lunes, 8 de febrero de 2010

Un partido, moitas opinións

Os socialistas sosteñen un discurso distinto en función da latitude na que se atope cada un dos seus dirixentes. Esta patente incoherencia, esta diversidade de criterios fai concluir que o PSOE ten tantas opinións como concellos ou comunidades autónomas hai. Responde, claro está, a intereses de partido que, polo que se ve, son contrapostos segundo o punto do mapa do que se trate. O interese xeral, a defensa do país, pasa a un segundo plano.

Exemplos hainos, e moitos. A fusión das caixas galegas é o que nos pilla máis preto. Así, mentres na Coruña están encantados co resultado da auditoría externa que avala a fusión das entidades galegas, en Vigo convocan unha manifestación para rexeitar a unión.

Se miramos hacia Madrid, o posicionamento do Goberno de Zapatero tamén emprega raseiros distintos. O reto é contundente: recurrirá a Lei de Caixas galega, que contou (non hai que esquecelo) co respaldo de dous tercios do Parlamento de Galicia, por unha suposta inconstitucionalidade dalgúns dos seus artigos.

O perxuizo que se lle ocasionará a Galicia con esta decisión é innegable. En primeiro lugar porque este atranco imposibilitaría xa, independentemente da decisión que adopte o Tribunal Constitucional, unha hipotética fusión entre as caixas galegas ó non ter acceso as axudas do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria.

Tamén hai que ter presente que o uso desta argucia, antes incluso de que se abra a negociación entre Xunta e executivo central, pon de manifesto o distinto raseiro e discurso do Goberno Zapatero tamén, como os seus compañeiros de partido en Galicia, segundo de que comunidade autónoma se trate. En Andalucia e Cataluña non se puxeron trabas ás alianzas entre as caixas autóctonas. No caso de Galicia parece que se decantan por facilitar as alianzas coas foráneas.
Galicia precisa, e máis na actual coxuntura económica, unha caixa forte, viable, solvente e galega. Os que se opoñen a esta necesidade deberán explicar as verdadeiras razóns que teñen para facelo.

16 comentarios:

Anonimus dijo...

De acuerdo el la solvencia y viabilidad pero ¿ a santo de qué se apela a la galleguidad? ¿es que ahora somos más ombliguistas que los del Bloque?. Estoy harto de oír a los políticos presuntamente pertenecientes al PP hablar de la galleguidad de las cajas, empezando por Feijóo. O nos hemos vuelto ultranacionalistas o se pretende tener otro lugar para el mangoneo y chalaneo. No encuentro otra explicación. Si alguien la tiene, por favor, expóngala.

Anónimo dijo...

A Anonimus:
Supongo que no se apela a la galleguidad porque la Caja resultante de la fusión vaya a tener unas determinadas señas de identidad, sino porque nos interesa que los beneficiarios de la obra social seamos los gallegos, principalemente. No creo que eso suponga ser nacionalista sino, más bien, tener un poco de sentido común.

serafín dijo...

Ni obra social ni rabos de gaita. Tendrían que privatizarse las cajas y competir con los bancos en igualdad. Los sueldos que nos íbamos a ahorrar se podrían destinar a bajar los impuestos que es la mejor obra social. Pero puestos a pillar puestos en el consejo y a mangonear , todos los partidos son iguales y nadie suelta unos carguitos muy jugosos. La única preocupación es el reparto de cargos. A otro perro con ese hueso, muchacho.

telmo dijo...

A ver, creo que todos debiéramos de olivdarnos de prejuicios. Hablar de galleguidad ni significa ser de Galiza Nova, ni pensar que Cervantes es de otro país.
Los de Lugo, tenemos el ejemplo de Caja Rural. Es una entidad con sede aquí, que resulta ser una de las más saneadas de todo el espectro financiero español.
Pues creo que el sector empresarial lucense se tendría que poner como gato panza arriba si alguien pretendiese cambiar el foco de decisión para otro lugar.
Por ello, la gelleguidad de las Cajas no se trata de una cuestión de sentimiento patrio, sino de sentido común.
Un saludo.

Beatriz dijo...

Aquí la cuestión de fondo es la doble vara de medir del desgobierno presidido por ZP que dice una cosa distinta en cada sitio. Algunas entidades financieras han condonado la abultada deuda del algunos partidos - entre ellos, PSOE y acólitos- y subvencionado viajecitos a destacados miembros de la judicatura. Ahora, con el país haciendo aguas por todas partes, el gobierno pone trabas a la fusión de las cajas gallegas. No debe de haber nada más importante que hacer. Ya se sabe cuáles son la prioridades de estos señores.

Alvite dijo...

Pues como el TC se dé la misma prisa para fallar sobre esto que con el asunto del Estatuto Catalán, para cuando sepamos algo las sedes de los principales bancos estarán en Júpiter, ya colonizado y habitado por los humanos.

Hamlet dijo...

Al hilo del comentario anterior y desde mi ignorancia jurídica, ¿qué puede impedir al gobierno gallego continuar con la fusión que no haya podido paralizar la puesta en marcha de los artículo del Estatuto Catalán de marras? ¿Es que se pueden paralizar una leyes por un recurso y otras no? ¿Alguien lo sabe?

Anónimo dijo...

La galleguidad de las cajas, como la sede social de las empresas, a los gallegos nos interesa que esté en Galicia y no se trata de nacionalismos se trata de que cuanto más se cotice en nuestra tierra, menos necesita ser subencionada y más autosuficiente será.

ALEXANDRE dijo...

Hai que deixarse de tonterías e de parvadas. A decisión de Alberto, é a mellor decisión para os galegos/as. Aquí hai que empregar unhas proposicións, que señan prudentes, e dependientes duns valores que nos beneficien a todos. E deixarse de tonterías e de querer introducir o debate nacionalista en cada decisión ou proposta do PP. Hai que ver a situación, estudiala, ollar cara o futuro, ver o que é mellor para todos, e aplicar moito sentido común. Cousa da que semella carecer o PSOE

Suso dijo...

El problema es que algunos gallegos no creemos en las barrera comerciales ni fiscales ni de ningún otro tipo dentro de España. En vez de acompañar Zapatero en su locura, deberíamos hacer lo posible por revertir el follón que él ha montado y lanzar desde el PP ese mensaje de unidad económica nacional en vez de apelar a la galleguidad, catalanidad o castellanía de la entidades financieras o de cualquier otro tipo. Ése no debería ser el papel del PP. Ése es el papel de otros.
Creo que pueden sobrar argumentos para defender la fusión sin apelar a ése que es , como mínimo, confuso y dudoso. En momentos como éste conviene que nos distingamos de los demás, de los que nos han llevado a esta situación en vez de adoptar en parte su lenguaje y sus argumentos.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Zapatero non ten ideas, non é un home bo nin unha muller mala, non ten bandeira, nin sabe de fronteiras, tampouco cumple promesas, non leva fouciño nin tan sequera gadaña, tan só esconde un terrible segredo baixo as sábanas negras da Moncloa, un segredo que el só sabe. Que é, que a política socialista, non é nada... nada... ...nada!.

Volvemos a estar de volta coa lei de Caixas, sinceramente eu non sei qué queren, nin qué tentan facer. Primeiro sota, despois bastos, despois arrastran, fallan e fan renuncios en cada unha das xogadas. Un ten que escoitar barbaridades de cal calibre e magnitude; como que é unha lei que divide Galicia entre o Norte e o Sur. Cousa que xa aconteceu, cando Don Manuel, fixo as autovías, entón dicían que o PP na persoa de Don Manuel estaba dividindo Galicia entre a pobre e a rica.

Non saben nin do que falan, volven tomala coa lei das Caixas, onde PP e BNG están de acordo, e onde Alberto buscou o mellor para Galicia, aínda que uns cantos cegos videntes, non o queiran ver, ou ollen para outro lado. Evidentemente xa se dixo meses atrás que Caixanova estaba tendo unha crise bastante grave e que o máis seguro que se seguía así, carecera de solvencia nun futuro. Pero nada, a eles dálles o mesmo. Así fan no Parlamento, que tan en seguida aproban unha Lei ou un Decreto, como as dúas horas anulan todo.

Agora paralelamente á lei de Caixas, ábrese incluso un minidebate no cal as características nacionalistas volven impregnar de tinta a mencionada lei. Supoño que haberá que buscar o mellor para os galegos/as e para Galicia. Estudiando os erros do pasado, o presente e a situación que se puidera dar nun futuro. E con eses datos aplicar o sentido común, non coido que sexa tan difícil. Nen que os socialistas estean todo o día ollando con unha lente microscopica as decisións do PP. Mentres eles non fan nin queren facer nada.

Ademais o señor ZP, por cuestións obvias, non é o máis indicado para falar de política económica, nin da lei das Caixas galegas.

Lembremos por riba as súas trolas e os seus soños financeiros. Como por exemplo; afirmar que superariamos a Alemaña e máis a Italia en renta per cápita, e que íamos a seguir subindo no sector da construcción. A aberración aquela no debate sobre o Estado da Nación na cal dixo que para a próxima lexislatura se alcanzaría o pleno emprego. Eu espero e desexo de corazón que para a próxima lexislatura se consiga, pero sen ti, e sen o PSOE. Véchese señor ZP, algo mintireiro, e así nos vas ser feliz, así que lembra; o día máis feliz, aquel antes de dimitir: Pensa e reflexiona sobre elo.

Pero non acabaron aí os comentarios propios de calquera vidente ao que lle acaban de romper a súa bola de cristal. E así podiamos seguir oíndo como, garantizaba que España estaba a salvo da crise financieira, que non había ningunha repercusión no mercado inmobiliario nin tampouco no sistema financeiro. Que tódolos tipos de interese e Euribor tocaran o teito. Que a economía española estaba preparada para facer fronte a unha conxuntura económica. E así podiamos continuar e continuar...

Son moitas opinións moi opostas dentro do mesmo partido, e por moito cambio que fixera dentro do goberno, esto sigue á deriva, así que nen de Madrid na persoa de ZP nin dende aquí, os socialistas nos poden dar leccións de economía. Sinceramente non sei que pretenden, que se faga coa Lei de Caixas.

E no ámbito local, haberá que ter coidado co señor Laxe que moito criticar pero semella que é bastante amigo do señor Orozco. Xa o dixen e sígoo dicindo, que fagan candidatura conxunta, que lles será moito mellor. Así que dende estas liñas, un mensaxe de ánimo e apoio para Jaime, e a seguir traballando igual de duro. Que estes dous volven unirse.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Se vivimos 28.000 días, e deses levamos 27.000 puñaladas, e dedicamos máis de 12.000 ao traballo ¿Por qué ZP nos quere roubar outros 9.000? Por qué nos quita, por qué nos rouba o que endexamais nos deu. Fume as súas palabras e cinza as súas promesas.

Tocoume, tocounos, unha mala época para vivir, para sobrevivir. Caen parados coma lóstregos en escuros días de invernía. Arrástraste polas ETT´S buscando traballo, traballando en traballos basura. E o que diga que con estudios tes traballo ou máis oportunidades de acceder ao mundo laboral, minte como os cans en noites de lúa chea. Hai uns poucos que golpean unhas teclas, escudindo mentiras en forma de palabras moldeadas a súa semellanza e din que traballan, sen facer nada. Pero eses non contan.

Por unha vez, e só unha vez, sen empregar cores políticas, sendo neutrais, gustaríame que o señor ZP, se metese na pel un deses 4.137.500 parados, durante uns meses para decatarse da verdadeira situación que se está vivindo no país, do cal, é presidente. Porque detrás desa cifra, hai unha persoa. E as cifras, son por desgracia, personas, golpeadas pola crise.

Cando eu estudiaba, estaba José María na presidencia, e endexamais escoitei a ninguén falar de crise económica nin de paro, endexamais, senón todo o contrario. Pode ser que se trabucara nalgúns aspectos, e que as repercusións como o tema da Guerra, entre outras, levaran o PP a perder as eleccións. Pero dende logo, estes datos nefastos, eran un pesadelo que nunca chegaría se el fose Presidente.

Despois á hora de acceder ao mercado laboral, atópome, atopámonos, con esta política socialista de República Bananera. Cometendo o peor dos pecados, non ser feliz, e nin sequera habelo intentado. E agora que quero non me deixan. E coma min miles e miles de persoas. Sinceramente; ¿Ninguén se decata desto?.

E tampouco entendo porque tantas pegas, á Lei de Caixas de Alberto, será porque estar na Oposición, para eles, significará ir ao contrario do que pense a maioría. Porque senón, non se entende.

Zapatero non ten ideas, non é un home bo nin unha muller mala, non ten bandeira, nin sabe de fronteiras, tampouco cumple promesas, non leva fouciño nin tan sequera gadaña, tan só esconde un terrible segredo baixo as sábanas negras da Moncloa, un segredo que el só sabe. Que é, que a política socialista, non é nada... nada... ...nada!.

Vamos a escoitar o “Hell on Stage live” dos Neoiorquinos Manowar , recoméndollo a ZP, a ver se polo menos o meu Anxo da Garda non lle vendeu as súas alas. E tamén lle recomendo “Epaña puede salir de la crisis” de José María Aznar, a ver se colle ideas.


Maldigo a todos esos locos que quieren gobernar la vida
sin las palabras del poeta y sin las manos del artista. (Fito Cabrales, vocalista, Guitarrista e letrista do grupo de rock Bilbaíno, Platero Y Tu)

. ”Quienes alcanzan el poder con demagogia terminan haciéndole pagar al país un precio muy caro.” (Adolfo Suárez).

Estrella dijo...

Lo que está claro es que el rasero y la forma de comportarse por parte de ZP y su equipo ante las actuaciones que toman las comunidades autónomas es totalmente distinta. Teniendo esto presente yo me pregunto ¿qué gana el PSOE recurriendo la ley de cajas gallega? La respuesta la tengo bastante clara.

Ojalá lleguen pronto las elecciones nacionales porque lo único que hizo ZP desde que llegó al gobierno fue dilapidar la economía española y con ella también se llevó por delante los puestos de trabajo de muchas personas.

XAXA dijo...

OBXETIVOS DO INQUERITO DO DOMINGO NA VOZ DE GALICIA.

O PP- quere ter “mobilizados aos seus e confiados aos adversarios”

- Manter mobilizado o electorado máis activo da dereita. Ao presentar un resultado para o PP que non colma as aspiracións deste segmento social de desbancar aos bipartitos das cidades, dáselle unha motivación adicional para manter o pulso político e continuar co labor de axitación e de desgaste dos pactos de goberno municipais.

- Confiar ao electorado da esquerda. O segmento máis desmobilizado que xa se abstivo nas eleccións autonómicas de 2009 en toda a Galiza urbana seguiría así sen motivos para se volver activar. E o segmento agora máis activo e militante (por descontado menos numeroso que o anterior) tería menos razóns para protestar e espallar unha sensación de descontento coas políticas da nova Xunta.

En resumo, o barómetro urbano podería servir, a quen así razoase, para reeditar os mesmos efectos que tiveron sobre determinados colectivos moi específicos da opinión pública galega as enquisas preelectorais das autonómicas do 2009, que serviron perfectamente á estratexia do PP de mobilizar aos seus e desmobilizar aos opoñentes, e que rematou coa súa chegada á Xunta de Galiza.

O PP está a centrar toda a súa estratexia de recuperación electoral e de ataque aos adversarios na recuperación da Galiza urbana, a máis dinámica e a que presenta un voto máis crítico e flutuante, dando por sentado que vai recuperar por inercia boa parte do voto rural e vilego cedido a PSOE e BNG nos últimos anos.

Anónimo dijo...

da gusto ter partidos tan listos en Galicia que fan que calquer enquisa lle seña proveitosa jajaja. O malo é ter gobernos tan malos en España que nos levan a ruina, ó descredito internacional e sobre todo ó drama de moito maís de CATRO MILLONS de parados. MAIS DE CATRO MILLONS DE PERSONAS como os que estamos aquí comentando. Non esquezamos nunca eso. Persoas coma ti ou coma min, cás súas ilusións igual que as que tes ti ou teño eu. Con grandes plans que se viron truncados por culpa de unhos incompetentes incapaces de reconocer una situación obxectivamente mala con tal de SEGUIR NUN SILLON. E encima agora que o conseguiron nin si quera saben como endereitar o rumbo

Luna dijo...

Supongo que para llegar a competir con los Bancos, lo mejor para todos sería privatizarlas, cierto que Zapatero pone muchúsimas trabas mientras que en Cataluña dejó vía libre.
Decir que la realidad que estamos viviendo la relató de forma escalofriante el comentario de JTirimol, y decir también que estoy totalmente de acuerdo con el último anónimo.