martes, 14 de septiembre de 2010

Custo elevado, pouca rendabilidade

Case dous tercios dos concellos da provincia de Lugo tiveron en 2009 un orzamento anual inferior ós algo máis de 2,1 millóns de euros que a Deputación de Lugo adica este ano a cubrir os gastos derivados das “adicacións” de 13 dos 14 integrantes do equipo de goberno (boa parte deles con coche oficial) e os seus 27 asesores (sen incluir aquí ese abultado número de acólitos ós que se lle buscou un cómodo acomodo, excelentemente remunerado ademais, en outros organismos dependentes da administración provincial).

Se a estes salarios lle sumamos os 5,4 millóns de euros consignados a gastos diversos, únicamente sete dos 67 concellos lucenses dispuxeron de máis cartos para afrontar a execución de obras, o mantemento de servizos ou o pago de salarios dos traballadores municipais.

As cifras, creo, son, por si mesmas, suficientemente elocuentes. E eso que fago a comparación cos orzamentos municipais de 2009! Imaxinen cal sería o balanzo si poñemos o punto de mira nas contas do 2010 que, por mor da crise económica na que nos atopamos, todas as administracións locais, incluida a provincial, vironse obrigadas a rebaixar nunha porcentaxe salientable o seu nivel de ingresos e, polo tanto, tamén de gastos.

Ante esto, pode alguén seguir argumentando cun mínimo de coherencia e obxectividade que o bipartito provincial, que por riba emprega a institución con claros fins partidistas, non nos sae carísimo a todos os lucenses?

Pois, por inconcebible que pareza, hai quen tercamente se empeña en negar a aplastante evidencia de que a dirección política da actual Deputación é a máis cara da historia desta institución, máxime se se ten presente a pouca rendabilidade que se pode extraer da súa acción de goberno.

Aínda que, como resulta habitual, o que máis fala e precisamente quen máis razóns ten para estar calado. É incongruente que os que avogan pola súa desaparición, sexan tamén os que con máis ahínco e ardor defendan a “rendabilidade” dun custo tan desmesurado. É incompatible defender dúas posturas frontalmente contrapostas.

Unha das conclusións que se poden sacar tras reflexionar sobre este asunto, e sin necesidade de facelo con excesiva profundidade, é que no desenvolvemento da lexítima actividade política hai quen tenta sacarlle un lucro engadido que non parece demasiado acertado nin convinte nos tempos que corren, cunha taxa de desemprego por riba do 20 por cento e cunhas previsións de crecemento económico que non invitan a euforia.

6 comentarios:

Manuel dijo...

Es una vieja "costumbre" de los socialistas el gastarse lo no es suyo ( por eso no duele) y el dejar las arcas y los estados en que gobiernan ( especialmente en este país, aún España) arrasados hasta los cimientos
Si el Bigobierno de Touriño no fue ejemplo suficiente ahora viene el Sr Besteiro y no solo sufre de egocentrismo propio ( véase K0, fundación TIC y otros....) sino que promueve y ampara el gasto en todas sus formas; pero ... ¿alguien podía esperar algo distinto?, a los más ilusos ( votantes y simpatizantes del psoe) los ojos se les empiezan a abrir, como platos, y escandalizados ( no podía ser de otra manera) comentan estos despilfarros, otros, los acólitos y empesebrados lo justifican.

José Manuel, segamos denunciando este servilismo, este apesebramiento y esta manipulación en beneficio propio.
Esto Sr Besteiro no es gobernar, es una campaña de imagen que si hace usted el favor, mejor páguela de su bolsillo

Sara Torres dijo...

O matrimonio de conveniencia que nestes momentos temos na Deputación de Lugo é o mesmiño que tivemos na Xunta de Galicia. Operatividade gobernando cos cartiños de todos totalmente nula, despilfarro o maior da historia da Deputación de Lugo. O que está claro é, que ao bipartito non lle importa para nada que os datos do paro sexan catastróficos, que a s familias non cheguen a final de mes, que os autónomos pechen as súas empresas… Eles viven pechados no seu mundo de yuppie e o pobo para eles non existe. ¿Que os concello teñen problemas para dar respostas as necesidades dos seus veciños? O Sr. Besteiro e a súa Parella de conveniencia invirten neles e no seu sequito. A súa filosofía é mirar para outro lado e negar o innegable. Sr. Barreiro siga contándonos a verdade do que esta a pasar no ente provincial. Que desgracia!

Anónimo dijo...

O que arisca co seu patrimonio é un emprendedor digno de todo o respeto e admiración; o que gasta os fondos públicos en beneficio propio é un traidor a todas as persoas ás que representa, votaranlle ou non

JTIRIMOL dijo...

Lamentable, José Manuel, totalmente lamentable. Estes señores non teñen vergonza. Está claro, que cando se traballa con números, as matemáticas como coñecemento e ciencia exacta non engañan a ninguén. Agás a estes, que as queren manipular para facelo. Porque o razoamento lóxico, non o empreñan, e en moitas ocasións xa demostraron que carecen del.
Cando foron tempos de bonanza económica dedicáronse a despilfarrar en vez de xestioner e eso acábase pagando, se o pagasen eles inda bueno, pero cando como consecuencia e resultado da súa nefasta xestión, somos os cidadáns de a pé os que temos que pagar esto, pois a min gracia, o que se di, non me fai ningunha.
E estou completamente de acordo que é todo fachada e cambiar a imaxe dos socialistas. A verdade é que non sei a ónde imos parar con toda esta xente. Supoño que só nos quedará denunciar, e insistir en pedirlles explicacións, e sobre todo, dicir as cousas, unha, dúas, e cen veces se fai falla para que oigan ben, que semellan estar sordos.
Pero é que o cidadán de a pé volve a ser o último eslabón, desta cadea de despropósitos dos socialistas. E eso xa é algo perigoso, porque xogar con nós, di moi pouco da xente que goberna, bueno que desgoberna.
O mellor é que cada día que pasan despilfarrando, é un día menos que lles queda no poder, ata que sexas o presidente da Deputación. Eso si, vas atopar as cousas feitas un desastre, pero demostraraslles o que é gobernar, e o que é ser un bo político, que estes non teñen nen idea.
Inda menos mal, que o goberno de Feijóo, mostrou un gran interesse pola nosa provincia, deixando de ser a marxinada da nosa comunidade autónoma, e cando teñamos un dos mellores hospitales de España, a ver que din, porque destes xa me espero calquera cousa.
Supoño que é difícil traballar con cifras, con orzamentos... Pero é que se hai unha boa xestión, non teñen que pasar semellantes cousas, non é tan difícil, manipular os números porque se te equivocas, sabes que algo fixeches mal. Se non o saben facer que se vaian, porque a incompetencia que mostran cada día aumenta a pasos axigantados.
Coido co que estamos padecendo na Deputación, xa o padecemos con anterioridade no goberno do bipartito na Xunta de Galicia, mais daquel a cidanía deu a resposta contundente mandándoos para a oposión que é no sitio de onde nunca deberon saír. Tranquilo, Barreiro que a estes quédalles pouco. Pero recalco que se os Concellos o están a pasar mal, pois imaxínate nós.
A conclusión segue a ser a mesma de sempre, e a solución tamén.
Con este gobernando, como diría Ezra Loomis Pound “Gobernar es el arte de crear problemas con cuya solución mantiene a la población en vilo”.
Por certo logo chegan as festas do San Froilán, e non vou ter piedade á hora de criticar os acontecementos musicais, porque van dar que falar e para rato, o concerto de Placebo que paga unha parte a Xunta, en fin... Teñen a unha tal Nuria Mundiña, que din que leva a Área de Cultura, e máis a unha tal Rosana Rielo Rozas, que din que leva a Área de Xuventude. Vaia panorama...”oh future world There´s nothing left to save, they blew it all away. Future world tonight we´re riding on, the final scape” Paul Christensen (vocalista da banda de Rock, danesa, Pretty Maids)



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

omnium dijo...

Quienes durante tantos años dijeron que la Diputación Provincial podía estar mucho mejor administrada de lo que estaba (y quizá no les faltara razón, en algunas cosas) baten ahora todos los récords de despilfarro. Nada fuera de lo esperable.

Equipo de gobierno sobredimensionado. Asesores por todas partes. Dedicaciones exclusivas o parciales a tutiplén. Coches oficiales para todos. Es cosa sabida que el gran agujero negro de la Administración Pública española está en sus niveles inferiores, en las Administraciones Provinciales y Locales. Justo es reconocer que este no es un problema exclusivo del PSOE, y que no lo han inventado ellos. También hay que dejar bien claro que, sin haberlo inventado, el Sr. Besteiro y los que con él comparten el Gobierno provincial se apuntan a engordarlo con auténtico entusiasmo.

Esperemos que las próximas elecciones supongan un auténtico punto de inflexión. Que sean el final, no sólo de la época de Besteiro, que pasará sin pena ni gloria (mucha imagen y poquísima gestión), sino de vicios arrastrados durante años, que esta gente no ha hecho más que aumentar.

No es sencillo. Para convertir la Diputación de Lugo en una Institución eficiente habrá que pisar muchos callos. Esperamos y confiamos que José Manuel tendrá la fuerza y la voluntad para hacerlo. Es hora.

sila dijo...

Aquí la situación es clara. Compañeros de gobierno en la Diputación, el PSOE y el BNG.

Del PSOE, poco que sorprenderse. En cualquier Administración a la que llegan, la mecánica siempre es la misma: disparar el gasto hasta las nubes. Coches, asesores, subvenciones, chiringuitos administrativos paralelos, colocación de toda la parentela y toda la "colegada" política, lo que haga falta. "El dinero público no es de nadie", dijo la entonces Ministra Carmen Calvo. Pocas frases resumen tan bien la ejecutoria política de un partido.

Lo del BNG es más curioso. ¡Que desaparezcan las Diputaciones, dicen!. Eso sí, mientras no desaparezcan, ¡disfrutémoslas!. ¡Hay que tener cara!. Y no se quedan atrás con respecto a sus compañeros de Gobierno. Los años pasados en el bi-partido o bi-gobierno, o lo que fuese, de la Xunta, les han enseñado mucho, y ahora también son maestros del despilfarro.

Espero que el electorado ponga fin a estos desmanes. Son lujos que, especialmente en estos tiempos, no podemos permitirnos.