miércoles, 22 de septiembre de 2010

Consecuencias previsibles

Os efectos negativos do incremento do IVE non lle causaron sorpresa a ningúen. Agás, quizais, ós integrantes do Goberno de Rodríguez Zapatero que, contra vento e marea e desoindo todas as recomendacións feitas non xa polo Partido Popular senón por institucións económicas, empresariais e as propias asociacións de consumidores, seguiron adiante coa aplicación desta medida.

As consecuencias, como digo, non se fixeron agardar. O INE confirmou o previsible, en xullo, no mesmo mes que principiou a aplicarse o incremento impositivo, as ventas do comercio minorísta reducíronse un 2,2 por cento en comparaza co mesmo mes do pasado ano. E eso só é a punta do iceberg dos efectos colaterais: a inflación incrementouse tres décimas en agosto, colocando a taxa interanual no 1,8; neste mesmo mes a matriculación de coches descendeu, con respecto ó 2009, un 24 por cento…

A decisión é contraproducente e así se está a demostrar. Xa o advertiamos daquela. O remedio ía agravar a enfemidade: subida xeralizada dos precios, contracción do consumo, maior dificultade para empresas e autónomos e, por extensión, menor recaudación para o Estado e incremento da xa abultadísima taxa de desemprego.

Diversos organismo advirten, ademais, que provocará unha segunda recesión da nosa economía (como si a primeira, aínda non superada, non fora dabondo). A Comisión Europea sopesaba recentemente o seu efecto no noso PIB, estimando que no terceiro trimestre experimentaría unha contracción do 0,1 por cento. Unha previsión que xa calcularan tempo atrás dende a Funcas.

En definitiva, a medida, atolondrada e contraproducente como case todas as que está a adoptar o Goberno ZP en materia económica, traerá moita cola. A ramificación das consecuencias será amplísima.

7 comentarios:

mateo dijo...

Zapatero xera a desigualdade entre os españois para mantenerse no poder. Un acordo que non beneficia ós españolis pero si a estes ineptos do PSOE.

O goberno socialista pode tamén romper a Caixa Única da Seguridade Social para mantenerse un ano máis no poder, que é o que realmente quere e desexa este incompetente que temos no poder.

A continuidade deste caduco goberno socialista só fará que se alargue e empeore a crise en España.

O “pacto da vergoña” ten unha consecuencia clara: a partir de agora, non todos os españois poderán ter as mesmas oportunidades para atopar emprego e formación.

As empresas vascas poderán ser privilexiadas pola transferencia do pago de bonificaciones ás empresas por contratación e formación.

Zapatero está cometendo o grave erro ó negociar co PNV a unidade da Seguridade Social xa que a caixa única da S.S. é un dos pilares do noso Estado das Autonomías e ZParo está a poñela en perigo.

Un parad@ vasc@ podería chegar a ter un subsidio por desemprego maior que o resto d@s parad@s de España nas mesmas condicios.

Trátase dun ataque directo á igualdade constitucional.

Se non se lle pon remedio ZParo acabará fundindo definitivamente ó país.

laura dijo...

O de Zapatero e as súas medidas atolondradas como ben dices, é sangrante, cada día nos desayunamos con unha, e cada vez máis sorprendente, porque non me diredes que a de tocar a caixa única da SS, non os deixou a todos helados, a de subir os impostos aos máis ricos, pensando que os españoles somos tontos, como si no viramos a que ven detrás, o cambalache que se trae cos sindicatos no tema da folga, non sei a onde vamos chegar.....

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Antes de entrar a comentar este tema, permíteme facer un inciso. Por primeira vez, escoiteille a un político, cando se referiu ao número de parados en España, falar de nomes e apelidos.

Escoite dicir “Hai 5 millóns de parados que teñen nomes e apelidos”, efectivamente temos/teñen nomes e apelidos. E con esa frase, que estaba esperando dende fai meses, a parte de mostrarse o interese pola estadística e os números, en difinitiva, polos datos reais.

Preocúpanse polas persoas, que ao fin e ao cabo é o que lle pedimos e o que valoramos nun político. Xa que son estes os que nos representan e os que teñen a responssabilidade de mirar polos problemas, dificultades e realidades da sociedade, xa que son os representantes da mesma.

Sabes, ¿¿¿quen foi ese político???. Pois, fuches ti, José Manuel. No Congreso Provincial de NN.XX. O que mostra que ao contrario que os socialistas que empregan as estadísticas ao seu antoxo, escondendo e xogando con cifras e números. Ti deches unha auténtica lección de saber estar cando hai que estar. A ver se toman nota...

E bueno (na miña sempre humilde opinión) a ver se tamén toman nota as NN.XX. xa que presumen de cargo e eso está ben. E botan unha man, e a poder ser non ao pescozo, ata onde me alcanza o sentido, NN.XX. non son nen unha institución nen unha empresa. Seguro que sí, que botan unha man, con xente tan lista, humilde e tan curtida na vida... Eu sei a quen me debo, e por quen teño que esgotar o meu último alento, e téñoo tan claro que non me fai falla ningún “pepito grillo” que me dea órdenes. Débome só e exclusivamente ao PP, só e exclusivamente ao PP.

E non descansarei ata que ti, sexas o Presidente da Deputación, e ata que Jaime sexa o Alcalde de Lugo.

E se teño que percorrer casa por casa como nas Autonómicas, fareino, encantado da vida. Sen necesidade de fondos ou logos verdes ao meu redor. Só uns políticos competentes coma ámbolos dous, un proxecto, e as ganas que tedes de facer que Lugo retome o rumbo, con iso xa me vale, eso sí, rodeado sempre dun fondo azul. Que para algo a cor azul, é tranquilizante, fresca e sempre se asociou coa parte máis intelectual da mente. E entre as palabras claves da cor azul, atópanse a lealtade, confianza e sabiduría.
Ingredientes básicos para poder traballar. Por certo a cor vermella representa a rabia.

En referente á subida do I.V.E. pareceume fantástico a reacción da xente ante a información que deu o Partido Popular, con panfletos onde mediante situacións cotiás se representaba e ao mesmo tempo reflexaba a situación actual que está a vivir España.

Hay que aumentar os ingresos do Estado para facer fronte ao déficit, mágoa que a subida teña que afectar aos cidadáns de a pé e volvan ser os máis débiles, os máis perxudicados.
Esto síguelle restando credibilidade ao PSOE, e mina a pouca que tiña o señor ZP. Había unha frase de Yosi, referente aos músicos de rock moderno que dicía “Para chupar sangre, los ha mandado Dios”. Semella que parafraseando a dita frase e transladándoa á situación actual, eses ou esa é a política e a proposta socialista.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: As medidas de ZP son opostas á razón, están fóra dela. Son unhas decisións que carecen da facultade do raciocinio, baseadas nos propios intereses, para quedarse un ano máis no poder e ir esquivando o temporal. Son irracionais, baseadas na improvisación política que vimos arrastrando durante estes catro anos, acentuándose máis nestes dous últimos.

O peor é que non hai rastros de que poida haber melloría, senón máis ben todo o contrario, e cando alguén está a facer mal o seu traballo e o sabe, o máis lícito, moral e correcto que debe facer é abandoar, e deixar que outro o faga mellor.

Non está a fundir ao país, porque o país xa está fundido gracias a el, o que pasa é que se sigue así chegarase a unha situación límite na cal as consecuencias da súa nefasta política serán de dimensións incalculables.

E despois que pacte co PNV, en fin, xa se retrata el mesmo. Menudo marrón e falta de respeto cara Patxi López (co cal se pode discrepar en moitos aspectos e eidos políticos) pero ten máis uso de razón e máis tablas co Presidente que nos está a desgobernar. Deberíalle caer a cara de vergonza, pero como xa non a ten, ou a ten tan dura, que xa nen se inmuta.

El mesmo está cavando a súa tumba política, e el mesmo está facendo historia, xa que cando remate a súa lexislatura pasará a ser o peor goberno da Democracia. Qué diría e qué pensaría Adolfo Suárez (se se acordase do que foi presidente) ao ver semellante panorama. É unha pregunta que me fago amiúdo.

Xa semella que iste goberno se toma todo a risa, como se estivese no Club da Comedia e nos fosemos os seus espectadores, sobrepasou tódolos límites e chegou demasiado lonxe.

JTIRIMOL dijo...

PARTE TERCEIRA: A cidadanía non perdoa semellante sangría, e semellante xestión, tan nefasta como absurda. E ao final, todas esas estadísticas e números que manexan ao seu antollo e interese. Dirán e falarán por sí sós nas urnas.

ZP non dá confianza nen esperanza a ningún cidadán da pé, traballador ou que esteña no paro, porque básicamente non se preocupa de nada, só de manterse un ano máis no poder, a base de tomar decisión absurdas que afectan a toda a cidanía.

España precisa un cambio xa, e ese é o PP. Sabémolo todos. Mais Lugo tamén precisa ese cambio, precisamos a Jaime e precisámoste a ti, para que poñades un pouquichiño de orden dentro do desorden que están a montar estes.

Para finalizar só engadir que teñas bo San Froilán, que por certo menudo programa máis pobre en canto a concertos se refire, onde só aparecen cantautores, Placebo como grupo estrella e un tal Sabina, que vai de comunista e poeta pola vida, e é incapaz de xuntar tres palabras seguidas, moito soneto pouca poesía. Un comunista listo e rico, Que cantándolle á liberdade enche máis os petos mentres os demais estamos como estamos…

Esta vai, para Orozco, para o BNG-PSOE que non sei qué pintan na Deputación e máis para ZP “El mal (la ignorancia) es como una sombra - carece de materia, es simplemente falta de luz; no puedes hacer que una sombra desaparezca tratando de luchar contra ella, de pisotearla, de quejarte amargamente de ella, o utilizando cualquier otra forma de resistencia emocional o física. Para provocar que una sombra desaparezca, debes poner luz en ella” . (Shakti Gawain). Xosé Manuel, poñamos luz na ignorancia da sombra de ZP. E ista outra vai para algún cantautor que se vai pasar pola nosa cidade “Ojo de culo le llaman los astrónomos al sol. Si tus ojos son dos soles, dos ojos de culo son, Mira qué blanca la luna, como una rueda de queso. Tan blanca es tu dentadura, que a pies me saben tus besos. Canta cantautor, cantamañanas Llora de emoción, cantamañanas. Tu pelo es una montaña con leves destellos rojos. Y eso que salta en la cima, ¿seguro que no son piojos? Despides dulces perfumes de los jardines de Eros, cuando estamos en la cama pides perdón por los pedos. Canta cantautor, cantamañanas Llora de emoción, cantamañanas (Brígido Duque, Guitarrista e vocalista do grupo de rock Koma).

Precisámoste, Xosé Manuel, a túa provincia precísate, non nos falles que nós non che vamos fallar a ti. Espéranos un traballo duro pero hai que rematar a carreira primeiro, e levar a estes “políticos” á oposición, que é de onde nunca deberon saír, e xa de paso xubilar a Orozco.




¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!

José Ángel dijo...

O da folga Xeral e de risa. Un paripé no que os uns non queren fastidiar moito ós outros.
Como se di por aí non necesitamos de folgas xerais pero si de eleccións xerais xa.

Sara Torres dijo...

Barreiro o goberno socialista é un mentiroso, conta unha tras outra coa única finalidade de subir os impostos a D. Pueblo. Zapatero presentouse cun programa electoral que prometía non subir os impostos, tamén prometía o pleno emprego recordaras. Como ves o que eu decía o principio mentira sobre mentira. Debe ser a terceira ou a cuarta vez que o goberno socialista fala de suba de impostos, agora di que afectara aos que más teñen. Outra mentira!. Subiu os impostos sobre a gasolina e o tabaco, despois de que Salgado o negara, subiunos os impostos sobre os aforros Salgado tamén o negaba, subiu o recibo da luz 3 ou 4 veces, o do telefono, subiu o IVA. Eu case teño que afirmar que as rendas máis baixas con esta subida desproprocionada, son as mais afectadas. Amigos e non vai acabar eiquí ata que botemos este elemento, e con él nas municipais, en Lugo temos que botar a Orozco e a Besteiro que son da mesma calaña. Que caladiños están non teñen nada que decir aos lucenses: nin da subida de impostos, nin dos maiores recortes da democracia conxelación das pensións, recortes dos soldos.... Animo ímolos botar.