lunes, 12 de diciembre de 2016

A Constitución do consenso

Esta semana que acabamos de pecha estivo marcada pola celebración dos actos do día da Constitución. Para min, igual que para moitos españois, a Constitución é moito máis ca un texto lexislativo, é o pacto máis importante ao que se chegou en España nos últimos corenta anos. A súa redacción no 1978 estivo presidida polo espírito de consenso e unidade, un espírito que nos permitiu acadar a estabilidade e a modernización social, económica e institucional da que hoxe gozamos. A Carta Magna segue sendo un instrumento imprescindible para a nosa convivencia e, na miña opinión, hoxe en día segue plenamente vixente, o cal non significa que non se poida iniciar o camiño para acometer reformas que nos leven a afrontar con maiores garantías os novos retos e dar respostas aos novos desafíos que afectan á nosa democracia; pero isto require do concurso e o consenso de todos. Subscribo as palabras do noso Presidente, Mariano Rajoy, quen asegurou que é necesario ser prudentes e non frivolizar nun tema tan importante como a reforma constitucional. Todas as propostas encamiñadas a modificar a Carta Magna deben ser razoables e deben partir da lealdade institucional e dunha visión de España como conxunto. É necesario un consenso previo sobre o que se quere cambiar e o que se pretende preservar. A unidade de España, a soberanía nacional, a igualdade de todos os españois, os seus dereitos e liberdades fundamentais, a pertenza a Europa e os piares básicos do Estado do benestar non deben tocarse xa que seguen sendo instrumentos imprescindibles para a nosa convivencia. Non se pode perder nunca de vista que a nosa Constitución é froito dun gran acordo entre os españois e que trouxo ao noso país o período máis longo e frutífero de convivencia, democracia e benestar. A súa reforma debe emprenderse de forma pausada, dándolle prioridade ao diálogo o acordo entre todas las forzas políticas, desde la máxima lealdade institucional, incorporando novas sensibilidades pero sempre sobre a base do respecto ao Estado de Dereito.

No hay comentarios: