jueves, 15 de enero de 2009

Dúas satisfaccións

Hoxe vou falar de satisfaccións. De un par delas soamente (que ademais están relacionadas) para non esaxerar moito a cousa.
Refírome en primeiro lugar á deferencia que amosou con Lugo o noso presidente nacional Mariano Rajoy ó elexir a nosa provincia para abrir a precampaña das eleccións autonómicas do vindeiro 1 de marzo en Galicia.
Lugo é, claro está, un enclave que alberga unha profunda connotación simbólica para o Partido Popular que non se lle escapa a ninguén e que o presidente Rajoy non quixo obviar.
Esa é a primeira satisfacción. Nada desdeñable, por certo.
A segunda satisfacción, que confeso ten un alto compoñente sentimental para min, é a alta participación nese acto das mulleres e homes que sustentan e conforman o Partido Popular lucense. Unha participación que considero salientable non só xa polo alto número, senón pola efusión, pola entrega, pola calor…
Non tiña dúbida, e dende o sábabo menos aínda, de que Lugo é maioritariamente popular. Tanto é así que o noso partido sempre foi a forza máis votada nesta provincia en todas e cantas citas electorais se levan celebrado. E estou certamente convencido de que o 1 de marzo poderemos seguir presumindo deste grande honor.
O ambiente que se respira na rúa e entre as bases do noso partido así o auguran e agardo que esa relativa eufórica deste inicio da precampaña continúe a subir peldaños ata o culme que suporá que Alberto Núñez Feijoo ocupe a Presidencia da Xunta de Galicia.
O noso obxectivo está claro e eu estou convencido de que é posible acadalo co esforzo e co traballo de todos e cada un de nos, de cada un dos membros desta gran familia que é o Partido Popular de Lugo e de Galicia.
Todos e cada un de nos, membros do PP, temos que converternos en amplificadores e en mensaxeiros das consignas do partido para asegurarnos, cando menos, de que esas mensaxes sexan escoitadas e coñecidas por todas e cada unha das persoas que están chamadas a acudir ás furnas o vindeiro 1 de marzo.
Por eso dicía o sábado no Gustavo Freire que alía había 2.000 radios, televisións e xornais e con máis covertura, ademais, da que poida ter calquer medio de comunicación.
Nós somos máis e mellores e a nosa voz tense que oir máis e mellor que calquera outra e pese a que algúns pretendan silenciala.
Na nosa man, no noso traballo, está a posibilidade de recuperar a Xunta de Galicia e non podemos, nin debemos, nin queremos pasar por menos.
Galicia en xeral e Lugo en particular precisan da movilización popular. Estes escasos catro anos foron suficientes para decatarnos de que o verdadeiro artífice do cambio, da modernidade e do desenvolvemento de Galicia foi o Partido Popular dirixido por Manuel Fraga e voltará a selo a partir de marzo da man de Núñez Feijoo.

1 comentario:

CarlosDíaz dijo...

Rajoy sabe de la importancia que tiene Lugo a la hora de la verdad del 1 de Marzo.
Lo sabe el y lo sabemos todos nosotros, de igual forma que sabemos que con la situacion actual el único partido capacitado para sacarnos de esta es el PP con Alberto Feijoo a la cabeza.
Tu lo dices José Manuel, somos más y mejores y por supuesto tenemos la ventaja de contar con la VERDAD como aliado en esta batalla.
El 1 de Marzo comienza la reconquista...