jueves, 21 de junio de 2018

Un goberno de “xestos” e sen contido

Atónitos asistimos ao desembarco de Pedro Sánchez e os seus ministros en Moncloa. O novo Goberno, ademais de ser o primeiro na democracia saído dunha moción de censura, parece que tamén pasará á historia por ser un goberno de “xestos” e pouco contido político. Gobernar priorizando a imaxe non é o que os españoles necesitan. Seguimos sen saber cal é o programa do Sr. Sánchez, o único que sabemos é que fai seus os presupostos do Partido Popular, pero sen explicar como pensa dotar economicamente aos ministerios de nova creación. Non o explica porque non sabe como e non modifica os orzamentos porque non se sente capaz de facelo. Chegou ao Goberno para facer campaña e preparar a súa candidatura para as próximas eleccións xerais. Mentres, o Partido Popular demostrou seguir pensando no interese xeral desde a oposición. Esta semana que acaba de rematar no Senado votamos en contra dos vetos dos socios de Sánchez na moción Frankenstein e fixémolo por coherencia e responsabilidade. Resulta sorprendente que quen predicou leccións de transparencia e ética e se erixiu como adaíl da rexeneración política forme un gabinete cun ministro defraudador e un imputado. Pedro Sánchez viuse obrigado a forzar a dimisión de Maxim Huerta en menos dunha semana. Tivo que obrigalo a dimitir por estar condenado por delito fiscal en 2017 e fíxoo vítima das súas propias palabras. Viuse acurralado pola hemeroteca: “se teño na miña dirección a un responsable político que crea una sociedade interposta para pagar a metade de impostos, esta persoa ao día seguinte estaría fóra”, dixera no 2015. Non tiña opción. A dimisión de Huerta amosa que o seu nomeamento foi, cando menos temerario e desacertado; non se pode formar un goberno baseándose so nas ideas propagandísticas dun experto en marketing. A elección dun sucesor cun perfil totalmente diferente pon de manifesto a inexistencia dunha folla de ruta no executivo, a inexistencia de programa de goberno. Todo vale. Temos un presidente que se move seguindo as súas anisas de poder e repercusión pública. ¿Que vai facer Pedro Sánchez co ministro de Agricultura, Luis Planas, imputado por consentir roubos de auga en Doñana? Arranca mal o executivo socialista. Esperemos, polo ben de todos, que polo menos o Sr. Sánchez non tire pola borda o que tanto esforzo custou aos españois: volver á senda do crecemento.

No hay comentarios: