viernes, 9 de abril de 2010

Un paso importante

A fusión das caixas galegas é, pola súa transcendencia, un asunto de país. E ó final impúxose a responsabilidade e imperou o que, dende o principio, era do que se trataba: de abrir a negociación para garantir a galeguidade e a solvencia da caixa resultante.

Avanzar no proceso de reestructuración do sector bancario, especialmente no que afecta ás caixas de aforros, era algo do que ninguén dubidaba e que todos os expertos e organismos competentes, incluido o Banco de España, recomendaban.

Era unha cuestión non xa necesaria senón obrigada para asegurar, ademais dunha reducción no número de entidades, que éstas sexan máis fortes e que, deste xeito, poidan contribuir a reactivar o crédito e a recuperación económica, que é, non hai que esquecelo, a prioridade para todos neste intre, tanto para as administracións como para o conxunto dos cidadáns.

Non cabe dúbida de que este proceso inicial fíxose moi longo e non precisamente porque se demorara en exceso no tempo senón porque deu moito, demasiado, que falar. A fusión das caixas galegas converteuse nun embrollo de envergadura case dende o principio porque a letra pequena tivo máis transcendencia do que a priori podería agardarse e indiscutiblemente marcou o ritmo e a dirección da sucesión de acontecementos posteriores.

A crónica dende logo foi intesa dende o mesmo intre no que o Parlamento galego lle deu o visto bo á lei de caixas. Unha cuestión que está aínda pendente da decisión que adopte o Tribunal Constitucional ante a cando menos sorprendente maniobra do Goberno que lidera Rodríguez Zapatero de presentar un moi cuestionado recurso de incostitucionalidade.

Os intereses contrapostos e os conflictos xurdidos no seo dalgunha forza política tamén contribuiron a dilatar e a enrarecer o proceso. Unha cuestión sobre a que terán que rendir contas os seus responsables.

En calquera caso e á marxe das idas e vidas de algúns e das bravuconadas fóra de lugar e tempo de outros, que as dúas caixas aceptasen sentarse a negociar a fusión é unha boa noticia para Galicia e responde á defensa do interese xeral que é, o fin, o que verdadeiramente importa e o que sempre defendeu e promoveu dende a Xunta o seu presidente Alberto Núñez Feijoo. Agora é momento de obviar localismos e liortas partidistas; é momento de facer país e loitar por acadar o mellor resultado posible para todos. O primeiro paso, o máis importante, xa se deu.

8 comentarios:

Armadanzas dijo...

É importante que Galicia teña unha caixa forte para que os galegos non saian perdendo.
Ánimo Xosé Manuel, en pouco tempo serás o noso presidente provincial por que o mereces

Sara Torres dijo...

A fusión das caixas e bo para Galica e para os galegos. O que tiñan que facer os socialistas e apoiar esta fusión e deixarse de localismos.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Moi ben exposto, e sobre todo moi ben dito, o que nestes intres hai que obviar son os localismos e as liortas partidistas que non levan a ningún porto, e mirar cara adiante con paso firme, e o primeiro paso xa se deu, e deuse de xeito contundente, hai que seguir así ata a fin do camiño.

Estou totalmente de acordo cóscomentarios anteriores, en poucas palabras resume todo isto, fai falla unha Caixa forte e conseguíuse sentar a todos a negociar. Nestes días semellan que nos queren desprestixiar e minar co caso Gürtel, deberían mirar e indagar no seu pasado, que para eles a historia logo se esquece, e aprender dos seus erros que non o fan, pecan de hipocresía, de ignorancia e máis de prepotencia e así lles vai, e lles seguirá indo. Que me expliquen detidamente, qué ten que ver a xestión impecable de Alberto, dende o primeiro día ata hoxe con dito caso.

As contas do PP de Galicia son claras, non como as do Bipartito, o despilfarro descontrolado dos Socialistas e a amizade dos nacionalistas con determinadas empresas amigas, ás cales se lles concedeu prioridade, non si, señor Touriño, non si señor Quintana?? Pero deso non queren falar...

Fai dous días viaxei a Santiago a ver uns concertos, cal foi a miña sorpresa cando ao baixar da estación da autobuses me atopo de fronte cunha manifestación polo Decreto do Galego.

A miña conclusión foi que se saben vender moi ben, van ás Universidades reparten pegatinas e publicidade ata empapelar unha cidade sen, eso si, argumentos nen razón nen tan sequera xeito.

Esta vez os berros ían moito máis alá do meramente político, e querían transmitir a sensación de que o galego ía morrer como língua, e o castelán ía imperar en todo Galicia. E resulta que me comuniquei cunha rapaza de Valladolid que me falou en galego, durante o concerto, no cal actuaron Armed for Apocalypse, Hamlet, Crowbar e Sepultura (habería catro mil persoas máis que na manifestación) falouse o galego en todo momento, e comunicámonos e entendémonos perfectamente con Kirk Windstein, Steve Gibb, Andreas Kisser ou Derrick Green.

Así que ista situación como metáfora da vida e do acontecido nos dias pasados, fíxome reflexionar sobre dito Decreto, e despois de volver a lelo, e trasladalo ao ámbito educativo, fun máis alá e transladeino á vida cotiá.

E puiden observar como é unha verdadeira estupidez pensar e defender as ideas, sobre todo, das formacións nacionalistas. Coido que deberían ser éstas as que reflexionasen sobre a súa actitude porque cada vez que saen á rúa, con pancartas, e consignas están facendo o ridículo. Mesmo ridículo que están facendo intentando relacionar ao PP galego co caso Gürtel, é que se xa non ten xeito na forma, moito menos no xeito de facelo, mais vendo de quen vén, xa nada nos pode extrañar.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Coido que era de recibo repasar e deixar claro istes dous temas, xa que semella, que ante a incapacidade que teñen de facer política queren obviar a realidade metendo ao PP en tódolos fregados.
Con respeto ao das Caixas, coido que xa se comentou bastante, e que nesta entrada, ti Xosé Manuel, fas un resume perfecto do vivido nos últimos meses, e como é perfecto, non hai nada de novo que engadir ou reprochar, simplemente queda aplaudir e decir que ao fin se fixo o que se tiña que facer dende o primeiro día.

A miña admiración para ti, porque dende o primeiro día mantivécheste firme e coas ideas claras, e deuse un gran paso, e ti a parte de dar un gran paso, reafirmaches o teu liderazgo como político. Non hai nada máis que engadir sobre o tema das Caixas, fíxose o correcto, e o que queira máis información, que lea, a parte desta entrada, ou os teus artigos anteriores falando do mencionado tema. Sobre esto, a miña admiración como militante. Dando pasos firmes coma estes, chegarememos con folgos de sobra á fin do camiño. Ánimo Xosé Manuel, e a seguir nesta línea, que Lugo precísate com urxencia!!!.

“This is the time, this is the place so we look for the future” (Phil Collins, letrista, vocalista e batería do grupo de rocl inglés, Genesis)

“Admiro a la gente valiente... no a la que se cree fuerte ni a la que lucha por demostrar algo... a la gente valiente”. (Montse Collado

Unknown dijo...

É importante para Galicia a fusión das caixas, é importante para Galicia a austeridad, é importante que se poñan as pilas os gobernantes, e os socialistas son uns inútiles, incapaces e uns derrochos.

Unknown dijo...

¿canto tempo mais teremos que aguantar os galegos a inoperancia, falta de control do diñeiro público, e as ideas peregrinas do señor Zapatero?

Anónimo dijo...

Creo que comenzó la cuenta atrás para el Alcalde de Barreiros.

¿Se va a permitir que le explote en la cara al partido?

mateo dijo...

Parece ser que as caixas galegas xan mantiveron nestes días a primeira xuntanza.
É o intre de que se entablen as negociacións axeitadas para que Galicia continúe no panorama financieiro español cunha caixa forte, solvente e galiga como ben está a defender o noso partido e o noso presidente Alberto Núñez Feijoo.