martes, 14 de mayo de 2013

Demagoxia

En Lugo, a demagoxia e o populismo mal entendido gaña posicións a ritmo vertixinoso. Digoo pola proposta levada a pleno hai uns días polo BNG co fin de reprobar ós deputados nacionais do Partido Popular. Pretendían os nacionalistas declaralos persoas non gratas. Non o conseguiron. Os votos, os que teñen no pleno (froito do respaldo popular), non foron dabondo; e o PSOE, nun intento por nadar e gardar a roupa, abstívose. Unha opción que pretendía simular non ter participado na tirada da pedra pero, por consentidor, a súa man foi ostensiblemente visible. É unha lástima que durante oito anos, precisamente no tempo que con máis profusión se comercializaron as preferentes, nin uns nin outros, por iniciativa ou omisión, se afanaran con igual dilixencia para atallar o problema. Tentar rendabilizar políticamente o drama persoal e social derivado da incorrecta comercialización deste tipo de productos financieros é pasarse de freada. É, ademáis, unha aposta arriscada involucrarse en corpo e alma en mediáticas algaradas coma esta. Ben sexa, como foi o caso, alentandoas directamente ou ben, aínda que sexa coa boca pequena, respaldando manifestacións ou concentracións nas que se enarbolan carteis nos que aparecen fotografías de representantes políticos, democráticamente elexidos, coa clara intención de acusalos de ser os responsables do problema. Algo que, a maiores de inxusto, é falso. E os nacionalistas, e con máis motivo os socialistas, ben o saben. Xa en varias ocasións empreguei esta atalaia para defender ás institucións e ós representantes lexítima e democráticamente elexidos polos cidadáns. E poño énfase, outra vez, no respeto que todos lle debemos a unhas e a outros. E suliño igualmente o feito de que estamos, con gran esforzo (por certo), nun Estado democrático, social e de dereito, no que o debate político é un piar fundamental. Respeto, sen ningún tipo de matiz, a crítica social e o dereito a protestar. Pero, precisamente porque vivimos en democracia, hai habilitadas suficientes ferramentas para encauzar esa crítica e esa protesta de maneira axeitada. E tamén unha vez máis avogo polo seu emprego. Situarse fora deses cauces, deslexitima. Simplemente.

No hay comentarios: