lunes, 25 de mayo de 2009

Cita coas europeas

En pouco menos de dúas semanas temos unha nova cita coas urnas para elexir ós nosos representantes na Unión Europea. Quero, ante todo, facer un chamamento á participación. Dise que estos comicios despertan pouco interese na cidadanía por aquelo de que Bruselas quédanos algo lonxe.

Pode que desa idea teñamos un pouco de culpa os políticos por non lograr transmitir axeitadamente a relevancia dos asuntos que se tratan no Parlamento europeo. Pero penso que, por desgracia e especialmente en Lugo, o que está a acontecer co sector lácteo, por exemplo, contribuirá a mudar esta idea.

Estar en Europa é importante; e ter capacidade para condicionar ou determinar as decisións que alí se adopten aínda o é máis. E poño só dous exemplos das consecuencias da mala negociación resultante do talante do que fixo gala Zapatero e o seu Goberno: Aí están as restriccións para o noso sector primario derivados das diversas OCMs e a exigua porción que corresponde a España no reparto dos fondos comunitarios.

Un dato: O Partido Popular acadou na negociación realizada en 1999 preto de 48.000 millóns de euros para o período 2000-2006. O acordo suscrito polo Partido Socialista no 2005 para o sexenio 2007-20013 supón unha décima parte, é dicir, non chega ós 5.000 millóns de euros.

A diferencia, non cabe dúbida, é sustancial e pode, se me permiten a expresión, que outro galo cantara para a economía do noso país neste contexto de crise internacional, aquí máis acusada, se poideramos contar con eses fondos estructurais.

Cántos postos de traballo poderiamos conservar, porque non hai que obviar que hoxe temos máis de catro millóns de parados. Oito de cada dez desempregados da Unión Europea son españois, mentres que hai cinco anos o noso país xeraba a metade dos postos de traballo que se creaban no territorio comunitario.

Cántas empresas terían evitado o peche de poder optar a eses cartos, porque neste intre estamos a perder unha media de 400 ó día.

Cántas inversións, fundamentalmente en infraestructuras, serían hoxe realidade na vez de proxectos pendentes de acometer…

Está claro que non está o forno para perder o tempo facendo cábalas sobre o que puido ser e non foi, pero imponse a necesidade de reflexionar concienzudamente se a senda que se está a andar é a axeitada. A realidade é a que é. Hai que tentar, por todos os medios, cambiala. É xa unha cuestión básica e, se permiten, ata de supervivencia. Pero tamén debemos, tras ter claro onde nos atopamos, cómo e por qué chegamos ata este punto, sen obviar tampouco a situación interna do noso país, a onde nos está a levar a política errática que está a desenvolver o Presidente Zapatero en todos os ámbitos.

Por todo elo, reitero o meu chamamento a todos os lucenses para que actúen con responsabilidade e sexan concientes de que en Europa nos xugamos moito; para que o vindeiro 7 de xuño, tras sopesar tanto as propostas que cada partido político plantexa no seu programa electoral como o balanzo do feito ata o de agora, acudan a votar.

2 comentarios:

rosalia dijo...

Votar al PSOE es votar a Zapatero, es decir, más de lo mismo: paro y más paro
Tenemos que mandarlos para casa

Lugojoven dijo...

Según las encuestas aventajamos ya en casi cuatro puntos al PSOE y esto es sólo el comienzo de la reconquista democrática de España.
www.lugojoven.blogspot.com