martes, 18 de septiembre de 2012

Disparate

O debate ideolóxico habitualmente resulta positivo, enriquecedor, posto que cotexar ideas é precisamente un dos piares fundamentais que sustentan a democracia. E digo habitualmente para facer diferenciacións entre debates porque ás veces confúndese, adrede, o que supón, implica e significa a propia confrontación de idearios e que, por norma xeral, sempre aportan algún proveito. Doado é imaxinar que ó falar deste matiz estou a referirme a esta maniobra incalificable, posto que non vai máis aló dunha burda cortina de fume, do presidente autonómico Artur Mas sobre a soberanía e que rápidamente atopou eco no aspirante a selo Francisco Jorquera. A primeira consideración que merece tal proposta, e que dadas as circunstancias resulta ata obvia, é preguntarse a razón que leva ó máximo responsable do goberno catalán a plantexar sequera esta cuestión. É un contrasentido apelar por unha beira á solidariedade interterritorial de España e por outra, esixir a independencia. Igual de sorprendente resulta a suma a esta idea do candidato do BNG á Xunta, máxime se temos presente que Galicia disfruta, ó igual que Cataluña, dunha cota de autogoberno altísima, inimaxinable hai apenas unha década. Non esquezamos tampouco que unha economía saneada, como a que presenta Galicia gracias a Núñez Feijoo, é premisa indispensable para poder falar de autogoberno. A proximidade de citas electorais sempre revolve un pouco as augas. É certo, pero creo que coincidirán todos conmigo en que é un disparate, ademáis de totalmente irresponsable, sacar agora a colación un asunto coma este. De xeito claro: non está o forno para este tipo de bolos. Non se me ocurre en consecuencia nada que explique semellante actitude, a non ser, como xa apuntei, que sexa un basto intento por desviar a atención sobre problemas de máis calado que neste intre afectan a Cataluña. E no caso de Galicia, pois non máis que unha burda aspiración a xerar artificiosamente un titular, máis ou menos chocante, en tempos de precampaña. Enarbolar agora unha bandeira que cando así interesou quedou acantoada, non dice moito de quen a blande porque semella descaradamente oportunista. Coido que a miña defensa do galeguismo non está baixo sospeita. Pero nesa defensa da nosa identidade como pobo nunca haberá exclusións. Ser e sentirse galego non é incompatible con ser e sentirse español. E no contexto no que estamos, toca loitar polo noso futuro, polo de todos, sen importar o punto xeográfico no que nacéramos.

No hay comentarios: