miércoles, 29 de julio de 2015

Datos esperanzadores

Non podía ter un mellor dato para comezar esta reflexión: no segundo trimestre do ano creáronse 411.800 empregos, segundo a última EPA. O mercado laboral español tivo entre abril e xuño o seu mellor trimestre en dez anos: o número de desempregados descendeu en 295.600 persoas e a taxa de paro reduciuse ata o 22.37%, o nivel máis baixo desde finais de 2011, cando o PP chegou ao poder. A taxa de desemprego cae en practicamente todas as comunidades. En Galicia o paro baixa en 22.400 persoas. Son datos esperanzadores, totalmente congruentes coa mellora da economía española. Xa o dixo o noso presidente, Mariano Rajoy, nunca na historia económica española se creara tanto emprego nun trimestre; España pasou de provocar a metade do paro de Europa a crear a metade do emprego. Mentres que co PSOE se destruían máis de 600.000 traballos ao ano, agora créanse máis de 500.000. Con Zapatero o paro medraba un 12% anual e con Rajoy descende máis dun 8% ao ano. Os datos amosan que non temos que esperar ao final da lexislatura para dicir que hai máis persoas ocupadas, menos parados e máis afiliados á Seguridade Social que cando Mariano Rajoy se puxo á fronte da economía española. De todos modos, somos conscientes de que isto non é suficiente, de que aínda hai moitos españois pasándoo mal e nunha situación moi difícil e oGoberno noné alleo nin permanece impasible. Sabemos que temos que seguir esforzándonos para alcanzar os 20 millóns de traballadores activos nos próximos anos. Este é o noso empeño, o noso compromiso con todos os españois, especialmente cos que aínda seguen sufrindo as consecuencias da crise. A EPA do segundo trimestre confirma que as reformas do Goberno e os esforzos dos españois están dando os seus froitos. Son datos reais, deixamos atrása recesión. Entre todos fixemos un esforzo importante para equilibrar a economía e agora que España medra a un ritmo maior doagardado, non podemos volver a políticas pasadas, que demostraron a súa ineficacia e que só conducen ao empobrecemento da sociedade. Non é o momento de probar experimentos novos carentes de credibilidade. Nin de repetir as receitas que nos arrastraron á crise. O futuro pasa por consolidar o cambio que nos levou do caos coas políticas socialistas á recuperación económica coas políticas del PP.

No hay comentarios: