martes, 15 de febrero de 2011

Idas e voltas

Deberiamos estar acostumados, pero hai rutinas ante as que un nin pode nin dede sucumbir. En calquera caso hai que recoñecer que, a estas alturas, a ninguén extraña que de un día para outro ou mesmo ó longo da mesma xornada, Zapatero e os seus ministros vaian improvisando medidas segundo a reacción que causen as súas ocurrencias. A esas medidas seguen contramedidas e a éstas, aclaracións que invalidan os rectificados previos. Entre tal maraña de idas e voltas é difícil saber cunha mínima certeza, qué quere facer, e qué está a facer en realidade, o goberno deste país.

Primeiro avogaron pola fusión das caixas e esixíronlles un plan de saneamento en función das directrices marcadas polo Banco de España. Despois, acometidos os procesos de fusión, cambian as regras do xogo e, sen pudor, apostan pola bancanización desas caixas recén reestructuradas. E establecen, como condición ineludible, que dispoñan dun capital básico do oito por cento; días máis tarde, increméntano ata o 10 por cento. Eso sí, mantendo para os bancos un trato diferencial.

E non contentos con eso, obrigan a que ese novo proceso esté rematado dentro de oito meses, pese a que o acordo internacional de Basilea 3 fixa ese requerimento no horizonte de 2013, establecendo ademais no oito por cento o capital básico. Decataríase Zapatero e o seu equipo de que as súas decisións van causar un conflicto coas directrices marcadas pola Unión Europea a este respecto?

Dou por feito que si o saben, pero que non lles importa.

O seu proceder nos últimos meses, incluso nos últimos anos, atestiguan que cando as circunstancias os obrigan a dar solución a un problema que a súa inacción magnificou, crean dous ou tres colaterales.

Fíxense no caso de Cataluña. Hai un mes, Zapatero acusaba ás comunidades autónomas de disparar o déficit e incluso ameazaba cunha intervención de non correxirse esa situación. Agora descubriuse que todo aquilo só era una cortina de fume para tapar os seus propios erros. Permitirlle a Cataluña emitir débeda para que poida refinanciarse, pese a incumplir os seus deberes no que atinxe á contención do déficit, perxudica ás autonomías, como é o caso de Galicia, que si cumpriron. Agora, como é imposible conter a lóxica (e fundada) protesta do resto das comunidades, Zapatero opta pola máxima (tan consustancial ós socialistas) de onde dixen digo, digo diego.

Chamo a atención tamén sobre a pretensión (igualmente unilateral) do goberno do Estado de incumplir o acordo de financiación autonómica e de retrasar ata o 2013 o pago dos 806 millóns de euros que lle corresponden a Galicia. Como Zapatero está acostumado a que non lle saian as contas, pretende, coas súas artimañas, que ós demais tampouco lle saian, a ver si dese xeito logra minimizar a súa incompetencia. Acaso non sabe que a Xunta inclúe nos seus ozamentos as transferencias que agarda recibir do Estado?

E que lles vou dicir sobre a intención de recurrir ante o Constitucional o catálogo de fármacos, que lle supón a Galicia un aforro diario de 300.000 euros, pese a que o propio goberno central está a traballar na aplicación dunha medida semellante.

En definitiva, analizar racionalmente as actuacións do goberno de Zapatero é unha misión imposible.

41 comentarios:

JTIRIMOL dijo...

Esto explícase de xeito doado, toda a política do PSOE, dende fai tres anos ata a fecha de hoxe baseouse no feito de xerar e ao mesmo tempo no xeito de transmitir, ideas a través do maxín socialista, e á aplicación nula en recursos ou solucións, mostrando un domnio perfecto do que é a improvisación.
E de como mediante esa improvisación se pode gobernar, pero que ten unha duración e unha credebilidade que pouco a pouco foise esvaecendo, e agora xa o señor ZP non é o salvador, senón máis ben o villano tanto dentro como fora da súa formación política, algo realmente lamentable.
Lamentable pola pésima e mala impresión que se está causando en toda Europa. E moi ben, Xosé Manuel, coma sempre demostrando profesionalidade e tablas e defendendo os princípios ata o final. E sí señor, que a paisana de Ourense dea as pertinentes explicacións porque estamos ata as narices de ser sempre os perxudicados e ter que pagar unha e mil veces as consecuencias dunha xestión e dunha política que roza o absurdo.
Pero non só Elena Salgado debería dar explicacións, tamén o deberían facer Blanco, Rubalcaba, Cándida Matínez, Gaspar Zarrías, Soledad Cabezón Ruiz, Octavio Granado Martínez e o señor ZP anticipar as eleccións. E que sigan poñendo trabas a Galicia, que dese xeito hailles ir moi ben, aquí marxínase a todo o mundo, agás os que son afíns ao PSOE que se lles buscan tódalas facilidades do mundo para o que eles precisen. Iso si que o fan ben, mirar polos deles, mentras os demais temos que pagar a nefasta xestión económica e política. E que sigan marxinando a tódalas comunidades agás á burguesia catalana, que con esas medidas tamén lles hai de ir moi ben. Realmente lamentable, Tes razón; Xosé Manuel, deberiamos estar acostumbrados e ise é un gran e grave problema para toda a cidadanía, un nunca se pode acostumbrar á improvisación dun goberno central, porque senon apaga, colle as maletas e vámonos a unha illa deserta apartada da civilización. É así. Pero os despropósitos destes señores nen empezan nen acaban ahí. Dá igual que se trate da Política Nacional ou local, porque tan lamentable foi iso, como lamentable a carta de amor escrita por Orozco a Lugo, que resulta, Xosé Manuel, que agora temos ao “Alcalde” namorado. O xoves vén a Tirimol, a facer xa a precampaña (supoño), e se como ben dis é imposible analizar dun xeito racional as actuacións do goberno, xa non che quero nen contar as verbas cándidas pero envoltas en malicia e tonterías que rozan o absurdo do señor Orozco, eso sí que se escapa a calquera mostra de raciocinio. Dicía John Ruskin “Estoy convencido que la primera prueba de un gran hombre consiste en la humildad” E todos/as sabemos que é unha das moitas cualidades das que carecen os socialistas.





¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!

mateo dijo...

Canta razón ten o amigo JTirimol, fala cóma un libro aberto e por riba ten toda a razón.

Non nos pode coller de sorpresa a nefasta e improvisada xestión de ZParo e dos seus secuaces.

O panorama económico deste país está como está gracias a este profeta que falaba hai meses de que xa saían os brotes verdes (non sabía que tamén os había roxos), dese que tamén dicía que íamos crear emprego, dese que dixo dixo é o final....

A Sra. Salgado fai o que pode ou máis ben o que lle deixan, é dicir nada. Meréceme respeto por estar onde está pero dubido da súa valía ó fronte dun ministerio desta talla.

Podemos dicir que a política de ZParo está chea de IMPROVISACIÓN e de outros tantos nomes que comenzan polo "I". Pensade e sairambos moitos. Así podemos cambiar a "O" polo "I" dando PSIE e a cadaquén sairalle un nome axeitado a estes "Iluminados", por exemplo...

Anónimo dijo...

Moito me temo que, agás para protexerse das improvisacións de ZP, en España non se vai mover un só papel ata as eleccións xerais. Sento ser así de pesimista, pero que persoa sensata pode ter un mínimo de ilusión polo progreso económico e social co Goberno que temos?

Anónimo dijo...

Idas e Voltas, como un boomerang, eso e o que pasa con Barreiros, que ven coma un fogete cara tí Xose Manuel.

¿Vas dimitir?

JTIRIMOL dijo...

Xosé Manuel, que ben che vai quedar o sillón da Deputación, “La envidia en los hombres muestra cuán desdichados se sienten, y su constante atención a lo que hacen o dejan de hacer los demás, muestra cuánto se aburren”. “Arthur Schopenhauer” pouco máis que engadir.

¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!

Anónimo dijo...

Non te confundas JTIRIMOL que eu xa tiña carnet de AP antes de que ti naceras, pero a moitos do partido danos noxo o que está a facer en Barreiros o PP.
A dignidade e a moral e o primeiro para construir un futuro como partido, pero se Xosé Manuel Barreiro empeñouse en arransar o "problema" superando a Lei, da misma maneira as consecuencias terá que asumilas.

Tempo ao tempo.

JTIRIMOL dijo...

Hola señor Anónimo, non me confuno (ou trato de non facelo) e paréceme moi ben que vostede teña o carné de AP antes de que eu nacese, eu téñolle o de NN.XX. mais coido que iso non me empide relacionar cuestións e planteamentos epistémicos e morales, sacar as miñas propias conclusións e poder opinar sobre o que fixo e fai o PP, ainda que vostede me dobre ou me triplique en idade.
Evidentemente vostede, terá moita máis experiencia e polo tanto moita máis sabiduría ca min. Eu vívolle nunha aldea, no rural de Lugo e non lle estou en Barreiros, semella que vostede coñece o problema de primeira man, pero permítame a min mesturar a obxectividade e a subxectividade e máis o beneficio da duda. A moitos mozos/as tamén nos dá noxo o que fixo o PP e inclusive AP cando vostede tiña o seu carné.
E estou dacordo con vostede en canto a dignidade, e a iso de tempo ao tempo, pois iso mesmo, deixemos que o tempo nos diga se vostede estaba trabucado ou pola contra a miña opinión non foi de todo válida. Reciba vostede un saúdo e que pase un bo fin de semana.

Anónimo dijo...

No promentan más de lo que puedadn hacer .que estamos hartos de mentiras

Anónimo dijo...

Vexo Tirimol que tratas de educarte na escola política do PSOE, esa que permite chegar aos cargos de responsabilidade do partido e das institucións, a militantes da canteira, das xuventudes, co único aval de que extructuran correctamente discursos demagóxicos. (léase pepiño o Pajín.)

Cando un gobernante pacta cuns promotores que vai retirar uns contenciosos administrativos, sen esperar a que o Xuíz dicte sentenza, porque todas as partes teñen moi claro que esas sentenzas serán contrarias os promotores, e un acto inmoral, CONTRARIO ao que debe ser o Estado de Dereito nunha democracia. Se ademais se engana con medias verdades para retiralos, xa e un presunto delito.

E isto non so e democraticamente reprobable, sino que é de MISERABLES e da noxo, ver que ao mesmo tempo que "PERDOAN" as ilegalidades de Barreiros, fan escarnio na prensa cando lle derrumban a casa a un pobre home que non ten mais, que fica na rúa, porque non pode facer presión ante a Xunta, como os grandes promotores con Hipólito e Eugenio Corral ao frente.

Comoo te triplico a edade, de largo, vouche dar un cosello; Se te queres dedicar a política, deberías ter principios por bandira, como aquel que dí:
"Os dereitos e as obrigas han de ser iguais para todos os cidadáns".

O partido que queremos a gran maioría dos membros do PP debe rexerse por PRINCIPIOS non por DEMAGOGOS.
Hai unha corrente que medra día a día e xa hai moita xente en toda España á que non lle gusta este PP tan "descafeinado".

JTIRIMOL dijo...

Señor anónimo dáme a impresión que está vostede bastante resentido e os demais non lle teñen culpa, se vostede señor anónmo non chegou a NADA no mundo da política non me aluda a min, PARA XUSTIFICARSE, porque señor anónimo non ten vostede nen putísima idea nen a que me dedico, dediquei ou vou dedicar, así que debe ser vostede adiviño.

Tamén lle digo, señor anónmo que para falar de demagoxia, lea vostede os seus comentarios ou estude os escritos de Aristóteles. Outra cousa lle direi, NON QUERO DEDICARME A POLÍTICA, quédalle clariño, porque non me gustou nadiña os termos cos que vostede se dirixiu a min, nen nadiña o que insinuou.

Ademais os afiliados como vostede de AP non verían con vos ollos que un rapaz de pelo longo, pearcing e tatuaxes ocupase un cargo político. De sobra son vostedes coñecidos. E teño uns princípios que morrerei con eles, ou vaime decir vostede agora se os teño ou non?.

“Vexo Tirimol que tratas de educarte na escola política do PSOE, esa que permite chegar aos cargos de responsabilidade do partido e das institucións, a militantes da canteira, das xuventudes, co único aval de que extructuran correctamente discursos demagóxicos. (léase pepiño o Pajín.)” Non ten nen PUTA IDEA do que está a decir, pero unha cousa lle direi, TRABALLEI E TRABALLO MÁIS POLO PARTIDO QUE CALQUERA CARGO, PERO COn XENTE COMA VOSTEDE, DANLLE GANAS A UN DE QUIMAR O CARNÉ. E FALE DAS IRREGULARIDADES DO PP E DE AP CANDO VOSTEDE ERA MILITANTE????.

Se eu son Leire Pajín, vostede é un cruce entre Franco e Caharro Pardo. E a España na que vive vostede debe ser distinta á que vivo eu, xa que vostede, como é visionário, ve unhas cousas que os demais non podemos alcanzar a ver. Mostra, unha falta total e absoluta de entendemento, pero se este non lle veu de novo, dubido que o faga de vello.
“El primer paso de la ignorancia es presumir saber, y muchos sabrían si no pensasen que saben” (Baltasar Gracián)

Anónimo dijo...

Tes ramalazos fascistas que non compaxinan co teu discurso.

Xa sabes o que dí o refrán: Dime de que presumes e direiche do que careces.

Reafírmome: O teu discurso e do manual de político do PSOE:
Artículo 2: Insultar o outro cando non se lle pode argumentar.

JTIRIMOL dijo...

1º Polo que observo coñeces moi ben ise manual, debe de ser o teu libro de cabeceira, co cal te deitas e co cal te levantas, ata sabes os artigos de memoria.

2º En tódolos meus “discursos” como ben dis, pois á hora de ordear ou organizar elementos que teñen algunha conexión, xá ve que son moi fascista, vamos que defendo o Naciolsocialismo en cada un dos seus artigos.

3º Non son moito de refráns e non presumín de nada, es ti o que presumes, insinuas, tiras a pedra e agochas a man, a ver decídete que son fascista ou do PSOE? Que inda non o teño claro. Quen son Leire Patín, Pepiño Blanco ou algún vello amigo teu do Partido?

4º O refrán non sei, pero xa sabes o que dicía Pitágoras de Samos “Más le vale a un hombre tener la boca cerrada, y que los demás le crean tonto, que abrirla y que los demás se convenzan de que lo es”.

Anónimo dijo...

Para último anónimo, después de leer, ya le gustaría a usted escribir como Jtirimol, y si, parece que usted conoce muy bien el manual socialista, cual es el artículo 33 del mismo? Un 10 para jtirimol por no tener pelos en la lengua

Anónimo dijo...

Non vexo calidade intelectual alguna.

Anónimo dijo...

¿E por que teño que diferenciar entre fascista ou ser do PSOE?
¿E que non e o mesmo?

Anónimo dijo...

Pues entonces es que no tienes ni el graduado escolar como decía usted dime de lo que presumes y... Sus comentarios solo aparece PSOE y no sé que de un manual, vuelva al colegio, y cuando saque el graduado tal vez vea la calidad intelectual, que tu carezcas de ella no significa que los otros no la tengan. Y responde cual es el artículo 33 del manual socialista? Carecer como tú de calidad literaria jajaja!!!! Que alguien de Nuevas te dea el repaso que te dio es para mirárselo, y eso que le triplicas la edad... Yo ya soy fan de Jtirimol, un crack!!!, ese si que tenía que ser Presidente.

Anónimo dijo...

Que magoa Xosé Manuel

¿Isto e o PP que tres contigo?

A mesma filosofía que tivo Cacharro, rodearse de "servidores" incapaces.

Anónimo dijo...

Y bien orgulloso se tendría que sentir de tener a gente así. Te duele, te duele, te duele que sea el el Presidente de la Diputación, pues amigo es tu problema, ya que eres tanto de refranes ya sabes, agua y ajo...

JTIRIMOL dijo...

Xa sabeis o que dicía J.J.Rousseau "Todavía no encontré a nadie que se criticara a sí mismo con el mismo empeño con que critica a otros". Este señor anónimo debería aplicarse o conto sobre todo antes de referirse a segundas ou terceiras persoas que nen coñece, comparándoas con Blanco ou Pajín, realmente lamentable ao igual co seu argumento. Só vale o argumento do pensamento único. E si, coido que ou está resentido ou ten moita envexa de Xosé Manuel, xa que a primeira frase que soltou, e quedou tan ancho foi “Xosé Manuel ¿vas dimitir?”. O que non esperaba o susodicho é que houbese persoas que saímos da liña dese pensamento único e que defendemos e apoiamos a Xosé Manuel, que para iso é o Presidente Provincial (péselle ou non a este señor, que polo que vexo debía querer ser el) e o mellor político para ocupar a presidencia da Deputación. Os debates son interesantes, pero cando saen de contexto para insinuar o que insinuou este señor dan noxo. Coido que máis ben é envexa a Barreiro, como dicía Victor Hugo “¿Qué es un envidioso? Un ingrato que detesta la luz que le alumbra y le calienta”. De tódolos xeitos pode fundar un Partido e presentarse ou ben facer candidatura conxunta co PSOE que o manual (como deciades por ahí) teno ben aprendido.


¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!

Anónimo dijo...

Está ben claro que JTirimol non necesita que o defendan, pero que saiba que estou con el a apoiar ó Sr. Barreiro.

Recibe un afectuoso saúdo, JTirimol.

Anónimo dijo...

Di Tirimol:
"E si, coido que ou está resentido ou ten moita envexa de Xosé Manuel, xa que a primeira frase que soltou, e quedou tan ancho foi “Xosé Manuel ¿vas dimitir?"

Aquí en Barreiros non nos alporizamos tanto como no interior, pero explícocho porque Xosé Manuel seguro que o entendeu a primeira.

Pois ben; será a idade, pero cada vez somos mais os de dereitas que esisimos unha clase política con principios e valores.

Cando se aposta por manter contra vento e marea un Alcalde, e cando se colabora activamente, moi activamente, en "resolver o seu problema" o marxe da Lei, estase exposto a que se a Fiscalía imputa por varios delitos o Alcalde en cuestión, outros comecemos a facer preguntas incomodas a quen se hipotecou desa maneira.

E a Fiscalía cada vez afonda mais ....

Anónimo dijo...

Pues yo opino lo mismo, estás resentido y te mueres de envidia. Gente como tú sobra, vótale al BNG o afíliate al PSOE. Estás siempre repitiendo lo mismo y NOS ABRURRES y mucho, eres un disco muy rayado jaja!!!

Anónimo dijo...

Pois penso que os FASCISTAS sodes os que sobrades no partido.
Vos, os que non tolerades que outros demos a nosa opinión, ou que critiquemos actitudes moralmente REPROBABLES.

Sempre pensei que sobran no partido os que só están a espera de "colocarse" en canto se goberna algunha institución.
Ese é o cancro do partido.

Logo, esos "pelotas" son os que polo ben do partido se prestan a "xogar" coas actas, e por arte de maxia múdan os elixidos polas asambleas locais, etc. ... todo polo partido! (Falo da historia non tan lexana de Barreiros).

Como levo moitos anos calado, porque nos partidos hai que seguir a liña marcada polos "lideres" e non se pode falar moito que está mal visto, e agora temos internet e podemos falar todos, NON ME PETA CALARME!!.

¿E quen es tí pra dicirme que eu "sobro" no partido?, o millor chámaste Hugo Chavez e pensas que o partido e teu.
Eu gañeime o dereito a ser do partido traballamos abondo cando eramos catro gatos, e non presumíamos de nada. Ti aún tes que traballar moito pra dar leccions.

Se forades auténticamente demócratas, como somos os de toda a vida, non vos aburriríades; debateríase a cuestión, pero xa vexo que iso do debate non está moi ben visto tampouco agora.
... pasa o tempo e non milloramos nada, só mudamos de caudillos.

Anónimo dijo...

A perorata e pra reivindicar os maiores.
Agora coas novas tecnoloxias, !non nos podedes calar!

http://www.elconfidencial.com/tecnologia/2011/abuelos-internet-20110224.html

Anónimo dijo...

El que se pica ajos come amigo, los demás trabajan también, si no te pudiste colocar es tu problema, los demás no tenemos culpa, debes pensar que el partido es tuyo y vía, cada uno opina libremente, tu eres un egocéntrico que crees que llevas razón en todo y estás en contra de todos y solo vale tu opinión, el Señor Jtirimol, al que tanto te refieres te puso en tu sitio. Es lo que nos faltaba por escuchar, que quieres, que quieres, que quieres... Nosotros también QUEREMOS también EXIGIMOS y también TRABAJAMOS, porque seas de la tercera edad ya tienes que opinar por todos/as, los jóvenes tenemos voz y voto, y ya nos hicísteis bastante daño con los gobernantes de antes, ya se ve que era muy querido el partido entre la juventud, daba hasta verguenza decir que eras del PP, mejoramos y apoyamos a quien nos parece, es señor que fundó el partido, verdad?.
A ver si le va dar un infarto, respire, respire...

Anónimo dijo...

Colocarme?? !!a miña edad!!!

Chaval, que pouco nivel. Eu xa traballei abondo e agora disfruto da vida.

Dedicate a estudiar, faltache medrar un pouco ... intelectualmente.

Esta moi ben que continuedes a falar así de Fraga e as persoas que son o patrimonio intelectual do partido, que os militantes vexan o que hai no blog.

Anónimo dijo...

Alguien nombró a Fraga?.

Anónimo dijo...

"... ese señor que fundó el partido"

Anónimo dijo...

No si este debe ser premio nobel, sabe de todo y todo. Quiere criticar pero prohibe que lo critiquen, para él el Partido sólo son los antiguos militantes de AP los de NN.XX no cuentan, está bien que lean tu opinión los militantes de Nuevas, sigue así pero dudo que disfrutes de la vida, alporizastes como os galos no galiñeiro, en una de estas te da algo...

Anónimo dijo...

Deixa que xa.

Anónimo dijo...

Por lo que leo este señor solo respeta su opinión, que pena!!

Anónimo dijo...

Se tan descontento está, por qué no se presentó como candidato en el Congreso Provincial? No soy de Nuevas, para aclarar.

Anónimo dijo...

Que risa me dá a unidade do vosso partido, estades nervosos, escápasevos a Deputación, e bo ler blogs de partidos axenos, así un dáse conta que non é ouro todo o que reluce. O PP entra en crise.

JTIRIMOL dijo...

No que respeta a min vólvolle a decir que apoio a Barreiro e apoio a Castiñeira, e fágoo libremente ata o día no que sexan Presidente e Alcalde respectivamente. Paréceme lamentable as insinuacións realizadas e opinións vertidas por vostede, comparándome con Blanco ou Pajín, cando me descoñece por completo. Se é un delito a liberdade de mostrar o apoio ao Presidente Provincial e ao candidato á Alcaldía de Lugo, xa sabe colla e denúncieme. Semella que só vale a súa opinión, que por levar máis anos no Partido só vostede ten dereito a opinar e cortarlles a língua coa tesoira da intransixencia aos que opinan de xeito diferente a vostede, realmente lamentable. Sen afiliados, sen militantes e sen simpatizantes non hai partido, e sobre todo sen votantes (que che dan ou non o poder, que che dan ou non a confianza). Polo que todos/as merecen un respeto, anque non teñan o Premio Nobel de Literatura, nen medren intelectualmente como vostede, coido eu. Aprenda a ser máis humilde. Non creo que ninguén se metese con Don Manuel, lendo coido que o comentario era referente a vostede, non se pode criticar ao fundador nen a un home que traballou día e noite, miña avoa cóntame o moito que se traballou para que Galicia fose o que é e non unha rexión esquinada e apartada de España. E sí, son de NN.XX. e cando termine o meu periodo de idade serei afiliado do PP, vivo ou tento de sobrevivir neste mundo e nestas circunstancias que nos tocou vivir, tento estar informado de toda a actualidade política a nivel internacional, nacional e por suposto local, e coido que teño dereito a opinar, ao igual que teño dereito a exercer o voto. Sigo sen comprender o que trata de decir con iso de “triple de idade”, nen coas insinuacións de “manual do PSOE”. E ratifico todo o dito e escrito no primeiro parágrafo.
O PP é a formación política con máis afiliados, a formación política máis sólida e firme, e a formación política con maior credibilidade e confianza a nivel nacional, así que dubido moito que esteña en crise, é e segirá sendo a formación política máis votada polos/as cidadáns, para crise a do Goberno Central, do BNG xa non falo porque non sei se existe ou non...
“Es grande solamente el que puede prescindir del aplauso y del favor de la multitud." (R.Steele)


¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!

Anónimo dijo...

¿Agora son eu o que non acepta que lle critiquen?.

Perdoa, a critica a de ter fundamento, o que facedes vos e atacar sen contemplacións a quen osa criticas o xefe.

Cando me critiques, con fundamento, contestareiche ou dareite a razón.

ABRAZAFAROLAS
Por © 2009 Leopoldo Abadia

Término puesto de moda hace años por José Mª García y que ahorarecuerda Plácido Fajardo en Expansión: "Especie de adulador permanente que vive de halagar a los demás, lo merezcan o no".

Anónimo dijo...

¿¿¿Por que no se presentó al Congreso Provincial???? Tal vez por que no le votarían ni sus vecinos, véase José Blanco. ¿¿¿Tiene usted un mando en el partido o su opinión es más válida que la de otros militantes???

Veritatis dijo...

La verdad, se cae la cara de verguenza viendo como hay al menos dos personas que quieren dominar al blog, y lo que es peor, los debates.

El partido es de los MILITANTES, no de los que tienen cargos de responsabilidad.

NO LO OLVIDEIS NUNCA.

Mejor disculparos con ese militante de San Cosme de Barreiros, y darle una explicación válida de porque el PP actúa como lo está haciendo, que todos sabemos que aquello es un escándalo y que si no hubiese gobernado el bipartito, un gobierno del PP también hubiese intervenido el urbanismo de ese pueblo. PORQUE YA ESTABA PREVISTO ANTES DE AQUELLAS ELECCIONES.

Anónimo dijo...

¿¿¿Por que no se presentó al Congreso Provincial???? Tal vez por que no le votarían ni sus vecinos, véase José Blanco. ¿¿¿Tiene usted un mando en el partido o su opinión es más válida que la de otros militantes???

Anónimo dijo...

LOS DEMÁS TAMBIÉN SOMO MILITANTES Y TENEMOS DERECHO A OPINAR Y APOYAR A QUIEN QUERAMOS, EL PARTIDO ES DE LOS MILITANTES PUES AQUÍ LO SOMOS TODOS.

JTIRIMOL dijo...

Non te trabuques, eu critiquei á Xunta e tamén a Don Mariano, se alguén ten que pedir disculpas será aquela persoa que insinua e afirma que son facha, abrazafarolas, que teño o manual do PSOE, que quero chegar a algo na política, que son Pepiño Blanco, que son Leire Pajín etc, etc, etc… Vouno repetir por activa e pasiva EU APOIO ATA A MORTE A BARREIRO E A CASTIÑEIRA, vexo posibilidades de gañar a Alcaldía e a Deputación, e se iso é un delito ide o xulgado e poñede unha denuncia. E coido que o blog non é voso e de Xosé Manuel, vaia ata onde alcanzo a entender. Encántame como queredes coa tesoira da intransixencia curtarnos a língua. Queredes oir que “Barreiro dimita” pois a nin nen que me arranques a língua o penso decir. Fastídiate, pois auga y ajo... E a min non me pedis ningunha explicación que non che son político, son Militante coma ti, e se esixes respeto aos demais pois aplícate o conto.
“El primer paso de la ignorancia es presumir saber, y muchos sabrían si no pensasen que saben”. (Baltasar Gracián).

Ana dijo...

Completamente de acuerdo con JTIRIMOL en Lugo estamos con José Manuel y con Jaime, y si os jode os aguantáis. Y otra cosa ¿sois los únicos militantes que podéis opinar? ¿o lo podemos hacer todos/as? Que penita, lo que tiene que escuchar el Presidente, a mi si que se me cae la cara de verguenza, es envidia a Barreiro pura y dura...