martes, 4 de enero de 2011

Non estamos para parches

Os socialistas teñen un xeito peculiar de entender a política, unha visión diferenciadora que, cando gobernan, fieis a eses particulares principios, non teñen ningún reparo en poñer en práctica.
O plantexamento é simple, ante unha situación complicada, optan pola saída máis rápida e fácil; e os problemas aparellados que elo conleve, que os resolvan outros. A filosofía, a grades rasgos, é esa. Práctica e cómoda, pero ineficaz á hora de atallar problemas.
Levamos meses constatando o progresivo deterioro económico do país; e mesmo a colocación de parches que, ou contribúen a deteriorar un punto máis a situación ou xeneran un novo conflicto á xa longa lista existente, pero que nada resolven.
Creo que non é preciso facer mención á retahíla de indicadores negativos que nos hostigan por todos os flancos. O que máis e o que menos ten preto o espello onde mirarse.
A lacra do paro é, sen dúbida, o peor de todos. A Deputación de Lugo, tras moitos meses inactiva nesta materia, coma noutras moitas, ven de aprobar un plan de emprego que, durante seis meses, xusto ata despois da celebración das vindeiras eleccións municipais, persegue dar un efímero resplandor ós que se atopan na desafortunada situación de non ter emprego.
Nin creo nin comparto este tipo de accións, que non dubido tampouco en calificar de oportunista, dada as circunstancias que creo que ninguén será tan inxenuo de obviar. E ata de inmoral, polo feito de tentar xogar cunha necesidade, que despois da saúde, é básica para todos e cada un de nós.
Feitas estas puntualizacións inciais, xustifico o rexeitamento deste plan con dous argumentos: polo xa mencionado oportunismo que desprende a medida, máxime tras rexeitar sistemáticamente durante meses todas as propostas que dende o PP fixemos tanto para promover o emprego como para dinamizar a actividade económica respaldando os nosos sectores productivos básicos; e porque a iniciativa non contribuirá a crear postos de traballo estables e de calidade.
En tempos de crise como os actuais, propiciar a xeración de emprego con futuro e impedir a destrucción dos existentes é prioritario. E pola coiuntura na que estamos, acadar ese obxectivo require a colaboración e coordinación de todas as institucións. Nembargantes, o apoio da Deputación brila pola súa ausencia no desenvolvemento do Plan Impulsa, por poñer un exemplo. E eso que ata o momento permitiu afianzar un par de centos de empregos.
Ó fin, o sector empresarial e a sociedade no seu conxunto están a apremiar ás administracións para que fagan a mellor xestión posible dos recursos existentes; que se faga máis con menos, e que ese “máis” redunde en beneficio de todos os cidadáns e non das persoas que dirixen as institucións.
De calquera xeito, non están os tempos para despreciar ningunha posibilidade, por moi limitada que esta sexa e mesmo aínda que o fin para o que foi diseñada responda a intereses ben distintos ó acotamento da lacra do paro. Por eso, os alcaldes do PP decidirán, en función das peculiaridades dos seus respectivos concellos, si consideran oportuno ou non sumarse á proposta feita dende a Deputación. Proposta, insisto, cargada dunha intencionalidade moi distinta á que sería desexable. Un inconsistente parche máis salido da factoría socialista co beneplácito dos seus socios de goberno.
En calquera caso, agardo, dado que encetamos ano, e en aras de impregnar o 2011 da prosperidade que todos desexamos e necesitamos, que o compromiso e a responsabilidade se impoñan no quefacer de cada unha das administracións.
Con esa esperanza, desexo un feliz ano para todos.

8 comentarios:

JTIRIMOL dijo...

Lamentablemente, todo sigue igual, igual de mal, dá o mesmo cambiar de ano que non cambiar, o que hai que facer é; cambiar de Goberno, xa que con este temos que finxir ser felices ata raxar a última folla do calendario, un ano máis…
O ano que nos espera, mirando as estadísticas, os números, pois será peor co anterior, ZP colleu un país, nun estado de boa bonanza e ben herdado por Aznar, o seu primeiro ano, non hai moitos reproches, a cousa torceuse cando hai que tomar decisións importantes e careces desa capacidade, e inda por riba estás mal asesorado e non atendes a consellos axenos ao teu entorno. E se a iso lle sumas o inicio da crise Financiera, a cousa acaba como todos sabemos. Cando xurdiron os problemas, baseou todo nunha constante improbisación, máis tarde para tapar outros temas, facía cortinas de fume, véxase os 400 euros, o cheque bebé, o tema do aborto... Despois volveu á improbisación constante, continúa, paulatina e progresiva, e ao querer enderezar o que os socialistas se encargaron de torcer, pois torcérono máis. E o timón do barco político quedou a deriva, máis todavia, cando medio equipo de goberno dimite e se rodea de persoas totalmente incapacitadas para desempeñar a función de Ministros/as e estar en calquera Ministerio. Sendo José Blanco (a mentira permanente, e a promesa non cumplida) a súa man dereita e ao mesmo tempo o seu escudeiro fiel, a cousa tornou a peor, e agora á improbisación, unense os ataques gratuitos, as promesas non cumplidas, as mentiras e os parches. Eses parches, dos que ti moi ben falas, e que van empregar para seguir ocultando a realidade e para facer unha campaña sucia e tentar quedarse no goberno o máximo tempo posible, pero eso os/as cidadáns xa non nos cola.
O estudo da variedade de problemas fundamentais e cotiás, a cerca de cuestións que nos afectan a tódolos españois, é algo que os socialistas sempre negaron ou non quixeron ver.Non abordan os problemas, senón que experimentan con eles para tratar de tapar a realidade, porque, todo aquelo que existe independientemente da coinciencia do ser humano é algo axeno a este goberno, que anda polas nubes, nun mundo imaxinario, que eles mesmos se encargaron de debuxar e inventar, que para iso sóbralles o maxín, e a única forma, o único xeito de baixalos dese mundo será, mandánlos á oposición, a ver se así sentan os pés no chan, e ollan a realidade e o que fixeron con España. Porque se é de chiste, tirando a pena o do señor ZP, tamén o é o de Pedro Zerolo, o de Chaves, o de José Blanco, Trinidaz Jiménez, Rubalcaba, Chacón, Pajín... Ah!! E por suposto todas aquelas que van de Ministras, ou concejalas (véxase o caso de Lugo), de Cultura e non teñen nen idea da diferencia existente entre doom, dark e a poesia. Con este panorama, estarán orgullosos/as de ser o PEOR GOBERNO de toda a Democracia en España, xa que fixeron historia e cada dia síguena a fecer, eses/as si que deixan huella por onde pasan. Pero sabes unha cousa, Xosé Manuel, que sigan a pór parches, porque pouco lles queda. Un Feliz 2011 a todos/as e en especial a todos/as aqueles que visitan o teu blog e len os teus artigos.
“Si has construido un castillo en el aire, no has perdido el tiempo, es allí donde debería estar. Ahora debes construir los cimientos debajo de él”. (George Bernard Shaw)



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Sara Torres dijo...

Non se pode andar por libre en algo tan importante como a creación de emprego. Non se pode xogar coa xente desempregada que o esta a pasar moi mal, nin se pode comprar os votos. Non se pode facer parches cos cartos de todos. Non se pode invertir en vicipresidencias, dedicacións exclusivas, asesores os fondos públicos. Unha vez mais temos un goberno bipartito que esta a invertir en eles e non no pobo. Unha vez mais repitese a forma de facer unha política nefasta dun goberno sociolisto-nacionalista. Fixadevos no goberno da Xunta que reduciu asesores, altos cargos, coches oficiais e esta a facer mais con menos.

Anónimo dijo...

Feliz Año para ti también, José Manuel. Que el 2011 sea un poco mejor para Lugo, sobre todo en lo que al desempleo se refiere. Yo tengo dos sobrinos en paro, la mayor se marcha para a Alemania el mes que viene. Es ingeniera de caminos, allí si ha encontrado empleo. Es una pena que a estas alturas sigamos dejando marchar así a nuestros activos, y la provincia muriéndose de vieja. A ver quién va a pagar nuestras pensiones. Y mientras los del PSOE dilapidando el dinero de todos en su campaña electoral. Hacen lo mismo siempre y en todas las instituciones en las que tienen responsabilidades de gobierno, y aun hay gente que sigue sin caer de la burra.

Anónimo dijo...

Besterio maquilla as listas do paro na provincia e espera ter a xente traballando estes meses para a súa reelección. Non obstante eu teño dúbidas de que o consiga. A xente non é parva e sabe perfectamente que nuns meses Besteiro só será un concelleiro máis dun partido que cotiza á baixa, e na Deputación e incluso no Concello de Lugo gobernarán outros. Tempo ao tempo.

omnium dijo...

Yo, cuando las Administraciones Públicas aprueban "Planes de Empleo", ya suelo ponerme a la defensiva, porque está claro que el empleo que ha de sacar a este país del abismo de la crisis económica, no ha de ser creado por el poder público. Por la vía de incrementar hasta el infinito las plantillas de las Entidades públicas o de subvencionar directamente la creación de empleo, ya vemos a dónde hemos llegado. Lo que ocurre es que el ideario socialista es terco, muy terco; pero no tanto como la realidad.

Las Administraciones Públicas, desde mi punto de vista, lo que deben hacer es crear las condiciones para que el empresario privado pueda generar empleo. Y si ello se puede hacer sin dar subvenciones directas, que se convierten, en este país nuestro, en otra vía abierta para la picaresca y la corruptela, mejor.

Ahora bien, cuando el "Plan de Empleo", o lo que sea, de la Administración de turno, se aprueba pocos meses antes de unas elecciones, e incluye contratación masiva (y temporal, y breve) de personas con supuestas finalidades de formación o fomento de empleo, entonces ya no es que desconfíe, es que me dan ganas de carcajearme, por no llorar. ¿De qué se trata, de hacer un PER pequeñito, a nivel provincial y sólo en época preelectoral? ¿Tan mal está la cosa que hay que poner la red a recaudar votos con métodos que el PSOE y el BNG han criticado, toda la vida, cuando estaban en la oposición?.

El paralelismo de la conducta del bi-Gobierno provincial con el que, en su día, tuvimos que sufrir en la Xunta de Galicia, es total, en muchos aspectos. Confiemos en que el final sea también el mismo.

Anónimo dijo...

http://www.esradio.fm/gloria-lago-denuncia-en-esradio-la-campana-de-acoso-del-pp-de-feijoo-1276411921/

Javi dijo...

LLAMAMIENTO URGENTE A LOS SENADORES DE LA COMISIÓN DE ECONOMIA Y HACIENDA

El próximo martes día 18 de enero se va a presentar la enmienda 899 de la Ley de Sostenibilidad, que garantiza la continuidad de la refinería de Petronor-Repsol en nuestra marisma, en Muskiz, Zierbena y Abanto-Ciervana, durante 30 años más. Está en pleno centro de nuestro municipio, nuestros hijos hacen deporte junto a sus instalaciones y si hay un accidente grave no tenemos escapatoria posible. Llevamos años esperando la fecha del 25 de octubre del 2012, en la que termina la concesión que tiene sobre Dominio Público Marítimo Terrestre y más ahora cuando esta ampliando sus instalaciones con una Planta de Coque que seguro va a empeorar nuestra calidad de vida.
Siempre hemos confiado en el valor de la ley; la de costas de 1988, nos parecía algo así como la biblia y el día 21 de diciembre del pasado año asistimos incrédulos al espectáculo de la aprobación de esta enmienda en la Comisión del Congreso como un mero trámite, sin siquiera pensar en sus consecuencias para nosotros, los que estamos desde hace 40 años obligados a convivir con ella. Según la prensa, ha sido fruto de acuerdos previos entre el PNV y el PSOE, pero en las comisiones hay más partidos y nos preguntamos ¿Por qué nadie se ha opuesto?¿Por qué nadie ha planteado algún tipo de duda? Llegamos incluso a pensar que nadie se la leyó, así de triste.

Senadores: leed el contenido de la enmienda, recapacitad sobre el significado de trampear la Ley de Costas con este tipo de enmiendas, dejando las instalaciones más peligrosas y contaminantes en nuestras costas, mientras nos preocupamos en derribar los pequeños chiringuitos.
Y sobre todo, pensad en nosotros y nosotras, en nuestras generaciones futuras y el legado que les estamos dejando.

Javi dijo...

LLAMAMIENTO URGENTE A LOS SENADORES DE LA COMISIÓN DE ECONOMIA Y HACIENDA

El próximo martes día 18 de enero se va a presentar la enmienda 899 de la Ley de Sostenibilidad, que garantiza la continuidad de la refinería de Petronor-Repsol en nuestra marisma, en Muskiz, Zierbena y Abanto-Ciervana, durante 30 años más. Está en pleno centro de nuestro municipio, nuestros hijos hacen deporte junto a sus instalaciones y si hay un accidente grave no tenemos escapatoria posible. Llevamos años esperando la fecha del 25 de octubre del 2012, en la que termina la concesión que tiene sobre Dominio Público Marítimo Terrestre y más ahora cuando esta ampliando sus instalaciones con una Planta de Coque que seguro va a empeorar nuestra calidad de vida.
Siempre hemos confiado en el valor de la ley; la de costas de 1988, nos parecía algo así como la biblia y el día 21 de diciembre del pasado año asistimos incrédulos al espectáculo de la aprobación de esta enmienda en la Comisión del Congreso como un mero trámite, sin siquiera pensar en sus consecuencias para nosotros, los que estamos desde hace 40 años obligados a convivir con ella. Según la prensa, ha sido fruto de acuerdos previos entre el PNV y el PSOE, pero en las comisiones hay más partidos y nos preguntamos ¿Por qué nadie se ha opuesto?¿Por qué nadie ha planteado algún tipo de duda? Llegamos incluso a pensar que nadie se la leyó, así de triste.

Senadores: leed el contenido de la enmienda, recapacitad sobre el significado de trampear la Ley de Costas con este tipo de enmiendas, dejando las instalaciones más peligrosas y contaminantes en nuestras costas, mientras nos preocupamos en derribar los pequeños chiringuitos.
Y sobre todo, pensad en nosotros y nosotras, en nuestras generaciones futuras y el legado que les estamos dejando.