miércoles, 6 de octubre de 2010

En caída libre

A folga xeral do pasado 29 de setembro foi, cando menos, atípica.

Pasando por alto o habitual debate sobre a prevalencia do dereito á folga ou ó traballo e mesmo a actuación dos denominados piquetes informativos; pasando tamén por alto a desigual e discrepante valoración do seguemento acadado en función de quen faga o balanzo, todo nesta movilización rompe os cánones que poderían considerarse normais neste tipo de situación, aínda que facendo constar, claro está, que unha folga xeral é, de por si, exponente irrefutable da anormalidade que vive un país.

Principiando polo feito de que o anuncio da convocatoria fíxose dous meses e medio antes da súa celebración, pese a levar arrastrando máis de dous anos os efectos da crise e da nefasta, atolondrada e zigzagueante política económica do Goberno Zapatero que, entre outras consecuencias, situou a taxa de paro por riba do 20 por cento, o dobre da media da Unión Europea; e que desenvolveuse despois de que entrara en vigor a reforma laboral, aprobada por decreto, e que, en teoría, foi o detonante do enfado sindical; e continuando co tamén innegable feito de que os reconvertidos en brazo executor do malestar cidadán foron cómplices necesarios e silenciosos do malfacer dun goberno e dun partido, que se autopresenta como garante dos dereitos sociais pero que se erixiu como o que máis atentou contra eles durante a etapa democrática, a cousa xa pinta rara.

Pero máis incongruente e inaudito resultan as valoracións que, a toro pasado, fixeron dende ambas bancadas e nas que flotaba un evidente tufillo a pacto tácito de non agresión. Nin para ti nin para min, e así, ambas partes, momentáneamente menos amigas para salvar as apariencias, creen que nadaron e gardaron a roupa en lugar seco e seguro. E continuando neste marco inverosímil e paradóxico, Zapatero perxura que non dará marcha atrás nunha reforma laboral que non contenta a ninguén e a ministra Salgado recoñece que os cambios introducidos nesta materia non se traducirán nunha mellora sustancial na nosa situación económica na que o control do déficit é prioritario e moito menos unha rebaixa da taxa de desemprego senón que, moi ó contrario, agarda un incremento.

A folga xeral, como xa advertíamos dende o Partido Popular, non vai cambiar nin mellorar nada. Máis ben suporá unha pedra máis no xa tortuoso camiño no que estamos inmersos porque, non nos enganemos, esta movilización costou moitos cartos. E non estamos para permitirnos despilfarros.

A actuación de Zapatero e o seu goberno é un disparate. Case ninguén ten dubida sobre elo a estas alturas. É, á vista do efecto das medidas adoptadas (suba de impostos, reforma laboral…) queda demostrado que os seus pretendidos remedios, lonxe de arranxar nada, agravan a situación. Frenar esta caída libre é imprescindible e, sobre todo, tremendamente urxente.

7 comentarios:

Sara Torres dijo...

O da folga foi un engano dos sindicatos e do goberno. Foi unha folga amañada, orquestada por aqueles que levaron a que os españois sufriramos os maiores recortes sociais da historia da nosa democracia. O goberno socialista co silencio dos sindicatos dilapidou o benestar social dos españois.

Anónimo dijo...

O peor do asunto é que a propia reforma laboral non vai servir para nada, é un pouco de chapa e pintura nun coche que ten o motor gripado. Dos sindicatos mellor non falar, son uns paniaguados que tiveron que facer un paripé. Mentras ZP continue na Moncloa os parados medrarán, é unha nova lei da física.

omnium dijo...

La hoja de ruta de Zapatero y el PSOE se mantiene: la transformación de España en un país políticamente similar al México del Siglo XX. El PSOE haría el papel del PRI, y los diversos partidos nacionalistas serían el complemento necesario. Lógicamente, también son un aditamento imprescindible unos sindicatos debidamente domesticados, que mantengan adecuadamente encauzadas las presiones sociales que puedan generarse.

¿Les parece una locura, lo que digo?. Recordemos, no hace tanto, el "cordón sanitario" contra el PP, la sañuda persecución contra todo aquel opinador que se salga de lo políticamente correcto, el linchamiento mediático al que se sometía hasta hace poco al que osara discutir el sagrado credo progresista...

Como decía, la hoja de ruta se mantiene. Se han adoptado algunas medidas en el ámbito económico, pero únicamente porque la presión internacional ha puesto a Zapatero entre la espada y la pared. Si no fuera por dicha presión internacional, seguiríamos igual, aunque fuéramos directos a la ruina. A Zapatero no le importa tener una España arruinada, si también es una España dominada.

El enfrentamiento a los "sindicatos amigos" es totalmente ficticio, ya que todos forman parte del mismo y siniestro conglomerado. A ninguno de ellos les importa un bledo el interés de los trabajadores; lo único que quieren es defender sus miserables intereses políticos y sus prebendas personales.

Es urgente, muy urgente, que terminemos, mediante las urnas, con esta deriva infernal. Cuanto más se tarde, peor será el problema.

mateo dijo...

Lo de la huelga fue un aténtico paripé de los sindicatos mayoritarios. ¡Vergonzoso!
Mientras continuemos con este gobierno de ineptos, incapaces, ineficaces, ineficientes, improvisadores, inconscientes... seguiremos en caída libre.
Gracias a esta pandilla de iluminados, nos va como nos va.
Lo último, los presupuestos. ¡Acojo...!
Los Presupuestos presentan los mayores recortes sociales de la historia:
El gobierno socialista ha reducido un 8% las partidas destinadas a políticas sociales precisamente cuando más falta hacen para los hogares españoles.
Zapatero o, lo que es lo mismo, ZParo, no tiene dinero para: -Sanidad: reduce un 8,2% el presupuesto.
-Servicios Sociales: recorta un 8,1% el presupuesto.
-Educación: reduce un 8% el presupuesto.
-Vivienda: recorta casi un 20% el presupuesto, suprimiendo las ayudas.
-Fomento del empleo: reduce un 5,5% el presupuesto.
Unos presupuestos "austeros" ¿no creeis?
Pero sí tiene dinero para conservar ministerios innecesarios y mantener el mayor número de altos cargos en el gobierno.
Esta es la política del ilustrísimo señor ZParo. Y lo que nos rondará morena.
Felices Fiestas de San Froilán.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Completamente de acordo cos comentarios anteriores, os datos e números falan por si mesmo. É un asusto bastante complexo, e bastante difícil de entender, porque pode lerse dende moitos puntos de vista. Unha cousa está clara, cando hai e se produce unha Folga Xeral, é que algo marcha mal. Os Sindicatos fixeron un paripé digno dos monologistas do Club da Comedia. Casándose con todos e divorciándose ao mesmo tempo. O da Reforma laboral, de pena, e a actitude que tomou o goberno, pésima. Eu respeto o dereito á Folga, porque é un dereito constitucional, e antes de chegar ao 28 de Decembro do 1978, correron ríos de sangue para defender a liberdade. Por eso respeto dito dereito, como tamén o fago con aqueles que non esteñan de acordo e decidan traballar, xa que o dereito ao traballo, tamén é iso, un dereito.
Aprobeitando dita confusión, cando un ten a súa historia particular e persoal. Uns foron coacionados, outros ameazados... O que nunca respetarei nen defenderei, é a actitude levaba a cabo polos sindicatos, a actitude vergonzosa de CC.OO e U.G.T. que semellaban que ían a unha batalla campal, tal estivísemos na Alemaña do 1934. Xamais se poden xustificar os actos bandálicos nen os danos producidos. Qué hai de noble en pintar, en romper ou en queimar mobiliario urbano. Mobiliario que pagamos todos/as. Non leades pintadas mal escritas en paredes, lede libros.
Que arrastremos como burros de carga unha crise económica de tal magnitude, e que tocou tan de preto a tódolos fogares, unha crise que levou con ela os famosos ERE e as suspensións de pagos, unha crise que se cebou coa pequena e mediana empresa, unha crise que arrastrou ao fondo do fango a máis de 5 millóns de persoas, que están sen emprego. Todo eso arrastrámolo durante máis de 700 días, e é lamentable que se convoque unha Folga Xeral 75 días antes da súa celebración, e que tivesemos que chegar a unha situación límite, para que os sindicatos alzasen a súa voz. Eso sí, a súa maneira, como sempre e para non variar.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Todo esto agudízase con máis datos e cunha factura superior aos 30 millóns de euros, que é o que custou a Folga Xeral. Que no medio dela houbese piquetes, que en vez de informar se adicasen a outros menesteres, é algo que tamén cómpre analizar.
É unha Folga, que desgraciadamente non vai arranxar nada. Non vai arranxcar a nefasta xestión do señor que está na Moncloa. E tódolos datos ou estadísticas de manifestantes, o de se foi un éxito ou un fracaso, é o de menos. Porque desgraciadamente, seguimos estando igual ou un pouquiño peor ca antes, e non se vén trazos de melloría. E semella que ninguén se dá conta delo.
Chegados estes momentos só me importa a realidade, só me interesa o que é entendible, accesible, perceptible e que forma parte da nosa vida cotiá. Só me interesan as historias reais de xente e familias que o están a pasar mal, só me interesa a cruda realidade que estamos a padecer. Os discursos políticos, neste momento, son verbas cándidas que van parar ao fondo da máis profunda e absoluta NADA. Son palabras baleiras, que non significan NADA. Cos maiores recortes sociais, coa economía bicando na boca á agonía, cunha taxa de paro que non baixa, cunha realidade política semellante a unha comedia da Warner Bros, en difinitiva con ZP e as súas ideas e propostas, vamos ou seguimos en caída libre.
Iso é o que se saca en claro da Folga, unha capacidade nula para resolver calquera conflicto político que poida xurdir. Unha manipulación levada a cabo por sindicatos, e unha situación igual ou peor que horas antes da Folga Xeral. Con propostas e solucións así, sigue sendo peor o remedio que a enfermidade.
“Hoy, a dicho la television
que el señor alcalde se ha ido de botellon
que el pan en africa es gratis
que por la tarde va a llover
que el campo volvera a ser verde
otra vez...
Y en la calle lo de siempre,
mucho ruido de coches, de gente
que se cruza indiferente
Y en la casa todo es frio
el invierno en pleno agosto
se vino y ahora vive conmigo” (Rulo, exvocalista e exguitarrista da banda de rock La Fuga). E en torno á Folga Xeral acontece o mesmo, para os sindicatos foi un éxito, algo que cambiou a historia, unha folga ben feita e ben executada, pero para a xente de a pé, todo sigue igual cá antes da mesma. E mentras tanto o goberno de brazos cruzados. Elbert Hubbart, dicía “La mentira es un triste sustituto de la verdad, pero es el único que se ha descubierto hasta ahora”, e desgraciadamente eso é o que fixo o goberno durante estes anos sustituír e ocultar a realidade e a verdade, porque non saben facer política doutra forma. E eses son os que nos están a gobernar… Como non imos a ir en caída libre…



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Esquerda en Foz dijo...

Hola hola amigo Barreiro!!


Parece que o gusto polo bo cine é o unico que nos une. Boa decisión A lista Schindler, grande Spielberg!

Pero eu son máis de Kubrick, e de La Naranja Mecánica.

Pero tranquilo, porque eu, no meu papel de Alex Delarge, abandono a ultraviolencia para aplicar, como xa lle comentei ó teu amigo Javier Jorge Castiñeira, a ultraveracidade escrita.

Asique pásate polo meu blog, e disfruta. Un saudo.