martes, 5 de julio de 2016

O camiño da moderación e a sensatez

O resultado das urnas deixounos dous vencedores indiscutibles: Mariano Rajoy e a sociedade española. Cos seus votos os españois elixiron o camiño da moderación e a sensatez, apostaron por un futuro de crecemento e estabilidade. Os cidadáns deron a vitoria ao partido que defende a unidade de España, as liberdades e os principios constitucionais. O PSOE bateu a súa propia marca en negativo, rompeu o seu chan electoral e a “operación sorpasso” impulsada por Pablo Iglesias fracasou estrepitosamente. Os españois cos seus votos desautorizaron a todos aqueles que intentaron sen éxito desacreditar a Mariano Rajoy, que agora ten o aval de case oito millóns de votantes e supera en 52 escanos ao segundo, un resultado que o lexitima, sen ningún tipo de dúbidas, para formar Goberno. España terá o que necesita, un Executivo que respecte os valores democráticos e faga fronte aos problemas de toda a sociedade, coa mirada posta no 20-20: 20 millóns de españois traballando en 2020. Igual que o fixo estes últimos meses de vaivéns, Rajoy non defraudará aos españois, vai asumir con sensatez e garantías o reto de buscar os apoios necesarios para conseguir un Goberno estable. As eleccións demostraron que o bipartidismo non estaba morto, que a esquerda perdeu forza e, sobre todo, que os españois non se deixaron enganar polas falsas promesas dos antigos comunistas disfrazados de novo populismo. Grazas a todos os que nos apoiaron porque nada tería sido posible sen a súa responsabilidade. Grazas a todos os lucenses que fixeron que a nosa provincia sexa a quinta de España e a segunda de Galicia con maior respaldo ao proxecto do Partido Popular. Xa o dixo o noso presidente nada máis coñecer os resultados: este partido merécese un respecto, todos os votantes do PP merécense un respecto e a sociedade española merécese respecto e estabilidade. E terao.

1 comentario:

Anónimo dijo...

todo lo que no sea respetar la voluntad de los votantes es un fraude de ley, alguien debería de reflexionar y pensar un instante: el único partido que ha subido en votos y escaños ha sido el PP, sería un FRAUDE que no se le permitiese formar gobierno y coger las riendas del país