martes, 8 de enero de 2013

Doce meses

Os primeiros doce meses do Goberno de Rajoy distaron moito de ser un camiño de rosas. É innegable que 2012 foi un ano extremadamente difícil, cheo de sacrificios. As circunstancias (unha coxuntura interior desastrosa, a peor da etapa democrática, e unha situación exterior igualmente compricada, cincunscrita sobre todo á crise na que se debate a zona euro) obrigaron a adoptar decisións encamiñadas a recompoñer un panorama próximo ó caos. Pero tratouse sempre de que as medidas adoptadas foran o máis equitativas posibles e ambicionaran un futuro máis próspero. Acometeuse así o proceso de reformas estructurais máis ambicioso da historia recente do noso país. Aprobouse a Lei orzamentaria e de sostenibilidade financieira, a reestructuración do sistema financiero, a reforma laboral… Actuouse en multidude de materias. Sempre cun obxectivo claro: facer todo o posible para manter intactos os piares fundamentais do Estado de Benestar e sentar as bases para acadar un crecemento estable, unha economía sostible, capaz de voltar a xerar emprego no prazo máis breve posible. Medrar, outra vez. Ese é o fin último. Obvio é que o feito ata o de agora (e o que queda aínda por facer, que non é pouco) non provocou un cambio de tendencia tan inmediato e plausible como desexaríamos e que nos permita poder asegurar con rotundidade que superamos definitivamente os malos tempos. Pero, en termos económicos, deron xa algúns dos froitos agardados: reducimos o déficit, equilibramos a nosa balanza comercial, melloramos a confianza dos mercados e dos nosos socios internacionais. E iso ten a súa relevancia. Temos que asumir con entereza que por diante temos outro ano compricado. Segundo as previsións, a recesión persistirá algún tempo máis aínda que tamén auguran unha melloría a partir do segundo semestre. O camiño andado, pese á inquedanza e á dor que comprensiblemente provocou entre a cidadanía, era necesario percorrelo. Dende o primeiro minuto que asumiron a resposiblidade de gobernar, Mariano Rajoy e o seus ministros son conscentes das dificultades que leva aparellado tomar as rendas dun país nun contexto socioeconómico como o actual. Pero actuaron e seguirán facendoo coa responsabilidade que as circunstancias requiren, coa mirada posta no futuro e coa confianza de que España sairá non xa airosa senón reforzada desta situación. Os sacrificios ós que o contexto actual nos obrigou non serán baldíos. É máis, terán recompensa. Confío na capacidade do noso Goberno. E confío na solidariedade, esforzo e traballo de cada un dos cidadáns que conformamos este país. España ten futuro e imos demostrar e confirmar que así é.

No hay comentarios: