lunes, 19 de julio de 2010

Decisión arbitraria

O recurso ante o Tribunal Constitucional presentado polo goberno que preside Rodríguez Zapatero contra a Lei de caixas galegas só pretendía poñer outro atranco, un máis dos moitos que plantexaron os socialistas, ó proceso de fusión de Caixa Galicia e Caixanova.

A resolución do alto tribunal evidencia, como argumentaba dende o primeiro momento o Partido Popular e o propio goberno da Xunta, que as súas reticencias non se fundamentaban sobre ningunha base xurídica nin sequera sobre o lexítimo dereito a discrepar. E moito menos respondían o que podía entenderse coma un loable desexo de introducir algunha mellora na norma.

O recurso de inconstitucionalidade respondía única e exclusivamente a intereses partiditas que, neste caso concreto ademais, eran contrarios ó interese xeral de Galicia. O goberno socialista excedeuse na súa prerrogativa de considerar unha lei autonómica coma un acto de goberno. Abusou, para entendernos, do seu poder e atentou frontalmente contra o dereito de todos os galegos de autogobernarse. Foi, en definitiva, unha decisión estrictamente política e, como queda agora demostrado, arbitraria.

A maniobra saiulle mal. E os que a promoveron e ampararon, dende Madrid ou dende Galicia, terán que responder sobre o seu proceder, sobre o grave perxuizo que quixeron causar á fusión que, non o esquezamos, era un deses asuntos de país, que tamén contribúen, decisivamente ademais, a facer país.

Non hai que pasar por alto tampouco que a Lei de caixas foi impulsada por unanimidade das forzas parlamentarias galegas (incluido o PSOE) e aprobada por dous terzos da cámara. E hai que ter presente asimesmo que o proceso de negociación posterior estivo caracterizado pola reiterada vulneración do respeto institucional que se presupón debe imperar, por riba de todo, nas relacións entre administracións.

Dende o primeiro momento, en definitiva, o proceder dos socialistas, tanto en Galicia como en Madrid, denotou que non había vontade negociadora e moito menos o máis mínimo desexo de acadar acordos. Tratábase de castigar, do xeito e ó precio que fora, a Galicia. Fallou o fondo e as formas.

O sentido común, como desgraciadamente resulta habitual nos socialistas, non se exerceu.

Resolto o conflicto e co proceso de fusión moi avanzado, é tempo de mirar ó futuro, aínda que non hai que obviar que a treta socialista foi un acto de traición a Galicia. Haberá que estar atentos.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Barreiro, tendrías que hablar del Congreso Regional de Nuevas Generaciones, que vaya show, estáis montando. parece una telenovela, y está siendo bastante entretenida, aunque hay preguntas que aún quedan por resolver, por lo que tendrá varios capítulos.¿Pablo Flórez abandonará Nuevas para ser un abogado internacional de prestigio? ¿Jose, alias (Jtirimol) quemará su carné de Nuevas generaciones para convertirse en una estrella del rock?. ¿será Cristina la nueva alcaldesa de Lugo?, ¿será Dani Vega, el nuevo alcalde de Ribadeo o te quitará el puesto? y ¿Javier Dorado, le dan ya la silla de Feijóo o todavía hay que esperar?.

http://libertadpp.blogspot.com/2010/07/ahora-es-el-momento-de-ourense.html

http://libertadpp.blogspot.com/2010/07/en-lugo-reclaman-la-presencia-de-dorado.html

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Gracias, Xosé Manuel, por dar unha lección de cómo debe de ser un político, de cómo se debe estar cando hai que estar.
Gracias pola túa humildade e pola túa cercanía, e por interesarte polos problemas cotiás da xente, gracias por esa política a pé de rúa, levada a cabo por Jaime e por ti.
Gracias por mostrarte e mostrarnos tal e como eres.
Gracias por non levar ningún papel escrito, nen a máquina nen a ordenador, ningún guión, cando tes que dar un mitín para dirixirte á cidadanía, mil gracias polo teu esforzo.

Sei que te deixarás os ósos e a pel para que o PP volva a gobernar en Lugo e na Deputación, e eu/nós como militante/es e afiliado/os, farei, faremos o mesmo para levarte á presidencia, e pór un pouquichiño de orde, nesta desfasada e nefasta xestión levada a cabo por outro bipartito BNG - PSOE.

O tema das Caixas, semellaba o culebrón de outono e pasou a ser o culebrón do ano. Todos sabíamos que Caixanova non era solvente, e que a fusión das Caixas galegas, faría unha Caixa máis forte, con solvencia e con firmeza cara os cidadáns. Que ao fin e ao cabo somos os beneficiados ou perxudicados, polas decisións políticas que se tomen.

A postura da Xunta e do PP, foi clara e nítida dende o primeiro día, e non quero entender ese partidismo político, de parte do PSOE, onde os perxudicados éramos os cidadáns, pero tamén, a nosa terra, Galicia.

Non esquezamos que foi unha lei aprobada en Cámara por tódalas formacións políticas, exceptuando ao PSOE, que por capricho e partidismo político non o fixo. E o trato do goberno central cara a nosa terra foi totalmente, un insulto. Despois inda terán a cara de vir de acompañantes a pedir o voto, realmente lamentable.

Houbo un desplante, unha soberbia, e unha falta de respeto total e absoluta por parte do Goberno central, cara Alberto, e polo tanto cara Galicia e cara tódolos cidadáns. Non nos podemos esquecer deso, e é bo tirar de hemeroteca, para refrescarlles, a memoria oxidada, a estes señores.

Galicia, nesta última época, semella a gran esquecida do señor ZP, comezando polo Xacobeo, recortando gastos no Camiño de Santiago, nas actuacións... E no tema das Caixas.

Está claro, e calquer economista o pode decir e afirmar, dende Villar Palasí ata o falecido Hurwicz, que cando unha Caixa non é sovente como Caixanova, o mellor non é saneala senón fusionala, para así ter unha Caixa galega forte e firme, que sexa solvente e que aposte e crea nos galegos/as, á hora de conceder préstamos, créditos, hipotecas e á hora de traballar para con nós.

É moi difícil entender a postura tan rotunda, ou tan radical, que adptou o PSOE, non sei a qué se pode deber, e coido, que quizais o deberían de explicar. Cando me refiro a explicar, dígoo argumentando com xeito e sentido o que afirmaban meses atrás.

Alá por decembro do ano pasado, a Lei de Caixas, quedou aprobada, polo parlamento Galego, Por todos, PP e BNG, agás o PSOE que votou en contra. Sen saber moi ben por qué.

Xá que o seu portavoz, no parlamento, o señor Fernández Leiceaga, sempre afirmaba en calquera compadecencia, que en torno a este tema, eles querían evitar os partidismos e chegar ao consenso, pero que no Parlamento non o había.

E claro, un despois, de escoitar esta afirmación, unha e outra vez, en canto ao tema das Caixas se referia, pois acaba pensando, que estes tomáronnos por parvos.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA Propóñolles outra cousa, que cando no seno interior do seu partido, vaian tomar unha decisión, que a consulten primeiro co pulpo Paul, que de seguro o fará mellor que calquera dos/as que abriu a boca para referirse a este tema.

Non teño dúbidas ao respeto de que a Lei de Caixas Galegas, ten que ser, e recalco a frase, ten que ser, o futuro financieiro e económico da nosa comunidade.

Pero, tirando de hemeroteca, Xosé Manuel, así como de memoria, non podo crer que tacharan de inconstitucional unha lei, que foi aprobada por 2/3 da Cámara. E que pensado detidamente, é moi forte, que os que presumen de democracia, concenso e talante, señan capaces de chegar a tales extremos.

E, quédome co que dis ao final do teu artigo, que foi un acto de traición cara Galicia, porque o foi. Pero sobre todo que hai que ollar cara o futuro.

Non paga a pena quedarse ancorado no pasado, porque senón non evolucionaremos, políticamente nen socialmente. Hai que traballar, ollar cara adiante pero sempre tendo o rabillo do ollo pendente do PSOE, e das súas decisións políticas.

E sobre todo, ter memoria, para lembrarlles todo aquelo que fixeron mal, ou que xa non fixeron, e defenden con verbas baleiras, e carentes de sentido.

O proceso de fusión está moi avanzado, e ao final a cordura, venceu a tolemia e o partidismo socialista.

É un orgullo pertencer e participar nas actividades políticas do PP, entre outras cousas porque cando hai tempos difíciles a xente recurre a él, xa que sabe que é a única formación política con capacidade de facer as cousas ben, e de que o barco volva a coller o rumbo.

Como dicía Sócrates “La mentira nunca vive hasta llegar a vieja”.

“ya ves que no la cosa es fácil si la sabes llevar
vas de profeta con mucha inspiracion
y a mi esas cosas me joden un montón
Las lentejuelas brillan demasiao
ya no alucinas a nadie
alguien te mima esta equivocao
tu rollo es puro montaje
vamos a por ti” (Enrique Villarreal, baixista, vocalista e compositor do grupo de rock Barricada).




¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!

mateo dijo...

Os feitos dalle a razón ó PP que en todo momento creeu que o recurso era un capricho partidario.

A lei de caixas non é un obstáculo para a fusión, senon un instrumento para modernizar e democratizar. Por eso foi recurrida por eses que non saben gobernar nin estar na oposición.

De confirmarse a súa constitucionalidade,taparáselles a boca ós Pachi Vázquez, Abel Caballero... e supoño que se aplicará con prudencia e dacordo coas necesidades do país.

manuflores dijo...

La actitud del psoe demuestra, una vez más, cómo el interés individual va en contra del interés general. No es la primera vez ni será la última, y me recuerda a una conversación que oí de pequeño, por casualidad, entre dos políticos antes de un pleno:
-"Vamos a proponer esto, pero si lo proponen ellos antes, nos negamos".
Sin esta fusión posiblemente habría una intervención o bien una absorción por parte de cajas que no tendrían los mismos objetivos ni la misma visión que en conjunto van a tener Caixa Galicia y Caixa Nova, que, si no me equivoco, con la fusión están en el 5º puesto en España por cifra de negocio.

Anónimo dijo...

Barreiro y Barreiros, menuda decepción.

Criticamos que desde cataluña quieran saltarse la legalidad a toda costa y aquí a la primera de cambio hacemos lo mismo.

Con esta Moral y estos Principios no vamos a ningún lado, ¿O piensa el PP que los de derechas votamos porque sí y no les daremos la espalda?

Esta por ver.

omnium dijo...

Me parece, sin ningún género de duda, que el PSdG actúa, en esto como en otras cosas, siguiendo el dictado y los intereses del Gobierno de Zapatero, a quien los intereses de Galicia le importan un comino.

Poco le importaban cuando Touriño ostentaba la Presidencia de la Xunta (o la mitad de la misma); ahora, le importan menos que nada.

Es más, visto que Feijóo es un valor en alza, que el Gobierno de Galicia puede ser, y está siendo, de hecho, uno de los pilares desde los que se va a reconquistar para el PP el Gobierno de España, es normal que el PSOE trate de poner todas las trabas posibles.

Lo que quizá no sea tan normal es que los socialistas gallegos colaboren con todas sus fuerzas, cuando con ello se perjudiquen intereses generales de Galicia. Pero tampoco es la primera vez, ni será la última.

Sobre el recurso de inconstitucionalidad presentado contra la Ley de Cajas, indicar que no conozco a fondo el tema, pero está bastante claro que si otras leyes autonómicas, de contenido calcado, no presentaron problemas de constitucionalidad, tampoco lo hará ésta, y la presentación del recurso ha sido únicamente una técnica dilatoria y malintencionada por parte del Gobierno socialista. En su derecho están, y en derecho perderán.

Eso sí, me gustaría hacer una pequeña matización, con el mayor de los cariños, tanto al Sr. Barreiro como al amable comentarista JTirimol, que argumentan, en defensa de la ley de cajas gallega, que fue aprobada por más de dos tercios del Parlamento. Eso le da un especial valor político, cierto es, pero no añade ni quita un ápice a su constitucionalidad.

También fue aprobado por más de dos tercios del Parlamento de Cataluña el Estatut, y resulta que no era constitucional.

No podemos emplear los argumentos en uno u otro sentido, según nos convenga o no. Esto, dejémoslo para Pepe Blanco.