martes, 4 de noviembre de 2014

Xa basta

A situación está tan enrarecida que nin botar balóns fora nin poñer en marcha o ventilador serven de nada. Facelo logrará, máis ben, empeoralo todo, se é que iso é posible xa a estas alturas na que o deterioro da saúde democrática é tan evidente. Sen esquecer nunca a presunción de inocencia e tendoa, de feito, sempre presente, este aparentemente inagotable goteo de novos casos de corrupción resultan, claro está, insoportables, inaguantables, intolerables... A vergoña é un sentimento demasiado morneo para describir semellante escenario. Hai que recoñecer os feitos porque desafortunadamente chove sobre mollado; e se é a política, ou mellor dito, o exercicio que algúns fan da política, a que en maior medida centraliza a corrupción, debe ser tamén a política a que dé resposta a ela. É dicir, son os partidos políticos os que teñen que facer unha profunda autocrítica e aportar solucións, feitos. E dentro desta responsabilidade compartida na que debe enmarcarse o saneamento da actividade pública, non cabe dúbida que ese grao de responsabilidade ten tamén que estar en consonancia coa cota de poder acadada por cada formación política. O Partido Popular, por boca do seu presidente, asumiuna xa. Non estaría de máis que outras formacións tamén o fixeran e se deixaran de debates estériles. Esa necesaria, inaplazable e profunda rexeneración democrática é o único camiño posible para afrontar a catarse que nos permita erradicar esa simplificación tan extendida, consecuencia destes desafortunados acontecementos, de que todo político está baixo sospeita. Porque iso, en rigor e xustiza, non é certo. Son moitos os políticos que practican e entenden o exercicio da política do xeito correcto, coma un servizo público. Ante a crispación social e a perda de confianza dos cidadáns non cabe máis que recoñecer con humildade os erros cometidos e actuar con transparencia e radical firmeza. Sen pretender ser condescendente, o feito de que a Xustiza desenmascare ós corruptos é signo inequívoco de que o noso Estado de Dereito funciona.

No hay comentarios: