martes, 10 de diciembre de 2013

Un ano

O Goberno da Xunta cumpriu un ano. E, parafraseando ó Presidente, aínda que hai que manter a necesaria cautela, hai sinais para o optimismo: os datos da evolución económica reflicten o cambio de tendencia que nos achegará ó crecemento. En Galicia, levamos cinco anos facendo os deberes. Feijoo tomou as medidas necesarias para loitar contra a crise antes que os demais (fundamentalmente porque el e o seu equipo de goberno viron o que tiñan que ver e actuaron en consecuencia), e os resultados están aí. Contou para elo, pese ó sacrificio que levaba aparellado, co apoio e colaboración dos galegos. Non así coa dos demais partidos políticos. Botouse en falla un certo saber estar á altura das difíciles circunstancias e sería desexable que o novo líder dos socialistas galegos trocara os seus discursos baleiros por un compromiso serio e responsable coa terra e as súas xentes. A solevencia da nosa Comunidade Autónoma é indudable. Tanto que, sen desatender o axeitado funcionamento dos servizos públicos básicos e cumprindo, durante catro anos consecutivos, os obxectivos de déficit marcados, non tivo, por exemplo, que botar man do fondo de liquedez autonómico, nin sequera da liña estatal habilitada para afrontar os pagos a proveedores. Algunhas das medidas tomadas en Galicia, como a promoción do uso de xenéricos que supuxo unha importante rebaixa da factura farmacéutica, foi adoptada no ámbito estatal. Galicia é exemplo da reducción de altos cargos na administración autonómica, da eliminación de duplicidades, da austeridade na xestión aínda que facendo fincapé na eficacia, do desenvolvemento de orzamentos de contención que aseguren a estabilidade e favorezan a recuperación… Galicia é exemplo porque o seu Presidente ten claro que desta grave crise económica hai que sacar ensinanzas que nos impidan voltar a repetir os mesmos erros no futuro. E, neste senso, insiste en que non haberá volta atrás no xa feito e mantén a su intención de continuar a senda reformista iniciada e, así, como botón de mostra, a reducción do número de deputados está en marcha. A máxima de facer máis con menos, acuñada por Feijoo e posteriormente adoptada por moitos dirixentes políticos, seguirá vixente porque demostrou non só ser válida senón tamén ser axeitada. O sacrificio dos galegos terá compensación. E terao máis pronto que tarde.

No hay comentarios: