miércoles, 9 de noviembre de 2011

Comparar e decidir

Estamos xa inmersos nunha nova campaña electoral. E é entendible que, tendo presente o contexto económico no que nos atopamos, os cidadáns estén fartos de escoitar ós políticos.

Poden pensar, e non sin razón, que teñen problemas máis importantes nos que concentrase que o de decidir a opción política pola que decantarse. Permítanme que faga neste punto unha referencia directa ó feito de que case un millón e medio de fogares deste país teñan a todos os seus membros en paro.

Ese é, todos coincidimos nelo, o gran problema que temos neste intre en España. Pero ninguén de nós, como cidadáns, podemos obviar que, aínda que a capacidade última de xerar emprego corresponde básicamente ó sector empresarial, as administracións públicas, a través da súa xestión, poden poñer en marcha medidas encamiñandas a favorecer a súa dinamización.

Este é un feito contrastable con só facer un análise somero do comportamento do mercado laboral nestes últimos anos e buscar os factores que condicionaron esa evolución. E se o facemos, sacaremos a conclusión de que as políticas desenvolvidas polos gobernos, xunto coa propia conxuntura económica dese momento concreto, tiveron moito que ver coas fluctuacións rexistradas nas gráficas do paro.

O mercado laboral é só un exemplo do que botei man para argumentar que, pese a desidia compresible que pode provocar unha nova cita electoral, porque os grandes problemas do día a día xa somos concientes de que son outros, é necesario un esforzo engadido para analizar as diferentes opcións políticas que concurren as eleccións e, despois, decidir. Porque votar é un dereito, pero, neste intre, creo que tamén é un deber.

No momento no que estamos, un dos máis críticos da nosa historia recente, é perentorio que os políticos, ou as opcións políticas ás que representan, sexan capaces de ofrecer solucións ós problemas. E matizo: solucións tanxibles e realistas. Non estamos en condicións de perder o tempo en vaguedades ou futuribles máis ou menos utópicos, mais ou menos desexables. A realidade é a que é.

A principal preocupación do Partido Popular, ó igual que para o resto da población española, é o emprego, e o seu programa electoral recolle actuacións concretas encamiñadas a acadar ese obxectivo: simplificar a tipoloxía dos contratos laborais para reducir a temporalidade e dar expectativas de estabilidade ós traballadores, reformar a estructura e contidos da negociación colectiva; establecer bonificacións fiscais para incentivar as contratacións…

Ós cidadáns tócalles decidir se esta é ou non a mellor opción.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

está claro que votar a Rubalcaba es seguir en las mismas, y sus propuestas son de chiste, lo d la moratoria es penoso, además sabe que la UE no se lo va a permitir ( cosa que hoy la ministra Salgado le ha dicho)

así que... a seguir trabajando apra el día 20

pd: y la traducción al castellano??, sería de agradecer

Mateo dijo...

Quérovos felicitar por estar ahí, ó pé do cañón, loitando por España, cando o máis fácil sería mirar para o outro lado e quedarse na oposición.

Teño o convencemento de que o PSOE está desexando escapar do desgoberno destes preto de oito anos.

É por iso, polo que vos animo a traballar duro para sacarnos deste desaguisado no que estamos inmersos.

Un saúdo.

Toxo dijo...

cada vez queda menos para cambiar esta situación y que españa tenga una oportunidad.
ánimo y a seguir empujando Jose Manuel

Anónimo dijo...

Con que jeta nos pide Alfredo que le votemos, ahora ya sabe como solucionar el problema, bueno es cierto, que nadie mejor que el para conocer el problema, ya que él en compañía de su colegita zapaterista nos han metido en esto. Yo soy de los que llamaba Alfredo ANTIPATRIOTA, ya que reconocia la crisis

Adrián dijo...

A posibilidade feita realidade na recente reforma laboral de ZP de encadear un contrato temporal tras outro non casa moi ben coa estabilidade a que aspira calquera persoa que pretenda ter un proxecto de vida.

O Presidente do Goberno de España ten que ser unha persoa equilibrada, fiable e con criterio. Zapatero non encaixaba nese perfil e Rubalcaba tampouco, pois aínda que é un pouco máis hábil dialecticamente que o desaparecido ZP, creo que non fai falta explicar as características do personaxe.

Nunca na historia recente de España estivo tan clara a opción a elexir nuns comicios xerais, se de verdade queremos sair da crise o antes posible.

Moito ánimo, Xosé Manuel.

Jose Angel dijo...

Veña Xosé Manuel, estamos a piques de lograr unha victoria aplastante ante estes inútiles socialistas.
Precisamos de vos para ver a luz.
Moita sorte.

Anónimo dijo...

Feliciades José Manuel.. esta es una victoria de todos y para todos

ánimo que nos queda un trabajo muy duro, levantar España

Jose Angel dijo...

Muchas Felicidades!!!!

Ahora a trabajar duro por este país que tanto lo necesita.

Anónimo dijo...

http://noticias.terra.es/2011/economia/1205/actualidad/kenny-vaticina-tiempos-dificiles-para-las-familias-irlandesas.aspx

Mateo dijo...

Noraboa por esta nova función na política estatal.