe do PP sobre o PSOE en intención de voto aumentou de xeito máis que preocupante para os socialista. Se hoxe fosen as eleccións levarían o que vulgarmente coñecemos, como, unha malleira.
A verdade é que están facendo moitos méritos para que así seña. A economía española sigue en recesión, e a O desenvolvemento do proceso económico unha crise aguda.
E como podemos observar, non teñen nin idea, nin do qué fan nin do que queren facer, e así é imposible atopar solucións adecuadas para ataxar dito problema. E non é que esteñan fundindo a España, é que xa a fundiron.

Estrella dijo...

Cada día que pasa y cada día que se hace más apreciable la ineficacia de Zapatero y su gobierno. A ZP le da la espalda Obama, la Unión Europea, pero es que hasta sus propios compañeros de partido dicen que no va por el buen camino. Parece que el señor Zapatero pensaba que con la sonrisa y el supuesto talante se gobernaba un país, creo que está claro que hacen falta muchas más cosas y que queda suficientemente demostrado en estos años que o no las tiene, o no sabe lo que son.

Beatriz dijo...

Mayor tendría que ser la caída. El gobierno de España, además de una catástrofe para la economía, el trabajo, la educación, la seguridad social, el prestigio internacional de España, la configuración territorial del país, la seguridad ciudadana, el modelo de estado, la justicia y tantas otras cuestiones, es el hazmerreír de Occidente y de la prensa internacional. La responsabilidad de este desastre es del gobierno y de los partidos que le apoyan y mantienen como el BNG, por ejemplo.
Esperemos que los votantes tengan memoria y actúen en consecuencia.

Violeta Rojas dijo...

Está claro que la gente, se está dando cuenta de quien es este señor y cuanto mal le está haciendo a España.
Se debería meditar profundamente sobre unas elecciones anticipadas

JTIRIMOL dijo...

O verdadeiramente preocupante da situación, é que a economía española sigue en recesión, e toda a actividade dela, nun proceso de estancamento total. E estes, fan, desfán, aproban unha lei ou Decreto, ás dúas horas xa a retiran. E así, a base, de improvisacións e despropósitos varios, tentan dar solución aos problemas que eles mesmos causaron, e que eles mesmos, seguen a causar, negándose a resolvelos, sendo así os canceleiros e prisioneiros dos mesmos.

España está fundida na lama da desesperanza, e da frustración política, económica, social e cotiá. A desolación e a desilusión, son a auga turbia desa poza. E en vez de limpala e depurala, con unha política, basada na boa xestión e na nitidez do que se propón e expón para levar a cabo. Aínda enchen a poza, máis de lama, e inda nos funden a todos un pouquiño máis nela.

O que verdadeiramente lle importa á xente, é o tema do traballo. Semella que en Nadal, esto non era unha preocupación, pero agora, vese que co ano novo, a vida non é nova, senón que é igual ou peor cá que deixamos atrás, tras oír a última campá. E o que preocupa, son as estatísticas, e o número de xente que está no paro. Porque detrás das estatísticas hai números, moitos números. E detrás dos números, dos numerosos números, (para sorpresa dos socialistas), resulta que hai persoas, persoas coas súas historias. E eso, é a vida, eso é a realidade, eso é o que preocupa.

E o peor que lle pode pasar a ZP, o peor, que lle pode pasar a un Presidente do Goberno é, quedarse só no poder. E efectivamente, como di, Estrella no seu comentario, a ZP, deulle a espalda a Unión Europea, Barack Obama (que todo sexa de paso dicilo para os 16 millóns e medio de dólares que recadou na súa campaña, só de donacións), non está cumprindo moi ben, as promesas electorais, da Política Doméstica e Nacional, da Reforma sanitaria, da economía, e das “famosas” guerras de Afganistán e Iraq. Non sei que idea ten el, ou que entende por, retirar as tropas, xa que as incrementou en Afganistán, pero bueno.. Vámolo deixar tranquilo, que para eso é o cuadragésimo cuarto Presidente, da Nación de Nacións. E proseguimos con ZP, que é o que nos interesa, e ao que tamén, están deixando de lado, membros do seu propio Partido político. Por eso que se está quedando só, e a soidade no poder, xunto cunha mala asesoración por parte de quen traballa contigo, fan unha combinación mala e perigosa, ao mesmo tempo.

O estima e a reputación de ZP, ao igual cá do resto do seu goberno, cada vez é menos sólida. Pero para chegar a esa conclusión, non fai falla, que se saquen datos de ningunha estadística nen de ningunha enquisa. Xa que é algo evidente, que se vé no quefacer cotiá de todos/as nós.

Por certo, o tema da auga, semella que a culpa é do flóculo, e máis dos grumos da materia orgánica, esa é a causa, a culpa é do sr Orozco. Menuda cara ten, agora tentan pasarlle o problema a Sanidade, realmente, lamentable. Xa non é que non fagan nada ben, é que nin sequera o intentan, e así mal se vai, e cando mal se vai, pois mal se acaba.

Efectivamente, Xosé Manuel, como ben dis “area a area e sin descanso, están a fundir España” a pregunta é; a qué profundidade poden ser capaces de sumerxirnos?

Esta vez voulle recomendar a Z Po libro de John Bellamy “The great financial crisis. causes and consequences” as emana pasada recomendeille o de José María Aznar, pero non o debeu ler. E o noso “querido” Alcalde (esperemos polo ben de todos/as lucenses que non sexa por moito tempo), o disco “No World Order” do grupo Alemán de Heavy-Metal Gamma Ray.

A confianza que se podía ter en ZP esfúmase como os dedos entre a auga, (e non vai con segundas). E a esperanza posta nel e no seu equipo de Goberno, é a mesma que cando raxas unha quiniela fallida, ou un boleto de lotería non premiado. A súa ineficacia é o pan co que tódolos días nos atopamos ao ler as noticias.

“Hay momentos en la vida de todo político, en que lo mejor que puede hacer es no despegar los labios”. (Abraham Lincoln)