Había poucas dúbidas ó respecto, pero, por si aínda se atisbaba algunha sombra, quedou xa completamente despexada: O Goberno de Rodríguez Zapatero non quere a fusión das caixas galegas. Así de sinxelo.
O recurso ante o Tribunal Constitucional da lei de caixas, que foi impulsada por unanimidade do Parlamento galego e aprobada por dous terzos da cámara (non hai que esquecelo), era unha cortina de fume, unha excusa para gañar tempo e seguir a poñer atrancos á alianza entre Caixa Galicia e Caixanova, que as levaría a convertirse na quinta entidade financieira do Estado. A estrataxema responde exclusivamente ós intereses do PSOE e pode incluso que a súa orixe esté nalgún ministerio, non precisamente da área económica, con clara vinculación con Galicia.
O espectáculo dantesco de hai uns días, cando o Goberno central unilateralmente decidiu cancelar unha das xuntanzas previstas, incumplido as máis mínimas regras de decoro e educación social, pero sobre todo vulnerando o respeto que debe imperar nas relacións entre institucións, é incalificable e, sobre todo, inaceptable. Idénticos calificativos merece o feito de que algún alcalde que concurriu baixo as siglas do PSOE dispuxera de información privilexiada e fixera ostentanción dela antes incluso de que lle fora comunicada os responsables da propia institución agraviada.
O executivo que lidera Núñez Feijoo representa a Galicia, a todos os galegos, en definitiva, e o desplante do Goberno central denota, por tanto, unha total falla de respeto a Galicia e a todos os galegos.
Revela asimesmo, agora xa con absoluta nitidez, que Rodríguez Zapatero e os seus ministros non queren chegar a ningún acordo, que só anhelan sacar rédito político bloqueando as lexítimas aspiracións de Galicia de seguir a ter presenza destacada no mapa financieiro español. Sen esquecer tampouco que o seu proceder atenta contra a propia autonomía de Galicia.
Os socialistas non tiñan argumentos xurídicos para seguir a xustificar a presentación dun recurso de inconstitucionalidade. Foi unha decisión arbitraria e os feitos así o demostran. Non había tampouco vontade negociadora, porque si a houbera, ese recurso non se tería presentado antes incluso do inicio das conversas.
Non hai que obviar tampouco os variables e contrapostos discursos dos socialistas sobre este asunto. É imposible estar na misa e replicar e, máis pronto que tarde, Zapatero e o PSOE terán que responder das consecuencias que a súa irresponsabilidade está a provocar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
12 comentarios:
Según la prensa de hoy, del dinero de los contribuyentes, de los ciudadanos, las administraciones gastarán 8,4 Millones de Euros en adaptar el Urbanismo de una parte del municipio de San Cosme de Barreiros a la legalidad vigente.
El convenio con este acuerdo de solución urbanística se mantiene en el más absoluto de los secretos, ocultándose sus términos a los ciudadanos, y lo que es mas grabe, se niega información a los colectivos que la solicitan.
Quizás sea porque solamente se va a lavar la cara del problema actuando en cuatro puntos y aplicando una amnistía urbanística al resto del municipio.
¿Estas son las lecciones de democracia que nos ofrece el PP?
A uno se le cae la cara de vergüenza ver como se derriban viviendas en Pontevedra, con las cámaras de televisión grabando a esas familias desesperadas, y aquí se acuerda mirar para otro lado.
Por cierto, ¿Qué ocurrirá con el o los causantes de todo esto?
¿Y qué esperaba, Sr. Barreiro? ¿Esperaba Vd. acaso que el Gobierno de Zapatero prescindiera de consideraciones sectarias y tratara a Galicia como a Andalucía?. No seamos ilusos: con este Gobierno, la Galicia de Feijóo tendrá lo que pueda ganarse, luchando con uñas y dientes. No se nos va a regalar nada. Valiente papel el que están obligando a realizar a Pachi Vázquez, que en lugar de líder de la oposición no pasa de ser un mero testaferro del Ministro Blanco. Éste, por cierto, no da la cara. ¿Alguien le ha oído el más mínimo comentario sobre el asunto de las cajas?. Sabe perfectamente que la posición del Gobierno central perjudica los intereses de Galicia, por lo que se mantiene callado como un muerto. Que otros hagan el trabajo sucio, que él no quiere perjudicar su imagen cara a una hipotética candidatura en 2013.
¡Qué banda!
O apoio á lei de caixas por parte do Goberno, víase nulo. Non cabía de esperar outra cousa co acontecido. Non queren a fusión das Caixas Galegas, e os seus argumentos son feitos sen valor nen efecto, lamentablemente é así. E coido que o señor Blanco, tan espabilado para bótar a lingua a pacer en todo. Debería posturarse sobre este tema, e non esconderse, como ata agora.
Nen apoio á lei de Caixas, nen austeridade, nen contención do gasto público, nen plans ou modelos alternativos, nen xestión, nen modelo político, nen solucións, nen baixada de impostos, nen solucións ao desemprego, nen nada de nada. A vida, Barreiro, segue igual.
PARTE PRIMEIRA: O socialismo é un capricho, sostido polo capitalismo, que ten como escudeiro fiel aos nacionalismos, e como víctimas aos cidadáns que formamos parte, da en teoría, sociedade baseada na liberdade. Tódolos pilares que poidan xurdir da mencionada teoría política, véñense abaixo, cando entra no medio a xestión ou a economía. A non diferenciación do primeiro aspecto co despilfarro, e o total descoñecemento do segundo, fan que o resultado da operación matemática, sexa un cero cara e para todos/as nós. Por iso, de cando en cando, hai que sacar a venda que se ten nos ollos, e ver a realidade para poder analizala, e non viceversa, como fai o PSOE. Ou obviándoa, para despois anulala como é o caso do BNG.
A lei de caixas galegas, Xosé Manuel, non deixa de ser outro exemplo do exposto anteriormente. Sinceramente non sei qué ten pensado facer esta xente para polo menos tentar de enderezar algo, o que eles mesmos se encargaron de torcer e retorcer. Semella un enfrontamento cara Feijóo, un desprezo a Galicia, e un insulto aos galegos e galegas. E o señor Blanco non dá a cara nin para saír na foto. Realmente lamentable.
Teño a sensación de que isto se está convertendo nunha especie de culebrón político, ao igual que pasou co tema do galego. E non convén que a vida política sexa un culebrón e haxa que ir capítulo a capítulo para chegar ao final do libro.
Realmente lamentable, e non se pode dicir outro calificativo, polo demais, exprésalo moi ben nesta entrada, o que queira entenderte farao, e o que non queira pois tapará os oídos, neste caso os ollos.
Mais nestes días, xurdiron outros temas e outros subtemas que é preciso recordar. Como o tema do aborto. En canto ao tema do aborto, é un tema demasiado serio. E teño a sensación de que o goberno o está tomando a pitorreo. de que serve a educación sexual dada e ensinada nos colexios?. Como educador, que lle debo, ou que lle teño que decir a unha rapaza de 16 anos en materia de temas sexuais?, dígolle que non use métodos anticonceptivos? Que non pasa nada, que se queda embarazada que aborte e xa está?. Un pouco de sentido común, non nos viría mal a ningún. Por outra parte o do consentimento dos pais, vexamos, eu con 17 anos e 364 días, estando no instituto se quería ir a unha simple excursión tiña que levar unha autorización dos meus titores legais. E para abortar non fai falla nen que o sepan os pais. Non ten sentido ¿ou si?. Hai que considerar (e xa non falo de aspectos marais, nen códigos éticos) que cada un ten os seus, e son respetables, sempre e cando non invadan a liberdade do próximo. Que o aborto é unha interrupción prematura do embarazo (e recalco o de “prematura”) e como consecuencia produce a morte do feto (e recalco a palabra “morte”).
PARTE SEGUNDA: En vez de matar o feto, non se podería pensar en Plans para mulleres embarazadas, ou en tomar precaucións no caso de non querer ter fillos?. E que conste que nalgunhas situacións extremas estou a favor do aborto, cando corre a nai perigo de morte, cando é o feto o que corre ise perigo ou cando se produce por violación. Despois abortar porque si, non é para min moi moral.
Un dato para reflexionar, segundo as estadísticas do ano pasado, en España houbo máis de 100.000 abortos. A Sociedad Española de Ginecología ve inxustificable abortar bebés de 22 semanas. Vou dar uns datos para ter en conta, que xa somos todos adultos… Mirade; un da cada 30 bebés abortados a partir de certa idade sale vivo. É decir que xa non é que esteñas interrumpindo o embarazo, é que matas a un bebé, que valga a redundancia, saiu VIVO.
Vede unha ecografía, dun bebé dunhas 22 ou 24 semanas, o bebé móvese e vós podedes apreciar iso, non credes que é unha salvajada terrible, facelo papilla cunha túrmix e despois expulsalo. Por favor, pensádeo e reflexionade.
É un tema demasiado serio como para tomalo á lixeira, e ás veces, esquecemos de que as nenas de 16 e 17 anos, son iso; nenas, e que non deben tomar decisións tan importantes sen consultar cos pais, porque non teñen por qué asumir certas responsabilidades de adulto.
Hai que comezar por unha educación sexual, sen tabús e mostrando tódalas consecuencias que elo conleva, e manter unha relación sexual, tamén é un acto de responsabilidade, cousa que tampouco convén esquecer.
Como Diplomado en Educación Primaria, non podo aprobar o aborto, salvo por causas anteriormente exportas. E todo comeza, non x ana adolescencia, senón na preadolescencia, e hai que educar os nenos e nenas para evitar tales barbaridades, con campañas, e con temas transversais nas distintas asignaturas de Primaria e da E.S.O.
Sempre hai que comezar pola base e a base é unha boa educación sexual, e a partir desa base poder traballar e seguir traballando con nenos e nenas para facelos cidadáns autónomos, que é o obxectivo da educación.
O aborto e un tema moi serio como para comparalo con un método anticonceptivo, porque non é un método anticonceptivo.
PARTE TERCEIRA: Todo isto é o que penso e pensaba, o que escribo e escribín un 30 de septembro do ano pasado, e como o pasado parace ou semella que é o futuro, volvo a rescatalo agora. Xosé Manuel, deberiamos dar a cara neste asunto, xa que Ignacio Arsuaga, acusou a Mariano Rajoy e ao PP de non querer oílos, e eso é grave. Cando hai un tema importante temos que dar a cara, como se está facendo cao Lei de Caixas, co debate sobre o bilinguísmo, o problema do paro e agora esto. Tema que comezou en septembro do ano pasado e que fai dous días volveu a reavivarse.
Así como tamén non cómpre obviar a Venezuela e Cuba cos casos dos presos políticos, que se emprega como munición para desprestixiar ao PP. Así como os temas relacionados co PPCV, a comisión para a Rede de Centros de Extremadura, o desemprego, ou as medidas que sigue tomando este Goberno, entre outros temas. Porque é preciso estar en tódolos frontes para gañar a guerra, e non só ter un 10 nun aspecto, hai que ter un 8 en tódolos aspectos.
O campión tórnase covarde, e comeza a súa loita particular, criticando en tódolos foros, blogs, webs, medios... afíns ao PP, pero fano en masa pero sen argumentos fortes, nen tan sequera que se poidan soster con alfileres. Co cal intúese que as forzas políticas da oposición, se están poñendo nerviosas, e mandan aos cachorriños da canteira e do filial a xogar un partido, co teñen perdido antes de comezar a xogalo. Unha batalla non se gaña con cantos máis soldados leves, gáñase cós mellores.
Tamén, Xosé Manuel, quero recordarche que teñas coidado na cidade, xa que o señor Laxe e o señor Orozco, véselles de súpeto unha amizade fóra do común, igual ata presentan candidatura conxunta. Hai que andar cós cinco sentidos en alerta constante.
E evidentemente con iste goberno non haberá recuperación, senón odo o contrario. ZP non propón solucións a ningún dos problemas, simplemente sigue causando máis, e deixando os outros por resolver.
Di un Tantra que na vida existe catro cousas que endexamais se recuperan; a 1ª a pedra despois de tirala, a 2ª a palabra despois de proferila, a 3ª a ocasión despois de perdela, e a 4ª o tempo despois do pasado. Máis ou menos é o que lle está pasando ao goberno de ZP.
PARTE CUARTA: 1º A pedra arroxárona e agocharon a man, en forma de ocultamento da crise económica, queréndoa tapar como unha simple desaceleración do sistema financeiro. E despois de tirala xa non se recupera.
2º A palabra despois de proferila, cansados de decirnos que se buscarían solucións, as únicas medidas tomados foron, poñer en risco as pensións, retrasar a idade de xubilación, non aceptar a austeridade das Administración Públicas e non frear o endeudamento. Polo que a palabra xa está preferida e xa non se recupera.
3º A ocasión tamén a perderon, ocasión de ver un raio de luz, un raio de esperanza, e perdérona, Xosé Manuel, co que ti escribes, co non apoio e reixeitamento da Lei de Caixas Galegas. E cando a ocasión se perde, tampouco se recupera.
4º O tempo despois do pasado, simplemente basta con ver o máis de un millón de xente xoven que engrosa as listas do paro, o aumento dos parados nos meses de xaneiro e febreiro, este último ata os 82.000. Ou que España vai ser o país que vai sufrir a maior recesión de Europa. Todo un logro e todo un récord para o peor Goberno da historia da democracia. E como tal pasará a formar parte dos libros de historia. Por iso que o tempo despois do pasado tampouco se recupera.
Con todos estes síntomas, alguén pode dubidar ¿que ZP perdeu o temón do barco? Alguén pode dubidar ¿que non estamos á deriva e intemperie? Se alguén o dubida, sinceramente fállalle o sentido común. Que por algo é o sentido menos empregado a pesar de ser o primeiro sentido interno.
A ser o día da muller traballadora, tamén aproveito esta entrada, para decirlle a tódalas mulleres que teñen dous defectos, un é o non darse conta do marabillosas que son e outro non darse conta do moito que valen. Simplemente por esa sensibilidade que emanan, que vai dende curarte cando estás enfermo ata chegar a traballar 18 horas diarias, merecen un recoñecemento. Aínda que eu non sexa partidario destes días. Tamén recordarlle a ZP que a lei contra a violencia de xénero ten moitos baleiros, dende non ir acompañada dunha dotación económica nos presupostos Xenerais do Estado, ata a carencia dun fondo que estivese destinado á creación de máis xulgados especializados e a mellora da asistencia sanitaria. Como tampouco outorgou un permiso de paternidade exclusivo para os pais e que fose compatible co de maternidade, e eso por non falar de estender a paga ás nais non traballadoras, ou a cantidade de prazas de gardería que ía facer. Como sempre, todo, papel mollado que se desfai nos dedos conforme pasa o tempo.
E co da lei das Caixas, ZP bloquea o desenvolvemento de Galicia, así como as aspiracións de todos/as galegos/as. E como ben dis, xa se pode observar con total nitidez que só queren sacar rédito político a esta situación, atentando contra os intereses de todos/as nós. E eu sígome preguntando ónde está José Blanco, e porque se esconde e non dá a cara neste tema. Sabe de sobra que a posición do Goberno Central prexudica a Galicia, pero el semella estar desaparecido.
Esta vai para ZP “My choice
Is it not the choosing that makes the life we live so intricate?
Are the options we have too endless to control?
Can we oversee the offers and their demands and their goals?
Can we oversee our own needs if we do not know
What it is we really want?
Our minds, instead of our hearts
What we feel confuses our thoughts” (Floor Jansen, vocalista do grupo de Metal Sinfónico dos paises Baixos, After Forever).
E ista para José Blanco Existe tres cosas que me decepcionan: La hipocresía, porque no nos permite confiar. La injusticia, porque hace ver a unos más que otros cuando no se lo han ganado. Y la deslealtad porque deja sin piso parte de nuestros principios” (Luis Gabriel Carrillo Navas).
Para J. Tirimol
Hable también de la dignidad de un partido político que llega al poder y al que todo le vale con tal de salvar a un Alcalde en la picota por saltarse indiscriminadamente las leyes urbanísticas.
La Xunta como un elefante en una cacharrería para salvar a uno de los suyos.
Se pone dinero público para construir las infraestructuras que deberían haber realizado los promotores antes de concedérseles licencias, se retiran los contenciosos administrativos contra esas promociones y de paso los que haya contra cualquier otra promoción de ese municipio, se dan instrucciones para que se mire para otro lado ante cualquier ilegalidad mientras en otros municipios se es inflexible y se le cambian las normas urbanísticas, a la carta, mientras el pobre no adapte su planeamiento, algo a lo que la ley hace años que le obligaba.
Estoy seguro que si ese partido fuese el PSOE Ud. y yo hablaríamos largo y tendido de la podredumbre y corrupción que les envuelve; pero yo también lo digo cuando es el PP, porque no quiero votar a un partido que se comporta igual que "los otros", así no vamos a ningún lado.
Yo quiero un partido que traiga otro estilo, otras formas que le diferencien de la progresía, con valores y principios, quiero un partido que sea el primero en exigir el cumplimiento de la Ley, sin miramientos, porque claro, cuando todo vale se empieza por mirar a otro lado para salvar a uno de los nuestros en un embrollo urbanístico y luego, se ve normal reinterpretar la constitución en temas como el aborto o las autonomías.
Por alusion directa, para Caminando:
Non me trates de Vostede, que teño 27 anos, e fasme quedar maior. Ademais o tuteo en blogs, foros ou webs é unha das formas de tratamento de confianza que favorece a implicación coas outras persoas que comentamos e crea un clima de proximidade e cercanía, que ao fin e ao cabo, cando falamos de política é o que se pretende para achegar posturas.
Estou de acordo co que dixeches. No teu comentario, semella que hai un certo clima, como diría, de corrupción. E iso é grave porque é un mal uso dos que gobernan para conseguir unha vantaxe ilexítima, e iso debe ser criticado, porque a nitidez ten que estar por riba de todo.
Tamén che digo, parafraseando a Rulo (vocalista, guitarrista e letrista, do grupo de rock cántabro, La Fuga) “No me aburras con tu fe, mis ojos creen solo lo que ven”. Para referirse a toda a actualidade e a realidade que estamos vivindo na nosa propia carne, froito dun goberno incapaz de darnos solucións. E eu non quero que Galicia nin España acabe como Arxentina ou Grecia, por pór un simple exemplo..
Semella tamén, que te dirixes a min como se eu tivese algún poder. Pois ben, eu non son nin concejal, nin concelleiro, nin ministro, fíxate, nin tan sequera fun nin vou en ningunha lista. Eu son afiliado e socio compromisario, e espero selo ata o último día da miña vida, ata que chegue ao final do libro. Entón como comprenderás non teño potestade legal para tomar decisións. Si teño dereito a criticar o que ao meu parecer está mal.
Semella que ti coñeces o tema de primeira man, e entón a túa opinión pode ser máis independente á maneira de pensar, e polo tanto máis obxectiva. Mais tamén che digo que creo plenamente no Partido, e cegamente no seu proxecto, e por iso o apoio e o apoiarei ata o final.
Tamén dis que queres outro partido. Pois ben, evidentemente sería de perdedores e de hipócritas non desexar iso, porque quedarse ancorado no pasado é simplemente non evolucionar.
Polo demais, tamén che digo que teño plena fe en Xosé Manuel Barreiro, e que moitas veces se critica sen razón. E vese que sabe tomar decisións e que mira polo ben de todos/as os que formamos parte desta gran familia, sen ir máis lonxe o caso de Chantada. E confío tamén en Jaime para a alcaldía de Lugo, e non dubido da lealdade de Alberto. Certo é que teño unha gran admiración por Barreiro e que quizás non o critique. Pero é que non teño motivos para facelo, porque ao meu parecer é o modelo ideal de político que precisa a nosa provincia.
E tamén creo, que ti, cres no proxecto do partido, e estrañaríame que pensases que o modelo socialista nos poderá sacar no pozo no que nos meteu. As cousas que fai o PP sóense ollar con lentes microscópicas, mentres que as de outras formacións políticas óbvianse diariamente, e iso que están no quefacer cotiá.
Polo demais, estou de acordo contigo, nada máis que engadir.
Un saúdo e que teñas un bo día, e confía no proxecto e nas persoas que forman parte dese proxecto, así como no seu traballo cotiá, ten confianza no Partido. Porque é a única formación política que pode falar de lealdade, fidelidade, historia e política dende a súa fundación ata o día de hoxe.
Un saúdo.
Isto non é máis que outro dos exemplos la menospreciacion de Galiza, todo o que facemos os galegos importalle o Goberno central nada, nada de nada, e ainda por encima de declarar inconstitucional a nosa lei de caixas, teñen a cara de non presentarse nas reunións para planificar os acordos enfin... é vergonzoso que o Goberno dun gran páis, se é que asi se lle pode denominar a España, pareceme patético que o Goberno solo atendas as chamadas que máis lle interesen e tanto ZP como os seus ministros cando se lles pregunta por o tema das caixas galegas calen a boca, un bo exemplo foi Pepe Blanco fai unha semana cando estivo en Lugo facendo honra do seu culmen político: a construccion da nova ponte sobre o río miño, pero bueno, ese é outro controvertido tema.
A verdade e que a lei das caixas galegas é o futuro economíco e financieiro da nosa comunidade ainda que o goberno central se empeñe en bloquear como sexa xa que estanse contradecindo consigo mesmo cando tanto presumen do goberno democrático do noso país e declaran inconstitucional unha proposta elexida por o órgano democrático máis importante da nosa comunidade aprobada por 2/3 da cámara. Quizais neste caso o Goberno galego deberalle recordar o goberno central o que fixeron e estan facendo con estatuto catalán. Está claro que aquí neste país cada un fai o que quere en España, outro claro e a Lei do aborto que non é máis que un atentado contra a dignidade humana tal e como explicou mais arriba J. Tirimol.
Isto non é máis que outro dos exemplos la menospreciación de Galiza, todo o que facemos os galegos importalle o Goberno central nada, nada de nada, e aínda por encima de declarar inconstitucional a nosa lei de caixas, teñen a cara de non presentarse nas reunións para planificar os acordos enfin... é vergonzoso que o Goberno dun gran páis, se é que asi se lle pode denominar a España, pareceme patético que o Goberno solo atendas as chamadas que máis lle interesen e tanto ZP como os seus ministros cando se lles pregunta por o tema das caixas galegas calen a boca, un bo exemplo foi Pepe Blanco fai unha semana cando estivo en Lugo facendo honra do seu culmen político: a construcción da nova ponte sobre o río miño, pero bueno, ese é outro controvertido tema.
A verdade e que a lei das caixas galegas é o futuro económíco e financieiro da nosa comunidade aínda que o goberno central se empeñe en bloquear como sexa xa que estanse contradecindo consigo mesmo cando tanto presumen do goberno democrático do noso país e declaran inconstitucional unha proposta elexida por o órgano democrático máis importante da nosa comunidade aprobada por 2/3 da cámara. Quizais neste caso o Goberno galego deberalle recordar o goberno central o que fixeron e estan facendo con estatuto catalán. Está claro que aquí neste país cada un fai o que quere en España, outro claro e a Lei do aborto que non é máis que un atentado contra a dignidade humana tal e como explicou mais arriba J. Tirimol.
Lo que se intuye es un menosprecio total a Galicia, es una vergüenza y un menosprecio enorme tratar de inconstitucional una ley aprobada en cámara por todas las formaciones políticas, exceptuando as PSOE, realmente vergonzoso y un insulto a todo Galicia.
Muchas gracias a J. Tirimol por esas palabras tan dulces, soy madre trabajadora de dos niños de 7 y 5 años, y me llegaron al corazón, gracias.
Señor Rodríguez Zapatero dimita ya, por favor!!
Publicar un comentario