lunes, 18 de octubre de 2010

Prohibido criticar

A soberbia non é boa conselleira. Para ninguén, pero moito menos para un político, máxime se ten responsabilidades de goberno e, polo tanto, a obrigación de responder sobre o que fai (ou non fai) ese goberno.

Non lle gustou a José Blanco que Agustín Hernández lle reprochara a falta de garantías sobre os prazos de execución dalgunhas infraestructuras de competencia estatal, concretamente da “indultada” Autovía do Cantábrico. Pero por moito que o penso non sei qué foi o que puido molestar ó ministro. É ou non é verdade que pola A-8 tíñamos que estar xa circulando dende hai moito tempo e que, se o Sr. Blanco non dispensa algunha nova indulxencia, tardaremos cando menos catro anos máis en facelo?

Pode que Blanco, imbuido de arrogancia, perdera a perspectiva e esquecera que o deber dun representante político é defender os intereses dos cidadáns ós que representa. Como el non exerce tan cometido, nin no Congreso nin no consello de ministros, cree que o seu proceder ten que sentar cátedra e marcar tendencia. Coido, nembargantes, que está errado. As cousas ben feitas reciben parabéns; as que se fan mal, críticas. Así foi, así é e así será por moito que lle pese a el ou ós que pensen coma el.

Pretendenderá o Sr. Ministro e deputado por Lugo que cando poña o pe nesta provincia lle fagamos a ola pese a incumplir sistemáticamente os compromisos que, ó longo dos anos da súa dilatada carreira política, foi adquirindo por estes lares ou por calquer outro recuncho da xeografía galega ou mesmo nacional?

Xa me temo, tendo presente o mal que semella encaixar as críticas, que José Blanco, seguindo o exemplo de Rodríguez Zapatero, propoña a elaboración dun protocolo que fixe o proceder e o contido dos discursos durante os actos oficias nos que el participe.

Nin críticas nin abucheos. Prohibido por lei. Non vaia ser que o ego de alguén se vexa mancillado. E de paso, e xa que estamos inmersos na política do absurdo, os socialistas tamén poderían regular a manifestación pública de sentimentos. De entrada, nin aplausos nin pataleos. Non cabe dúbida que a expresión do cabreo xeral desluce moito as fotos.

9 comentarios:

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Dicía Francisco de Quevedo que a soberbia era un arquitecto ruín, xa que pon os cementos en alto e as tellas nos cementos.

Algo semellante lle acontece a José Blanco, cando alguén critica a súa proposta política que se achega máis a unha república bananera que a un país serio, como é este. Ese desexo que mostra contanstemente de ser (ou querer ser) o mellor, xunto coa satisfación da súa propia vanidade, e a do seu ego, son os matices que o marcan como político.

E isa arrogancia xa a mostraba antes de ser Ministro, cando era Secretario Xeral. Quizais tanta arrogancia e tanta soberbia sean innatas nel, como diria Karen Horney.

Mais o certo é que cada vez que abre a boca para intentar expresar algo ou rebatir algo, acaba sendo prisioneiro das súas propias verbas. Xa non é só que non acepte as críticas, senón que pon a súa verdade como a verdade absoluta, sen que haxa marxe para outras opinións.

Blanco non representa aos cidadáns, é unha representación barata dos seus discursos inacabados e das súas promesas esquecidas nos caixos dos programas electorais socialistas. A súa carreira política (discutible e debatible) vai estreitamente ligada coa de ZP.

Polo que cando o señor ZP abandone, coa cabeza baixa e facendo o ridículo máis absoluto que se pode facer en democracia, a Moncloa. José Blanco, esfumarase ao igual ca súa carreira política.

Simplemente é cuestión de tempo, por facer un simil ao igual que eses grupos de música de moda, que sacan dous ou tres discos, comerciales que saen nos 40 principais e que despois se desfán e desaparen para sempre sen deixar nada para a historia da música.

Pois eso mesmo lle acontece aos señores que están na Moncloa. José Blanco tiña que pedir moitas veces perdón ou rectificar moitas das súas palabras, así tirando de hemeroteca pois dende a saída de tono coas Centrais nucleares en Palas de Rei, ata cando veu fai dous anos polo San Froilán, facer o paripé para pór a primeira pedra da ponte romana, ou pasando polo tema das infraestructuras. Pero em fin... Poço a pouco foiselle quitando a máscara, bueno encargouse el de sacala, para mostrar as carencias dun político acabado e sen ideas, ao igual co seu xefe.

A improvisación está moi ben cando se trata de tocar Jazz, pero cando facemos política, “Querido”, José Blanco, non é o camiño a seguir, porque te pos en evidencia e en ridículo, constantemente. E ademais de xeito, dito sexa de paso, bastante lamentable.

Eidentemente, se cree, que cando veña a Lugo, se lle vai recibir com honores, pois está bastante trabucado, tanto el, coma os “asesores” que os rodean.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Falar de José Blanco, é falar de incompetencia, de mentira, de soberbia, de arrogancia, de orgullo barato, de improvisación constante, de mala xestión, de saber estar sen estar, de desconsideración, de falta de respeto, de falta de humildade, de falta de sencillez... falar de José Blanco, é simplemente falar de política absurda e barata. Moi bem como feriante moi mal como representante dos cidadáns. Falar de José blanco e ver nel, como se dun espello se tratase, tódalas carencias políticas que ten o PSOE.

Ese é José Blanco, esa é a política que defende e proclama, cuxos ingredientes básicos son a mentira e a improvisación constante. Titulas ao artigo, Xosé Manuel, “Prohibido criticar”. Efectivamente. Pero vano ter difícil, porque como non nos arrinquen a língua, vámolo a seguir facendo ata que se vaian ao lugar de onde endexamais deberon sair, á formar parte da Oposición, que ali desempeñan moi ben o seu papel político.

De momento que aprendan, porque os do PP, temos recursos suficientes como para espirnos coas palabras, e saber dicir o qué dicimos, como o dicimos e o por qué o dicimos. E criticaremos ata chegar ao final do camiño, que será o dia no que abandonen a Moncloa, para deixar paso a políticos de verdade, e non marionetas de feria, que van e veñen ao igual que as veletas nunha noite de inverno.

Aprobeito, Xosé Manuel, para felicitar a todo o PP, e a ti en particular pola magnífica pulpada, e polo teu discurso nela, sempre cheo de verbas sabias, e sempre cheo de verdades.
Sempre se aprende algo cando ti te dirixes a nós. Moitas gracias por elo. Por transmitir todo o que transmites.
Non cabe dúbida que a xente apoiou ao noso Presidente, Alberto. Mostrou todo o agrarimo e apoio a Jaime para que sexa alcalde, e mostrou o agarimo e apoio para que ti, Xosé Manuel, ocupes a presidencia da Deputación. Entre todos/as farémolo posible. E despois que sigan prohibindo criticar, bueno daquela prohibiran prohibir.
Non escribo ningunha frase para a reflexión de músicos de Rock nen de Heavy, porque tanto o rock como o Heavy, segen de luto
“Refinada soberbia es abstenerse de obrar por no exponernos a la crítica”. (Miguel De Unamuno).


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

José Ángel dijo...

O amigo Pepiño non e quen de encaixar críticas porque o home está nunha nube. Non é de extranar para alguén que, estando toda a vida en política, non acadara nin a alcaldía na súa vila natal, Palas de Rei.

Agora vese Ministro de Fomento e alardea de que é o Anxo da Garda de Galicia, o único ministro galego que trae infraestructuras para Galicia.

Nunha cousa ten razón, é o único ministro galego de fomento, e o pouca que trae á súa terra, ven tarde, mal e arrastro.

Eu son dos que seguen dubidando da súa "capacidade", e son dos que di que ser ministro do peor goberno da Democracia neste país, non é motivo de honra nin moito menos.

Ser comprice do desgoberno de Zapatero, dos que nos meteron na peor crise dos últimos anos, mentindo, chamando antipatriotas a quen dicía o que se aveciñaba, ser fiel escudeiro de ZP, é para caerlle a un a cara de vergoña. Pero claro, este Pepiño se non vive da política a que se vai adicar?

Agora tamén pretenden que non falemos, que non se lles asubie, que non se lles critique..., queren que mexen por nós e que digamos que chove.

A estes socialistas, definitivamente perderon o norte e temos que facer o posible para que tamén perdan o sur, o leste e o oeste, porqué senon imos a pique.

Sara Torres dijo...

Pepiño Blanco podese xuntar co noso alcalde o Sr. Orozco, que son lucenses pero nin un nin outro defenden os intereses dos lucenses. Pepiño paraliza a A8, seguiremos sen autovia, e Orozco pon atrancos na cidade a Xunta de Galicia para que retrase os proxectos na nosa cidade como o transporte metropolitano, o Plan Paradai, o Auditorio...

omnium dijo...

No creo que sea, precisamente hoy, un gran día para nuestro glorioso Ministro lucense. La remodelación del Gobierno le deja en una posición, en apariencia, muy debilitada, frente a lo que se esperaba y deducía (quizá de sus propias palabras y maneras, más propias de un virrey).

Parece que las formas despóticas se guardan para los actos institucionales con representantes de Administraciones gobernadas por partidos distintos. Ahí no hay ni el más mínimo rastro de "talante".

A nuestra provincia, en particular, creo que ni le van ni le vienen los altibajos de las acciones "blanquistas" en la bolsa del poder socialista. Si cuando estuvieron muy altas, no nos benefició, menos podremos esperar, ahora que tales valores parecen caer. No quiero, no puedo... el efecto es el mismo.

Viveirés dijo...

Non é a miña intención defender ao ministro, válgame dios, pero eu creo que moitos no PP (comezando por vostede) terían que estar calados á hora de falar desta autovía, non sei se indultada, pero si mal chamada do Cantábrico. Os veciños da Mariña Occidental (división en tres que se fixo para colocar en tres chiringuitos a tres antigos membros organicos do PP mariñao, entre eles un alcaldable agora) non esquecemos como a Xunta gobernado daquela polo PP de Fraga obviu ao pobo máis grande da comarca e á fábrica máis importante da provincia, así como a un dos portos máis importantes do Cantábrico (Celeiro, ou como apoian vostedes, Cillero), para levar a Transcantábrica monte arriba.

De que cara... falará o señor Agustín Hernández? Onde van o señor Balseiro e toda a tropa que se manifestaron esixindo prazos para o corredor San Cibrao-Ferrol? Cando se vai rematar, no 2025?. A que vén cambiar o treito que se corresponde coa variante de Viveiro? Por que se quere afogar a Viveiro (ou Vivero, como prefira)? Temos os viveireses a culpa de ter a Roel de alcalde e por iso temos que pagar quitándonos o noso porto deportivo para darllo a unha empresa privada sen concurso.

Señor Xosé Manuel Barreiro, aínda que lles pese moito, poderán quitarnos o Hospital (unha auténtica puñalada no corazón) e moitas outras cousas da Mariña, pero o mar a Lugo nunha chegará e os vilalbeses (mal que lles pese) nunca se bañarán no Cantábrico sen saír do seu municipio, aínda que por alí acabe pasando a "Autovía do Cantábrico".

Viveirés dijo...

O señor ministro de Fomento é un vainas, claro que si, e máis que un bólido parece unha escopeta de feiras, pero vostedes teñen pouco do que presumir.

E que algún dos seus acólitos fale de que o ministro é un incompetente e que non podería facer outra cousa que chupar do bote porque non está preparado... Home, por favor, canto trepador hai no PP da provincia. É que me deixan vostedes tetrapléxico (célebre frase dun coñecido diputado popular da Mariña). Deixen de mirarse ao embigo, que poderán enganar aos vellos, pero aos que analizamos as cousas non, ou?

Atentamente:
Un viveirés cansado de que o PP tente afogar o meu pobo para recuperar a alcaldía.

mateo dijo...

O PSOE está sendo a perdición do noso país.
Agora queren facernos creer que por unha remodelación de goberno imos saír dos lodos nos que nos meteron.
Quen pode creer a esta panda de ineptos que están a destruir o emprego, as arcas públicas a base de decisións improvisadas e propagandísticas.
ZParo Vaite Xa!!

sila dijo...

Se aproximan las elecciones. Esto es una obviedad, pero un conocedor de la realidad política española podría apreciarlo aunque no tuviera calendario.

Los movimientos en el PSOE no precisan de gran profundidad en la interpretación: de un lado, se remodela el Gobierno (lo pongo en impoersonal porque dudo que haya sido cosa de ZP), poniendo "de facto" al frente del mismo a Rubalcaba, especialista en la gestión de las fases terminales del poder socialista. De otra parte, el Ministro Blanco saca el "doberman": otra vez se asocia al PP con el franquismo, otra vez se hacen las más groseras alusiones a la vida personal de sus dirigentes...

Nada nuevo bajo el sol. La maquinaria de poder socialista, incomparable en estas lides, se prepara para sepultar (o intentarlo, al menos) la realidad bajo un inmenso montón de basura. Tratar, por todos los medios, de que el ciudadano olvide que la gestión de José Luis Rodríguez Zapatero lo ha vuelto a conseguir: retrotraer a este país a las peores cifras económicas de los años 90.

Y para ello, ya puede ir preparándose el PP, porque se recurrirá a todo tipo de tácticas: limpias, menos limpias y absolutamente deleznables. Lo que haga falta.

Al PP le espera un duro camino, ya que ha de exponer su programa con serenidad, sin entrar a las provocaciones que se encontrará a diario. Esperemos estar a la altura. El país lo necesita, aunque muchos siguen sin enterarse.