viernes, 4 de julio de 2008

A festa rematou

Podemos e poidemos. A selección española de fútbol deunos unha alegría desas que fan historia e logrou o que, a priori, parecería imposible. Que todos a unha nos sentíramos indentificados cunha causa común: convertirnos en campeóns de Europa.

Poderíanse facer moitas interpretacións sobre este feito. Pero eu quero sobre todo salientar un: o valor do equipo. Sen desmerecer, claro está, a importante laboura desenvolvida polo entrenador, como ideólogo da victoria.

É obvio que xuntos a forza vese amplificada e nunca ven mal que, de cando en vez, nos deixemos levar pola euforia colectiva dun éxito que levamos varias décadas anhelando.

A furia vermella fíxose notar no campo e en todas as rúas e prazas do país, aparcados por un intre os conflictos territoriais, as identidades culturais e lingüisticas… todas esas diversidades que, en ocasións, na vez de enorgullecernos pola riqueza que conlevan, sepárannos. Todos ondeamos a mesma bandeira e eso, mírese por onde se mire, é bo.

Pero a euforia non debe tampouco facernos esquecer a realidade. A ledicia xeralizada otorgoulle un balón de osíxeno ó Goberno de Zapatero, que segue a ser incapaz de recoñecer a mala situación económica que estamos a vivir. Non hai máis que remitirse á súa comparecencia ante o Congreso, onde as súas explicacións non convenceron a ninguén.

Nun momento de desconcerto e de angustia, tamén colectiva, como a que estamos a atravesar no eido económico, cada día con maior virulencia ademais, porque ningún dato da pé a ver o futuro con optimismo, aínda que éste sexa moderado, unha victoria deportiva, por moi trascendente que sexa, non debe impedirnos ver o bosque.

Xa celebramos o triunfo, agora (e xa imos algo tarde) hai que concentrarse en solucionar como sexa os problemas que nos acucian a todos no día a día. Zapatero, Solbes e o Goberno no seu conxunto seguen despistados ou despistando, que non é o mesmo, pero unha mentira ou unha verdade a medias, non por moito repetila, acaba por converterse en ralidade.

1 comentario:

dolo dijo...

Asi se fala xose manuel,,a ver si se dan conta de unha vez,,dende o goberno,,que a unidade fai a forza,,e que xuntos podemos.Ese sera o lema do partido,,popular...XUNTOS,,,PODEMOS.