martes, 30 de abril de 2013

Incoherencia

A proposta do PSOE, ou de Pérez Rubalcaba para ser máis exacto, sobre a reconversión do Senado nunha cámara de representación das comunidades autónomas, ó estilo do Bundesrat alemán, é (permítanme a expresión) unha ocurrencia. Mal argumentada e incoherente, ademáis. Na vez dunha proposición seria, como era de agardar dunha formación política que capitanea a oposición, parece unha cortina de fume para difuminar a deriva na que está sumida esta formación política e a soidade na que naufraga o seu secretario xeral. Hai un ano, a iniciativa dos socialistas e respaldada por unanimidade de todos os grupos políticos, púxose en marcha no Senado unha ponencia para abordar a súa reforma. A premisa de partida, na que todos os partidos estábamos de acordo, era convertila nunha cámara de primeira lectura dos proxectos lexislativos de carácter territorial, referídos, por exemplo, á modificacións dos estatutos de autonomía ou á financiación das comunidades, entre outros. Agora Rubalcaba, por libre (incluso dos seus propios compañeiros) e con menosprecio manifesto do propio Senado e da Ponencia de Estudo, avoga, amén da reducción do número, porque os senadores sexan designados directamente polas CCAA, esquecendo quizais que, aínda que limitada, xa teñen esa potestade. Desdeña así a lexitimación democrática dos senadores, únicos representantes elexidos por designación directa dos cidadáns, un aspecto que coido que tamén hai que telo presente. Non poñan en dúbida a miña disposición a escoitar, sopesar e debatir calquer idea que se queira propoñer para desenvolver, mellorar e adecuar ós tempos presentes as funcións encomendadas á Cámara Alta pola Constitución. Pero seméllame un regate absurdo, a destempo e, por riba de todo, desubicado facer propostas desta índole fora do marco creado precisamente para elo, e que non é outro que a Ponencia de Estudo constituida no Senado, promovida ademáis polo Partido Socialista e secundada polos demáis. Un Partido Socialista que, para colmo, desenténdese e desdícese do dito hai un ano e que, ata a ocurrencia de hai uns días de Alfredo Pérez Rubalcaba, mantivo durante todo o tempo que estivemos debatindo sobre este asunto na Ponencia. Fago constar que a idea do secretario xeral dos socialistas leva implícito a total reconversión das reglas de xogo da nosa convivencia política porque, en último termo, camiña hacia o estado federal. Este é un exemplo máis de que os socialistas non son, hoxe por hoxe, interlocutores válidos para negociar absolutamente nada.

No hay comentarios: