lunes, 25 de enero de 2010

Gasto descontrolado

Non están os temos para moitas alharacas. Os recursos económicos son escasos e todos, tamén as administracións, temos que facer contas e fuxir daquelas especulacións ensoñadoras da leiteira. Claro está que, coma en todo, hai quen sen aplica o conto e quen non.

A austeridade non foi nunca unha virtude da que pudieran facer gala os socialistas. Exemplos hainos, e moitos, que seguro aínda están moi presentes na lembranza de todos. Tampouco se atopa entre as cualidades dos socialistas, cando menos os que gobernan na Deputación de Lugo en colaboración cos nacionalistas, facerlle moito caso ás recomendacións dos técnicos.

E digo esto porque na administración provincial bipartita estase a establecer a norma, entre outros malos hábitos, de aprobar vía xunta de goberno e máis recentemente vía decreto da Presidencia, quizais nun afán por aforrar tempo e aínda máis contido as xa de por si exiguas ordes do día das xuntanzas semanais dos membros do equipo de goberno, o pago de facturas que non teñen consignación orzamentaria. É dicir, que non responden ó compromiso derivado dun contrato previo e que, como consecuencia, tampouco estaban contempladas nos presupostos xerais da Deputación.

Durante o pasado ano, pese a elo, autorizouse o abono por este método, que podemos calificar eufemísticamente de alternativo, máis de dous millóns de euros, o que ben sendo o dous por cento do orzamento previsto pola Deputación. Os informes de intervención amosaban reparos sobre esta práctica ó entender que calquer gasto que se faga debe contar coa súa consignación correpondente, cunha previsión, para entendernos.

Certo é que nas administracións, como en calquera casa, xurden imprevistos ós que hai que darlles solución. Pero coma en calquera casa o custo derivado, por poñer un exemplo, da limpeza dos edificios é ben previsible e, polo tanto, hai que contar con el.

Para que haxa un control sobre o gasto, para que saibamos os cartos que imos precisar para o correcto funcionamento das institucións, xa sexa en personal, en mantemento ou en proxectos que se queiran acometer, fanse os orzamentos.

Claro está que hai que pagarlle ás empresas que prestan un servicio para que a súa vez os seus traballadores perciban o seu salario (e máis nos tempos que corren), pero ese pago previsible ten que estar contemplado nos orzamentos da institución, porque este caso concreto ó que me estou a referir a modo de exemplo, non responde á categoría de imprevisto.

O que denota este hábito, legal pero cuestionable dende o punto de vista político, é que no equipo de goberno que preside José Ramón Gómez Besteiro non hai ningún control sobre o gasto. Á vagancia sumaselle a improvisación, co agravante de que faise caso omiso ás recomendacións dos propios técnicos provinciais que reiteradamente puntualizan que esa non é o xeito correcto de facer as cousas.

As malas maneiras hai que rectificalas, e con urxencia.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Falla de previsión e quizais algo máis porque este comportamento que bordea a legalidade otorga maior liberdade á hora da elección da empresa que cobrará esa factura, non si? e que probablemente sería dun importe menor se se actuase como é debido... total pagamos todos os lucenses...

Prieto dijo...

Está claro que o bipartito está facendo o que lle ben en gana. Derroche e máis derroche: campaña de imaxe do presidente... e que decir da vicepresidencia 1ª que non se queren quedar atrás a hora de publicitar as súas accións. Están a facer algo semellante ao que fixeron na Xunta e así lles foi.
Agora non se lles escoita dicir que as deputacións teñen que desaparecer. Supoño que será por que agora esta é a única vaca que da leite para algúns.

ALEXANDRE dijo...

Cando se carece dun sistema para levar as contas e os orzamentos, e se é incapaz unha e outra vez de tomar o timón do barco, por mor da mala xestión, pois ocorre isto. E seguirá ocorrendo, porque istes de austeridade non teñen nen idea, só improvisan sobre a marcha. Unha taxa de para que ronda o 20% e en recesión mentres as grandes potencias europeas se recuperan, xa din bastante do PSOE. E na Deputación, é o mesmo. Cando se confunde derroche con xestión, aparece a falta de previsión, marca dos socialistas, que gastan tres veces máis do que ingresan. E ao final serán os prisioneiros e os carceleiros da súa nefasta xestión.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Isto é a realidade que estamos vivindo, e sempre, tentan de camuflala baixo cortinas de fume para desviar a atención. Ou o que é peor, xustificala.
O problema non está só en Besteiro, en Orozco, vén dende arriba. Os socialistas endexamais se caracterizaron por ser bos xestores, e só hai que botar a vista a tras para velo.

Lémbraste, Xosé Manuel, cando o señor ZP presumía de política social e económica fai uns meses atrás. E despois cando se viu apurado, e lle comezou ver as orellas ao lobo. Tomou a decisión de tomboleiro, repartindo cartos, premios pequenos e de consolación para alonxarnos da dura e cruda realidade na que estaba suminda España.

Primeiro colleron a friolera e nada de nada despreciable cantidade de 8.000 millóns de euros, e como bos xestores que son pois comezan a tapar a realidade con parches e a despilfarrar sen xeito nen sentido. Que se 300 euros por aqui, se 230 polo outro lado, se 210 euros por alá, que se outros tantos por o aluguer de vivendas (xa me dirás porque foi unha medida que lle saíu pola culata), que se 420 aos desempregados, que se os famosos “Cheques bebés” por aquí e outros cantos euros por alá.

E a iso chamábanlle política social e económica e a todo iso negando por activa e pasiva a crise, da que outras potencias europeas xa comezan a ver a luz ao final do túnel, aquí en España, aínda non chegamos ao final do mesmo.

E non se dan contan que unha cousa é xestionar, e outra moi diferente despilfarrar o diñeiro de todos en medidas absurdas e surrealistas. E claro, así lles vai e así nos vai.
Evidentemente a austeridade nunca fi a súa virtude, iso xa o sabemos todos.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: E o dos recortes aos Guardias Civiles para despois conceder uns 700.000 euros á política de Nicaragua, é outra cousa que non ten xeito. E así, suma e segue. 800.000 euros para a mellora dos dereitos sexuais reproductivos de Jinoteca (Nicaragua)
2.426.100 euros para o cine Iberoamericano, mentras que a música española se pudre na miseria sen ningún tipo de apoio e coa man da Ministra de “Cultura” empurrándoa ao fondo do mar. 260.000 para los diputados dominicanos 117.000 para os policías bosnios, 40.000 para inmigrantes marroquíes en España. ¿iso é xestionar os cartos?. Para él sí. E non hai que esquecer que ordenou aos diputados do PSOE que rechazaran calquera proposición que plantexara a limitación de altos cargos e a reducción do gasto público.

É dicir, Xosé Manuel, uns 24 millóns de euros fronte aos 16 de José María Aznar. E outra vez o noso presidente Autonómico, deulle unha lección ao reducir os altos cargos. Pero ZP é un político diferente, en tódolos eidos, e as súas improvisacións traen consecuencias que temos que pagar á larga tódolos cidadáns. E a él, pois que chova... ...que despois escampa.

Outra cousa, que non vén ao tema pero que sería conveniente mencionar, é o famoso Decreto do Galego de Alberto. E as numerosas manifestacións que se converteron en reivindicacións políticas. Facíame gracia ver bandeiras galegas coa estrela vermella e cánticos como “Queremos estudar en galego”. Porque a maioría de quen propiciaba ditos cántigos, non pisou as aulas en toda a carreira, pero bueno, hai que dar a nota. Inda se poden ver os slogans e bandeiras colgados nos despachos de mestres Universitarios.

E tamén se viron queimar bandeiras españolas fronte a atenta mirada e leve sorriso de Anxo Quintana. Agora que para pasear en Yate non lle importa que leve na popa a bandeira esoañola.

É todo tan surrealista que un xa non sabe se está soñando, ou se sae dun soño e entra nun pesadelo constante.

Pois nada a despilfarrar e a manifestarse, que pena que mentres se faga iso. Haxa tantas e tantas noites ausentes de estrelas para os parados, tantas e tantas mañás que non brilla o sol para tantos galegos e galegas, tanta mentira adornada de rencor, tanta ignorancia, tanto medo á inxustiza que están vivindo por mor dista maldita crise.

E tantas bocas de nenos e nenas que nunca poderán saborear as lamberetadas que outros si fan, con ignorancia e corrupción. Pero isto non interesa. É mellor despilfarrar e montar paripés. Sí, iso semella que é mellor.

Por todo iso, gústame moito a política de Jaime Castiñeira, isa política de pé de rúa, na cal os políticos sepades cales son os problemas que nos afectan e cales son as nosas inquietudes e preocupacións. E baixedes ao chan, deixedes de andar polas nubes e nos escoitedes. Por iso confío no Partido, e en ámbolos dous, en ti e en Jaime. E por iso ao ver os números do despilfarro ao que se dedica o PSOE o mundo cae baixo os meus pés.

JTIRIMOL dijo...

PARTE TERCEIRA: Se seguen así non haberá nen para os imprevistos que poidan xurdir das Administracións. Semella que o bipartito está a gusto nesa situación, porque realmente é a única situación que sabe manexar.

Só se desenvolven ben en augas revoltas e a contracorriente dos intereses dos cidadáns, eles son así. E así lles vai, xa levaron un aviso nas Autonómicas, e van levar outro bastante gordo nas Municipais, porque o fin e o cabo quen fala son ar urnas.

E xa poden ir pensando en presentar candidatura conxunta, porque por separado, nen teñen proxecto nen teñen programa. Todo se basa nunha serie de despropósitos causados pola improvisación daqueles que non saben manexar unha situación concreta.

O PSOE estanos sumerxindo en números vermellos, e isto hai que paralo o antes posible, porque o endeudamento pode chegar a ser de tal magnitude, que as posteriores solucións tardarán máis do esperado en chegar, según os espertos.

O que me preocupa son as estatística do paro xuvenil, situado case nun 43%, ise é un dato demoledor. Para botar as mans á cabeza e preguntarse unha e mil veces, a qué se están adicando estes señores?.

Os recursos económicos escasean, e é un insulto para tódolos cidadáns ver datos e estatísticas tódolos días. E ver que non melloramos, que non damos saído do fango no cal nos meteu este goberno, que todo vai a peor. Que non se ve nen unha luz, por moi pequeno que poida ser o seu resplandor, ao final deste túnel.

E vivimos a base das esmolas que nos bota o señor ZP. A pregunta segue sendo a mesma de sempre, qué pasará se isto continúa así?

Ata ónde pode chegar un país, baixo ista situación?

JTIRIMOL dijo...

PARTE CUARTA: Non saben calcular a cánto van ascender os ingresos, nen os gastos que se van ter. Son incapaces de realizar un informe no cal se detalle o coste que vai ter un determinado servicio.

E se a todo isto lle engadimos as promesas incumplidas e as mentiras, pois xa mal vamos. Xa sebes, a reducción do paro xuvenil. O aumento de becas para artistas xóvenes, aumento da productividade, acabar coa “cultura do ladrillo”...

E no ámbito local e provincial, só desexo que as urnas falen e o fagan con sinceridade. E confío na figura da Jaime para o Concello e para sacarnos no pozo no que Orozco nos leva metido durante tódalas súas lexislaturas. E confío en ti, para a Deputación, xa sei que che quedará traballo pero eres unha especie de salvador, que ten que parar esta sangría, o antes posible.

“Por la mañana
llegas a la fábrica oscura y fría
La máquina está parada
triste desprende ruina
Del despacho baja el amo, dice:
"Hijos míos, no hay trabajo.
No hay pedidos, tengo que cerrar,
nada os oculto, me vienen a embargar
mañana".

Es el fin, todo ha acabado
Os miráis con espanto.
La máquina callada,
los puños apretados, pensando...
pensando.

Ya seis meses sin jornal
seguro "del paro" agotado,
dinero cobarde se esconde,
las empresas han cerrado.
Por la mitad del salario
te has ofrecido, es igual.
Tres millones de parados
estadísticas y tú uno más.

Por última vez lo intentas,
piensas pedir, tienes la mano.
También llegas hasta el puente
pero no puedes, tu hora no ha llegado.

Espera desesperada,
en el portal tu mujer.
Tiene el crédito agotado,
en casa no hay que comer.
¿Qué hay? pregunta cuando llegas.
tú no contestas y callas,
agachando la cabeza
subes pálido a la casa.

Tu hija arriba no duerme,
desde ayer no come nada,
cree que su madre ha bajado
a comprar pan a la tienda de al lado.

Entráis los dos en la casa,
la niña mira tus manos.
Sorprendida al no ver nada,
calla y se acuesta llorando.
El padre está en un rincón
cabeza entre las manos.
La madre calla, abre el gas,
ojos secos, se sienta a su lado.

Es el fin, todo ha acabado
Os miráis con espanto.
La máquina callada,
los puños apretados, pensando...
pensando”

José Manuel Domínguez (Vocalista, guitarrista e letrista do grupo de rock ourensán; Los Suaves).

Díxome o ano pasado, nun concerto, “Jose, esta canción la compuse hace más de 20 años y ahora vuelve a ser realidad”.

En fin, a ver se se enteran dunha vez dos problemas da xente, e o despilfarro que o garden para os seus pesadelos.Que queremos ver saír o sol e ver á lúa e ás estrelas brillar, e non sumerxirnos nesta escuridade, xa estamos fartos de datos e de estatísticas e de ver como se despilfarra ao tolo, mentras nós temos que pelexar día tras día por sobrevivir. Pero seguiremos ao pé do cañón porque a esperanza é o último que debemos perder, como diría Samuel Johnson “Es necesario esperar, aunque la esperanza haya de verse siempre frustada, pues la esperanza misma constituye una dicha, y sus fracasos, por frecuentes que sean, son menos horribles que su extinción”.

Así que a seguir traballando para recuperar o Concello e a Deputación e ensinarlles a istes o que é xestionar e gobernar.

Armadanzas dijo...

Completamente de acordo con JTirimol.
Esta xente non pode dar leccións máis que de paro e miseria en España.

Unknown dijo...

Como ben dixo esta noite o noso presidente,cando chegaron a deputación encontraron unha vaca gorda e con moito leite,pero se non coidas ben a vaca ,o leite tamén se acaba...e é xusto o que esta pasando,moitos a ordeñar e ningun a dar de comer....

Unknown dijo...

Como ben dixo esta noite o noso presidente,cando chegaron a deputación encontraron unha vaca gorda e con moito leite,pero se non coidas ben a vaca ,o leite tamén se acaba...e é xusto o que esta pasando,moitos a ordeñar e ningun a dar de comer....

Estrella dijo...

Los socialistas no saben más que derrochar y derrochar.
No sólo a nivel nacional, con datos tan demoledores como el número de parados que es de 4.458.000 o la recesión de -4%, sino también en la diputación ya que Besteiro cuando se aburre de vagear se dedica a derrochar.

OLMO dijo...

A mi me da la impresión que eso de los orzamientos es una utopía, porque se habla de ellos pero, ¿alguién los ha visto?.... En algo si estoy de acuerdo, lo pagamos TODOS.

Anónimo dijo...

Completamente de acordo co que expuxo JTIRIMOL. Nnen máis nen menos, é a cruda realidade e ollan para outro lado. Ánimo Barreiro

Anónimo dijo...

Eu imaxino o tal Jtirimol no congreso dos diputados poñendo a caer dun burro os sociatas...gradisimos comentarios!

Tara dijo...

Jtirimol for president!!!!!

saratorres dijo...

El Sr. Besteiro como socialista que es, no se cansa de improvisar y de despilfarrar, características que comparte con su compañero de filas, el Sr. Orozco. Los dos deberían preguntarse: ¿Hemos despilfarrado dinero de D. Pueblo? SI ¿Podemos evitarlo en el futuro?.... No les interesa disponer de un buen presupuesto, que contemple todos los gastos, que de respuestas a las necesidades del Pueblo y que cumpla con un proyecto (no lo tienen). Todos sabemos que la Diputación es un barco sin timón. Y que decir del Ayuntamiento más de lo mismo.

Vada dijo...

Estoy completamente de acuerdo con JTIRIMOL !!

Unknown dijo...

Estoy con Tirimol, e máis, esta panda hay que votala canto antes Jose Manuel, querémoste pronto na diputación, estos merécense unhas labazadas, simbólicas claro, pola súa prepotencia e inutilidad.

Spike dijo...

Estos nos arruinan. Llevaba 10 años trabajando y al paro. Y encima cuando uno lee los datos que aportáis aquí sobre el despilfarro de los socialistas, es para echarse a llorar. Que se vallan o que dimitan, porque sol saben dar lecciones de paro y prepotencia. Los comentarios de Jtirimol, son presimistas pero esa es la cruda realidad. Y como dice mi abuela "As cousas clariñas e o chocolate espeso" e Jtirimol retractó la cruda realidad, ya llevo más de 2 años en el paro y como yo millones y millones de españoles. ¿no se dan cuenta? o ¿no quieren darse cuenta?

Anónimo dijo...

Besteiro tiene la misma Jefa de Prensa que estaba en el Concello verdad???? y la misma Interventora, verdad?????????? y el mismo asesor juridico, verdad???? entonces no me digan más.

Anónimo dijo...

La Xunta liderada por Alberto Núñez Feijóo concedió 3,4 millones de euros en ayudas directas y subvenciones a La Voz de Galicia en los últimos cinco meses (22.500 euros diarios). Esta cantidad es similar a la que destinará el Ejecutivo en el primer semestre de 2010 al programa de alquiler de viviendas para jóvenes. Eso es lo que hace con el dinero de todos. Uds. ahorren que Feijoo ya sabe como darlo a sus amigos para que le tapen las mentiras.