miércoles, 10 de abril de 2013

Preferentes

As preferentes son un problema. Un gran problema convertido en drama para moitas familias que poden perder os aforros de toda unha vida. É comprensible o desacouco. É igualmente lóxico a exteriorización dese anoxo aínda que recoñezo a miña discrepancia coas maneiras de facelo. Para todo hai un cauce e a protesta non debe ser unha excepción. Entre as súas moitas competencias, as institucións teñen a obriga de defender o interese dos cidadáns e de protexelos ante actuacións que, como é o caso, non foron todo o correctas que deberan. Hai que recoñecer que a débeda subordinada é un producto financieiro legal. Pero tamén complexo e de alto risco. Razóns polas que está dirixido a inversores especializados e non, como aconteceu eiquí, a clientes particulares que pouco o nada sabían do que levaba aparellada a súa adquisición. Sen pretender eludir responsabilidades, fago constar, para que cada quen saque as súas conclusións ó respecto, que a venda destes productos financieiros levouse a cabo maioritarimente entre os anos 2008 e 2009. Aludo a este circunstancia, doadamente contrastable, para poñer de manifesto que algúns dos que, sen rubor, se parapetan agora tras a pancarta nin foron, cando tocaba, tan clarividentes nin instaron a actuar ós órganos reguladores competentes para frear esa mala praxis. En definitiva, a Xunta bipartita e o Goberno de Zapatero nin protexeron ós cidadáns nin defenderon os seus dereitos cando tiveron ocasión e cando era a súa obriga facelo. Pero o importante, chegados ó punto no que estamos, é dar solución ó apreto no que se atopan miles de familias. Nese obxectivo está centrado o Goberno do Estado dende o primeiro minuto. A prioridade, como non podería ser doutro maneira e coma fixo no seu día tamén o Goberno que encabeza Núñez Feijoo, son as persoas e a protección dos seus aforros. Así que, de entrada e dentro das marxes que permite a lexislación europea, protexeu por lei ós afectados para que este abuso non se repita no futuro. Despois, seguindo a liña de actuación desenvolvida pola Xunta (a primeira comunidade autónoma en facelo, por certo), impulsou un sistema de arbitraxe que xa permitiu a moitos afectados recuperar o seus cartos; e esta mesma semana aprobou un real decreto no que se adoptan medidas moi importantes en materia de participacións preferentes. A conclusión é que non pode acusarse nin ó Goberno de Rajoy nin ó de Feijoo de desentenderse do asunto. Máis ben ó contrario. O seu compromiso e implicación na resolución do problema non só está fora de toda dúbida, tamén permitiu que moitas das persoas afectadas recuperaran os seus aforros, ou boa parte deles, cando xa os daban por perdidos.

6 comentarios:

manto dijo...

Una vez mas, el PP tiene que apagar ( y pagar) un incendio del PSOE, lo que hay que decir es que no hemos sabido transmitir quienes son los responsables de esto, y la prueba evidente es que son los dirigentes del partido los que están en la diana de los afectados cuando , evidentemente, debieran de ser otros los que pagasen esas consecuencias.
Creo que debemos de hacer un esfuerzo en explicar lo que hace este gobierno para solucionar esto y otros problemas, y si hay que ir a la noria ( ya desaparecido, adiós gracias) que se vaya.
todo sea por comunicar y explicar quien es el responsable de todo este lío con el que nos hemos encontrado.

Anónimo dijo...

concordo Xosé manue, a seguir traballando

mateo dijo...

E lamentable que o PP teña que pagar os pratos rotos das desfeitas socialistas.
Non sei se é por unha política comunicativa errónea ou porque a esquerda sabe incendiar moi ben o espíritu axitador da sociedade.
O que é claro é que hai moitas familias frustradas polo engano e a estafa.
Familias que ven como se mira para outro lado ou non se actúa con contundencia ante inxusticias deste calibre.
Queda moito por facer, moito ánimo para toda a clase política, en especial para a xente do PP.

Jose dijo...

Os estafados deben recuperar a totalide dos seus cartos, creo que ese é o obxecto das arbitraxes, non si? Repugnante o papel dos socialistas neste triste asunto.

Totalmente dacordo co comentario de manto:
se para comunicar o que se está a facer hai que ir a EL GRAN DEBATE pois haberá que ir. Malo se non se explican as cousas empregando todos os medios dispoñibles, e mellor aínda se se contrapoñen as posturas e actitudes coas dos adversarios políticos non só no parlamento senon en programas con audiencia.

Anónimo dijo...

José Manuel, al gobierno debe de exigírsele mas pedagogía a la hora de explicar lo que se está haciendo, y como se hace.
cada uno es dueño de sus pecados, pero solo de los de él, y aquí da la sensación de que sois dueños de los pecados de todos.
pedagogía, mas aún

repunante dijo...

Bon artigo, clarifica moito o tema das preferentes e non deixa quedar os políticos como o pretenden facer algús dos grupos de presión que se aproveitan da lacra das caixas de aforro para o seu propio beneficio de ridiculizar a democracia e o estado de dereito.