viernes, 16 de mayo de 2008

A Ponte

Integrar, segundo o diccionario da RAE, é facer que alguén ou algo pase a formar parte dun todo; aunar, fusionar dous ou máis conceptos, correntes, etc., diverxentes entre sí, nunha soa que as sintetice. En base a esta definición, poderíamos concluir que integración é un proceso de coordinación das diversas clases, grupos étnicos ou outros elementos diversos dunha sociedade nun todo unificado.

O que prentede facerse no barrio da Ponte, por tanto, non pode definirse coma integración senón como o intento por crear un gueto co que ninguén, nin sequera os directamente afectados, están de acordo.

O conflicto e o descontento xeral é evidente e notorio porque os veciños así o están a poñer de manifesto cada día nas rúa de Lugo. Como tamén é evidente a incapacidade das administracións implicadas para prever a posibilidade de que esta situación se dera e, despois de creada, de buscarlle unha solución axeitada e rápida.

E ante a incompetencia constatada, hai algún iluminado que pretende botar man do argumento de sempre: a culpa é do PP. Non resulta novo. Estamos acostumados a que se chove é culpa do PP; e se non chove, tamén. Pero resulta (e esto tamén é un dato constatable) que o Partido Popular entregou en Lugo preto de 2.000 vivendas e nunca (NUNCA, insisto) houbo ningún tipo de problema e menos, claro está, da magnitude que está a tomar éste. Pero os que en tres anos non foron capaces de CONSTRUIR UNHA SOA VIVENDA NOVA e que se limitaron a entregar as 51 que quedaban do anterior Goberno da Xunta teñen a pouca vergoña de dicir que o problema é consecuencia dunha decreto aprobado “polos que estaban antes”.

Cada pau que aguante a súa vela porque os que cando eran oposición enarbolaban a bandeira da integración, entendida como dispersión das étnias, cando poden aplicar a súa propia teoría resulta que fan todo o contrario.

Pero a pregunta que me fago, despois dos intentos de uns e outros por escurrir o bulto ou, dito de xeito claro, a súa responsabilidade, é: ¿habería menos problemas ou cando menos unha relación máis fluida e unha maior urxencia por darlle solución ó conflicto se as dúas administracións implicadas, Concello e Consellería de Vivenda, tiveran o mesmo color político?

Esta política de desgaste entre socios ou de cofrades enfurruñados por non poder seguir sendo socios, segundo cada caso, é interesante dende o punto de vista político pero nefasto e intolerable para o interese xeral da cidadanía.

1 comentario:

breogan dijo...

Orozco non pode sair de rositas neste problema.
¿A culpa de quen é? Dos que están a gobernar agora. O Sr Orozco PSOE(?) no Concello e o BNG na Consellería de Vivenda.