lunes, 11 de enero de 2010

Futuro hipotecado

Vagancia e derroche. Así poderiamos resumir a actución do equipo de goberno que preside José Ramón Gómez Besteiro na Deputación de Lugo tras ter rebasado algo máis da metade da presente lexislatura.

Unha impronta que se converteu xa na marca da casa socialista, coa necesaria connivencia, no caso concreto desta provincia, do BNG, e que vai a persistir no 2010 a tenor dos orzamentos aprobados no derradeiro pleno do pasado ano, aínda que con algúns agravantes máis a engadir á de por si preocupante situación xeral.

Un dos perxuizos máis graves e que irremisiblemente hipotecará o futuro da administración provincial é o alto grao de endebedamento que contemplan estas contas e que suporá triplicalo con respecto ó pasado exercicio, ó pasar de oito a 25,5 millóns de euros.

Certo é que, en momentos de grave recesión económica, as administracións, sexa cal sexa o seu ámbito de influencia, deben redobrar os seus esforzos para asegurar que o nivel de investimento se manteña e incluso, en aras de manter activa a economía, incrementalo todo o posible, aínda que sexa a costa de aumentar a débeda ata o mesmo límite permitido.

Neste contexto, se a Deputación recurrira ó préstamo para dotar de infraestructuras á provincia ou para axudar ós sectores productos básicos a superar o peor momento da súa historia, estaría xustificado e sería ata loable triplicar a débeda coma decidiu facer o bipartito provincial. Pero si resulta que esa hipoteca non vai servir para ningún deses fins porque, de feito, o investimento real da Deputación vaise reducir nun 20 por cento, o Partido Popular, como así deixou claro na aludida sesión plenaria, non pode ser partícipe, e menos aínda cómplice, deste despropósito, desta desfeita que non só lapida a boa herdanza recibida do anterior goberno provincial, senón que empeña o futuro da institución e, por extensión, da provincia.

Afirmaba Besteiro que os orzamentos para este ano que estamos encetando son expansivos e contracíclicos, pero tal cousa, si se incrementa a consignación para persoal, o gasto corrente e a transferencias correntes e se reducen as partidas adicadas a inversión productiva e a transferencias de capital, non é posible.

Recapitulando, o goberno que dirixe Gómez Besteiro, ademais de tirar de crédito sin a mesura que os tempos e todos os expertos económicos nacionais e internacionais aconsellan, gasta máis do debido en cuestións nas que, precisamente polos tempos que corren, deben concentrar a austeridade e o aforro.
Duplicar, con respecto ó 2009, a partida adicada a gastos diversos dista moito de ser a opción correcta. Reducir considerablemente o gasto productivo e pola contra adicar 4,2 millóns de euros a publicidade e propaganda ou a atencións protocolarias e reservarse incluuso 800 mil euros desta partida a gastos para os que nin sequera se especifica o destino roza o insulto a todos os lucenses.

19 comentarios:

Luances dijo...

Que o sr Besteiro é un vago penso que o ten asumido toda a xente da nosa provincia, pero como a todo porco lle chega o seu San Martiño o de Besteiro non a de tardar en vir.

Armadanzas dijo...

Besteiro a ver si explicas que fai o teu gabinete cas partidas de cartos que non se especifican detalladamente...
Os Lucenses estamos FARTOS de tanto despilfarro

Estrella dijo...

El endeudamiento que tiene la diputación es un problema muy grave. No entiendo como se puede gastar tanto dinero en publicidad, ¿no sería mejor gastarlo en hacer proyectos para la provincia?

Javier Fiunte dijo...

Nos lo dejan a huevo Barreiro, cuando seas presidente de la diputación los lucenses sabrán las diferencias entre gestores y derrochadores, el primer golpe ya lo llevaron en las autonómicas y no falta mucho para que lleven el segundo golpe.

Zeta dijo...

"Istes que nunca comeron quente..."
Se les ve el plumero, y en el PP haceis bien en denunciar lo que de otra forma no llegaría a la ciudadanía

Bea dijo...

Hay que entenderlos. La promoción de partidos y personas cuesta una pasta y, oye, a falta de militantes se pagan así la autopromoción, con cuñas de radio firmadas por tal vicepresidencia de la Diputación o cualquier otra. No es que haya dos gobiernos en la Diputación es que hay una banda de 14 tíos autopromocionándose. Y lo dicho, eso cuesta una pasta. Que la provincia esté hecha unos zorros es un pequeño detalle sin importancia al lado de dar brillo y resplandor a algunos diputados incomprendidos.

RubenM dijo...

Hipotecando el futuro de todos los lucenses y solo para gloria y propaganda personal. Porque lo único en lo que trabajan los miembros del Gobierno de la Diputación es en autobombo. Para eso si hay dinero. No para carreteras, mantenimiento y mejora de las infraestructuras. Da pena circular por la red viaria provincial, a los problemas típicos hay que añadir la imprevisión ante las nevadas.

Anónimo dijo...

A Deputación é todo un exemplo de eficacia:un muro feito dentro das Axudas a Comunidades Veciñais,declaran esa partida coma Subección para Melloras de Vivenda do presidente da Comunidade de Veciños chegando o correspondente aviso de sancion por parte de Facenda.
Despois solicitase o documento para aclarar ese erro e o señor Besteiro tarda 42 dias en firmalo...
Pura eficacia¡¡¡

Caminando dijo...

EL problema es que la vagancia y la insolencia, se están contagiando, y ya se ha visto salir a gritos de alguna dependencia de la Diputación a ciudadanos que no toleran ni las malas formas ni la incompetencia.

Somos contribuyentes con derechos, pero estas izquierdas piensan que la ciudadanía es un rebaño servil y obediente.

JTIRIMOL dijo...

Coido que hai pouco que comentar, porque dende logo a min non me pilla por sorpresa. Fan unha política bananera, tanto na deputación como no propio concello, onde Orozco demostrou que é un pésimo xestor. O caso de Besteiro, o mesmo. E si, coido que deberían aprender cal é a diferencia entre derrochar e entre xestionar, porque non a teñen nada clara. E máis nestes tempos que corren. Dende logo é, simple e llanamente un insulto a tódolos/as cidadáns lucenses.
Vivimos unha época moi mala, e non se poden tirar os cartos, senon os saben xestionar que se vaian. E así de sinxelo.
Fai uns días lin un artigo de Diego Mancusi (é un periodista que escribe para a revista Rolling Stones) e fixo unha reportaxe espectacular enlazando o tema da crise financieira, do para e sobre todo do diñeiro, e da mala xestión que fan del os políticos. No mencionado artigo enlazaba ista cruda realidade con cancións e músicos do rock que falan diso. Destacando a Beck, Blur, Type o Negative, e cancións como "Money for Nothing" de Dire Straits, "Money talks" de Acddc ou "Money" de Pink Floyd. Aínda que a miña favorita (como metáfora desta vida) é "Free Money" de Patti Smith; Na cal mentras os políticos gastan os cartos, o mundo se arruína, e xogan con nós como se foramos títeres, narra ese soño que todos temos de que nos toque a lotería para arranxar tódolos problemas causados polos políticos e ser libres.
Éstes están caendo con todo, mala xestión, falta de planificación, despilfarro, incompetencia, algo de vagancia (po que lles convén non a teñen), autopropaganda, endeudamento, carencia para dar solucións... E a xente xa non traga. E quédalles pouco e les xa o saben, e cando as contas políticas e económicas non saen... pois a improvisar, que a improvisación é o froito da vagancia, e deso o PSOE de Lugo sabe bastante

ALEXANDRE dijo...

Teñen e deben diferenciar entre facer os trámites políticos e económicos precisos para que nos leven a unha delixencia e así resolver os problemas políticos e económicos. Invertindo en Lugo e para Lugo. Do derrocho indiscriminado dos bens e dos cartos de tódolos lucenses. E mentres tanto Besteiro, como o Señor Orozco non teñan claro e nítida tal diferencia, pois iremos á ruína total. Deben pensar que se botas ou sembras cartos na terra nacen igual cás patacas, pero trabúcanse. A canción de Patti Smith ten razón, pero xa que tanto lles gusta Galicia, a de "Sin empleo" dos Ourensáns Los Suaves, tamén é un espello claro desta política socialista.
"El contribuyente es una persona que trabaja para el Gobierno pero sin haber hecho las oposiciones a funcionario" Ronald Reagan. Así que deixade de xogar con nós.

Unknown dijo...

el primer gol lo marcamos en marzo,el segundo vino de europa y si todo sigue su curso y seguimos trabajando en esta linea el tercero se lo meteremos en las municipales,fuera los vagos como el sr besteiro.

Anónimo dijo...

pasta pa'alante que sale gratis. Y a la comida invitan ellos

Anónimo dijo...

Parece subrealista que en época de recesión (como han calificado en el partido del señor Besteiro a la crisis que nos azota), se esté a favor de la reducción del 20 % del capital de la Diputación y en favor del fomento de más empleo público innecesario. Lo que debería hacer el señor Besteiro, es no endeudarnos más e invertir el remanente existente "como un buen padre de familia".

laura dijo...

No es increible, es inaúdito, en este momento de crisis, en que todas las familias se están apretando el cinturón, el señor Besteiro a gastar en bobadas y a promocionarse personalmente que es a lo único que dedica su tiempo y el dinero de todos.

laura dijo...

Se nota que el dinero que gasta el señor Besteiro, no es suyo, porque lo gasta alegremente y sin control, tira de crédito pero ni siquiera para inversiones importantes para la provincia de Lugo. Algo que me llamó tremendamente la atención fueron los adornos navideños, que año tras año desde que está él, tienen el mismo estilo(querer y no poder, debe pensar que son de diseño), y sufren las consecuencias climáticas, rompiéndose, cayéndose, estropeándose, en definitiva derrochando los miles de euros que costaron,yo creo que debe de ser un amiguito suyo o del Psoe el que se está beneficiando de la operación, a lo mejor viene de la mariña, por eso de que se llevó el PEZ AL AGUA.

Anónimo dijo...

Tenemos en San Bartolo (San Cosme de Barreiros) una carretera provincial que discurre pegada a un parque infantil, sin ninguna protección.

Las escenas que se ven habitualmente ponen los pelos de punta, y un día atropellan a un niño.

Lo único que hemos conseguido de la Diputación es INDIFERENCIA y aptitudes casi burlescas.

undelugo dijo...

Manda truco o amigo Besteiro, non só é un vago redomado, senón que ademais malgasta os cartos dos lucenses. Só sabe organizar viaxes e cuchipandas, e nada máis. Triplicar a débeda para gastos de persoal e gasto corrente é unha indecencia.

olmo dijo...

Yo sólo veo una solución posible a este problema... asi que en las próximas elecciones ya sabeis lo que hay que hacer.... terminar con esto ya!!!