martes, 10 de agosto de 2010

Malos tempos

Son malos tempos. E desgraciadamente as malas noticias para a nosa provincia sucédense. Recortes, sobre recortes; restas sobre restas que suman unha abultadísima amputación ás inversións que tiñan como destino Lugo.

Aínda imbuidos pola conmoción provocada pola “reprogramación” que está a pergeñar o ministro José Blanco, da que informa dosificadamente, intercalando novos compromisos para gañar algo de tempo, coa vana esperanza de que así se vai disipando a impresión xeralizada de que as súas promesas son flor dun día, chegou un novo mazazo.

Deputación e concellos atopanse, como a Xunta, na obriga de devolver as arcas do Estado os adiantos por transferencias percibidos no ano 2008. Algo máis de sete millóns a administración provincial, cinco máis os concellos e máis de 2.600 millóns a Xunta (incluindo neste caso as dúas anualidades), ó que haberá que engadir o que teñan que restituir a administración provincial e as locais polo ano 2009, e tendo presente que foi o exercicio no que o déficit alcanzou as cotas máis altas, será aínda unha cantidade máis abultada.

E a cousa non queda aí, porque a esta magna resta hai que sumar tamén a reducción do importe das transferencias do presente exercicio e que só para Lugo supuxeron a perda directa de outros 12 millóns de euros…

E pese a dificultade e os graves perxuizos que a devolución deste cartos, máxime neste contexto de crise, suporá para todos, nomeadamente para os concellos, cuns recursos xa de por si moi reducidos e coa capacidade de endebedamento bloqueada, o Estado persiste na súa negativa a aplazar a devolución da débeda. Unha débeda, por certo, xerada polo propio goberno central polos seus clamorosos erros nos cálculos estimativos de crecemento. Xa saben, consecuencia daquela ofuscación por negar a evidencia de que España tamén estaba baixo os efectos da alongada sombra da crise. En definitiva, serán os concellos, sen responsabilidade ningunha no asunto, os que teñan que pagar as súas equivocacións.

Zapatero e o seu goberno adícase a trasladar escalonada e inexorablemente as consecuencias da súa errónea e ineficaz política económica a todas as administracións. Os efectos vanse palpando día a día. E o último eslabón, o cidadán de a pé, que constata como se reduce o seu salario (se ten a sorte de telo) e lle suben os impostos, intúe con preocupación que as estreiteces vanse ir ampliando con máis belixerancia en todos os eidos da prestación de servizos públicos. Os concellos, a administración máis próxima ós veciños, ó que se recurre en primeira instancia ante calquer problema, están non xa en risco de afogamento senón de KO técnico inminente.

Pero os socialistas, tras gastar o que tiñan e o que non, precisan máis cartos. Pouco lles importa o clamor case xeral que as súas esixencias están a provocar e as consecuencias que delas se derivarán. A súa postura intransixente e insolidaria alonxaos aínda máis da realidade, do pulso da rúa, dos cidadáns ós que representan e polos que deberían de velar. A Zapatero e os seus ministros pouco que lles importa a ruina á que están avocando ós lucenses e ó resto de habitantes do país.

O seu apego ó sillón vainos sair moi caro a todos.

8 comentarios:

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Efectivamente, Xosé Manuel, pero o verdadeiro problema son as consecuencias de toda esta loucura socialista. O problema, son as persoas que temos, teñen, que pagar eses erros infantiles e esa política de República bananera. O cidadán é o último eslabón, un eslabón máis, nesta cadea de despropósitos, causados polo goberno de ZP.

O cidadán de a pé está xa farto. E a parte de ser indignante é completamente inxusto que temamos que pagar as consecuencias, das causas en forma de decisións que toma o PSOE.

Fai uns dias, a crise económica, a crise financiera, esa que neganban e negaban, e a convertían nunha simple desaceleración económica. Pois esa crise, xunto ca taxa de paro máis elevada de toda a historia da Democracia. Tomou como víctima a dous rapaces novos, de 34, e 37 anos, que despois de estar traballando 9 anos e 5 anos na mesma empresa. Pasaron a engrosar as listas de parados, estadísticas e ámbolos dous, uns máis. Coa nova reforma laboral, é fácil botar aos empregados. Xente que comparte a miña vida, está acusando de forma directa a crise.

Xa, non son os problemas que poidan xurdir en atrasos de infraestructuras. Ou en obras que se paren por falta de orzamento. Ou das promesas baleiras de contido e incumplidas, do ministro, José Blanco.
O problema son os cidadáns de a pé. Eses cidadáns que ven como o seu salario se reduce, e se antes tiñan que botar contas para chegar a fin de mes. Agora mesmo, teñen que facer cálculos de verdadeiros economistas para poder sobrevivir.
No estado do “benestar”, o cal debe cambiar de nome como isto siga así. Eses cidadáns, teñen nome e apelidos, teñen unha historia detrás e unha vida. Eses cidadáns son persoas, e deben e merecen ser tratados como persoas e non como simples números para facer estadísticas.

Eu non quero ser un número, non queremos ser números. Queremos ser persoas, e como tales que se escoiten os nosos problemas e as nosas preocupacións. E o noso quefacer cotiá. E non que se fale de nós e das consecuencias que estamos sufrindo a causa desta política; dende un sillón, e sen ter constancia de dito tema.

Claro que nos vai sair moi caro o sillón de ZP, e o seu despacho, pero moito máis caro, as súas decisións políticas e o seu nefasto goberno. Tanto no eido económico como no eido social.
Estamos e corren malos tempos, e semella que a única formación política que non se dá conta, ou ben que sí se dá conta pero fai caso omiso, é o PSOE.
E cando están sós no poder, como mínimo deberían e tiñan que reflexionar sobre a actualidade do noso país, e sobre a repercusión das reformas que están levando a cabo.

Os Concellos atópanse sen ningún céntimo, e hai que devolver os préstamos do ano 2008. E ese é un dos moitos problemas, se gastas o que tes pode que teñas problemas xa que as matemáticas son exactas, e os números nunca enganan.
Pero se inda por riba gastas o que tes e a iso lle sumas o que non tes, o resultado é; a situación actual. Na cal nos meteron os socialistas.

E se inxustificable, me parece que o cidadán de pé sexa o último eslabón deste desastre socialista. Tamén teño e debo dicir que inxusto me parece que tódolos concellos, sen comelo nen bebelo, se vexan envoltos na improvisación deste goberno.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Se dada a sustración da resta como operación matemática, a descomposición e por conseguinte a eleminación dunha parte dela, de todos é sabido que o resultado será a diferencia. Mais se en vez de sumar, á resta se lle unen outras restas. Como moi ben, defines ti, Xosé manuel, “Recortes, sobre recortes; restas sobre restas”, pois o resultado acaba sendo a realidade tan dura que estamos padecendo.

Son malos tempos, como moi ben, titulas o teu artigo, mais; estes decatáronse delo? Ou seguen sen facer caso para alongar o seu poder e con elo a nosa agonía?.

Non podo nestes días, e perdoa que aprobeite a entrada do teu blog para facelo. Deixar de felicitar a fantástica organización das Festas María Pita. E sobre todo, felicitar a tódolos responsables, que fixeron posible que o Coliseum case se enchese para ver as corridas de touros. A cal non puiden asistir os tres días, só puiden asistir o venres. Pero víñenme para a casa cun gran sabor de boca tanto pola organización (excelente en tódolos eidos), como pola actuación de Enrrique Ponce (unha orella), Castella (ovación) e El Fandi (tres orellas e Porta Grande). Alberto e máis Rajoy sempre elixen Pontevedra, mais de cando en vez non estaría mal que se pasasen por dita Feira Taurina. A ver se para o ano…

Por certo a sociedade española, está vivindo tempos moi duros, por mor desta política nefasta, puxéronse moitas cortinas de fume para tentar que non vísemos a realidade, pero afundíronnos tanto que xa é imposible crer e confiar neles.

Estou de acordo con canto expuxeches no teu artigo, Xosé Manuel.
E engado que temos moitos problemas e que non se nos escoita.
E unha cousiña máis, ¿Por qué se axilizou, apoiou e manexou á ILP contra as corridas de touros, sen existir urxencia nen demanda social? E os socialistas e nacionalistas cataláns collidos da man, percorreron dito camiño.
Pois se están espabilados para iso, a ver se están espabilados para retrasar o que os Concellos e máis a Xunta debe ao Goberno, por apoiar algunha medida do PP (novo hospital sen ir máis lonxe) e non criticar e criticar, e sobre todo a ver se toman algunha medida para tentar sacarnos no fango no que nos meteron. Onde os perxudicados son e somos os de sempre.
Escrito em Tirimol (o meu pobiño de tres follas), Lugo, con “L” de LIBERDADE.

“El hombre nace libre, responsable y sin excusas”. (Jean Paul Sartre)

“Time melts away in this living inferno,
Trapped by a cause that I once understood.
Blind obedience carries me through it all,
Do only what is expected of me”. (Kerry King, Guitarrista e letrista do grupo de heavy de California, Slayer).


¡¡¡¡¡¡¡ ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE !!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Para mí, el tema está, como muy bien dices, profesor Barreiro, en que el problema actual se debe a las malas previsiones del gobierno de Zapatero, por su insistencia en negar la crisis y su repercusión directa en la disminución de los ingresos públicos. Zapatero debería pagar en carne propia el precio de sus errores, y no castigar a la Administración local, que ya bastantes dificultades tiene para financiarse en condiciones normales.

lauritaalonso2010 dijo...

Istes tios non se van, e están a fundir o pais,os propios socialistas dentro da súas filas están xa un pouco cheos de aguantar a que está caendo con istes incompetentes. A carón do dos acontecementos, coido que ao mellor era bon que os populares presentasen unha moción de censura, aunque non se ganara, as forzas políticas do congreso terían muy dificil a explicación dos seus votos en contra, nesta situación política e económica.
Barreiro tedes que cambiar as cousas canto antes, a xente toda estamos desexosos de que volten as cousas neste pais noso, e que teñamos prestixio de novo.

mateo dijo...

Correron, corren e correrán ríos de tinta sobre a ineficacia deste goberno.
Á cabeza destes ineptos está o Sr. Rodríguez, que non se apea nin por petición das súas góticas.
Qué dicir das Sras. Salgado e De la Vega: cero zapatero, maniquís de baixo custe.
O amigo Pepiño, o que dí hoxe, mañá...
E con estes gobernantes "I" de ineficaces, incapaces, improvisadores, ineptos, ilóxicos,ineficientes,inmorais... temos que seguir tirando.
Con políticos/as así non é extrano que nos vaia como nos vai e que cada vez sexamos menos os que creemos na política actual.

Anónimo dijo...

Sr. Barreiro:
Se que no publicara esta carta, pero al menos espero que la lea y sepa de nuestro malestar.El sector pesquero lucense está indignado con la cacicada de nombrar al concejal de UPRI Francisco Rivas como Jefe Territorial del Mar. Nos parecia que a Balseiro le importava mas la pesca que para hacer un cambalache con los de UPRI de Ribadeo.Que sepa que toda la costa esta muy cabreada sobre todo los mariñeiros e pescadores, muchos no se atreven a falar publicamente pero todo el mundo habla de vergonza y chanchulleo.Logo de nombrar al alcalde de Lorenzana que no estaba nunca ahora nombran a otro que no tiene idea de mar, le invito a que encargue alguen a que investigue y verá si es cierto o non lo que le estoy diciendo.

omnium dijo...

En primer lugar, decir que me gusta leer el comentario anterior. Sin entrar para nada en el fondo del asunto, que desconozco por completo, pero que dejará bien claro al autor del mismo que en este blog no hay censura. Como debe ser.

Sobre Zapatero y su Gobierno, mucho se ha dicho y se sigue diciendo, pero no es suficiente. No es suficiente, desde el momento en que las encuestas, por más que contrarias, les siguen dando un notable caudal de confianza. Mucha gente sigue confiando en ellos.

¿Qué ocurre? ¿Son los votantes socialistas sufridores compulsivos?. No creo. ¿Son tontos?. Dios me libre de hacer tal afirmación, no me creo más listo que nadie. ¿Es tan mala la alternativa que ofrece el PP?. A mí no me lo parece.

¿Entonces?. La única explicación posible pasa por un secuestro, casi en el sentido literal de la palabra, de la opinión pública. Un dominio de los medios de comunicación increíble, una auténtica "dictatura de las tertulias", donde los palmeros del Gobierno le defienden a capa y espada y los críticos sólo pueden atacarle a medias, so pena de ser tachados de "fachas", "retrógrados", "franquistas", y otras lindezas.

Da igual de qué se esté hablando. Si criticas la Ley del Aborto, eres un facha; si no comulgas con la gran piedra de molino que fue el Estatuto de Cataluña, eres un franquista; si dices que la gestión económica de Zapatero nos lleva a la ruina, eres un retrógrado. No hacen falta más argumentos. Basta la palabra del progre de turno, que expide certificados de "limpieza de sangre" democrática: tú eres demócrata o no, según yo lo diga.

¿Cómo se combate esto?. No callándose. En la vida diaria. Cada uno a su nivel. En el bar, en el trabajo, en la familia, en todas partes. A esta situación hemos llegado por callarnos, y sólo saldremos de ella hablando, alto y claro.

Más cómodo es callarse. Votar cada uno lo que quiera, y no decir esta boca es mía. Se evitan enfrentamientos, y se vive más tranquilo. Pero en ese caldo de cultivo que es la comodidad del oponente se desarrolla maravillosamente el socialismo español, y con esta versión Z en particular que ahora sufrimos, vamos todos a la ruina. No nos jugamos tener en el país un gobierno que nos guste más o menos, que coincida más o menos con nuestras ideas. Nos jugamos tener un país o no.

Militante ribadense dijo...

El señor Barreiro sigue sin pronunciarse sobre si apoya la cacicada de nombrar a Franciso Rivas para la Jefatura Territorial del Mar o no. Los militantes queremos saber si con nuestros votos se van a dar cargos públicos a los que hicieron la guerra al PP durante 3 años y medio.