lunes, 22 de febrero de 2010

Maneira e maneiras

Galicia, pese a crise, acabou o ano 2009 cun déficit do un por cento sobre o PIB, por debaixo, por tanto, do obxectivo do 2,2% de media que se fixara para o conxunto das comunidades autónomas. Ademais, a economía galega rematou o pasado exercicio cunha contracción do tres por cento, seis décimas menos que a media española. Non é para tirar foguetes porque a situación segue a ser complicada, pero si para suliñar que hai maneiras e maneiras de enfrontarse a unha situación adversa. E a actuación contra ela, a aplicación dun plan de austeridade eficaz, á vista está, dá os seus froitos.

O Partido Popular demostra na Xunta, como xa o fixo durante a súa etapa ó fronte do goberno do Estado, que xestiona ben e que sabe facelo ademais ou a pesar da penuria e pese a mala herdanza recibida de socialistas e nacionalistas.

Así, a Xunta axustou os seus gastos e ingresos ó orzamento inicial, gracias a que as deficiencias nas estimacións realizadas polo bipartito foron compensadas con recursos adicionais e unha mellora sustancial na xestión dos fondos europeos, así como o xa mencionado Plan de Austeridade aplicado polo Goberno de Feijoo.

Un plan que permitiu un aforro de 144 millóns de euros, que se adicaron a financiar investimentos productivos e gasto social dirixido en boa parte a xerar emprego a través do Plan de dinamización contra a crise.

Esta situación contrasta claramente coa que presenta o Goberno central. O déficit do conxunto das administracións públicas supón o 11,4% do PIB, preto de 120 mil millóns de euros, dos que case 100 mil millóns de euros son responsabilidade directa do executivo de Zapatero.

Ante esta situación, o Goberno de ZP, tamé plantexou un plan de austeridade (que o PP, por certo, levaba moito tempo reclamándolle) co que pretende reducir o gasto en 50.000 millóns de eiquí ó 2013.

Pero este plan, como toda a súa política económica, non é creíble. As súas previsións macroeconómicas voltan a pecar de excesivo optimismo e contrastan, outra vez, coas previsións da maioría de organismos e institucións económicas.

Non se teñen suficientemente en conta, ademais, a probable subida dos tipos de interese que o BCE estableza este ano, nin o encarecemento da rendabilidade que haxa que ofrecer para colocar a altísima débeda pública. Ambas circunstancias invalidan xa, de por si, os cálculos realizados polo Goberno central.

Por outro banda, tampouco se especifica onde se realizarán os recortes de gasto, ni en qué cuantías, o que converte este plan en pouco máis que unha declaración de intencións que teñen pouco peso, máxime co historial derrochador que presenta o Goberno socialista e do que temos boa mostra na propia Deputación de Lugo.

En definitiva, hai maneiras e maneiras e as que representa Rodríguez Zapatero, e o socialistas en xeral, seguen sen ser as axeitadas. O Partido Popular é un referente en materia económica, un exemplo a seguir, demostrouno no seu momento en España e en tan só dez meses tamén o está a demostrar en Galicia.

9 comentarios:

Estrella dijo...

Lo que está claro es que hay maneras y maneras de gobernar y los socialistas no eligen la correcta o no son capaces de encontrarla. Me quedo con una frase que se publicó en un artículo de The Economist "Si Zapatero no puede encontrar en sí mismo las cualidades necesarias para empezar a gobernar, muchos de los miembros de su partido al igual que los ciudadanos españoles pronto se preguntarán por qué esta en el Palacio de la Moncloa"

RubenM dijo...

Con total sinceridad creo que Zapatero no lo puede estar haciendo peor. Además tiene la cara dura de pedir que, por sentido de Estado, apoyen una gestión fracasada en su lucha contra la crisis. La mejor contribución que podía hacer este señor a España es marcharse a casa y dejar que otros hagan lo que el no supo hacer.

ALEXANDRE dijo...

Zapatero perdeu o control do Goberno, o seu gabinete para afrontar a cxrise, será papel mollado. Hai dous datos que asustan, que leva dous anos sen actualizar os mínimos da renta, e que o superávit desplomouse máis dun 30%. Non se pode apoiar a súa xestión, xa que vai de despropósito en despropósito, e inda non conseguíu a maneira de gobernar. Todos/as nos damos contra, agás unha persoa e esa persoa, é, o Presidente do Goberno.

ALEXANDRE dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
mateo dijo...

A crédito do goberno ZP xa venceu fai tempo. Nas pasadas eleccións mentiunos aos españois decindo que non había crise nin asomo dela. Dous anos despois vemos como está o panorama: o paro aumentando cada día, menos crédito internacional, baixada no ranking das grandes potencias económicas....
E quenes somos os perxudicados? pois aqueles que estamos hipotecados, os que temos que facer números para chegar a fin de mes, os que temos que pechar a nosa pequena empresa, etc, etc. Todos sabemos como está a cousa e pinta mal.
A solución pasa por una cambio de goberno canto antes, por qué o PSOE está noqueado e non atina unha.

rafael dijo...

Zapatero está llevando a España a la bancarrota y al descrédito internacional más absoluto.
Con una gestión económica puramente electoralista, una escandalosa falta de ideas, un desconocimiento de las necesitades del país sin precedente en un presidente de gobierno y un rechazo visceral a cualquier propuesta de mejora que venga del Partido Popular, mal puede sacar al país de la crisis. Y lo que es aún peor, no parece dispuesto a marcharse que es lo único digno que puede hacer dadas las circunstancias.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: ZP está poñendo en risco as pensións. Pero antes de falar de todo eso, hai unha cousa, un pilar fundamental na sociedade, que é; a Educación. E semella que ninguén se dá conta, pero se ZP é o inimigo dos pensionistas tamén o é do Sistema Educativo Español. Está fracasando en tódolos eidos, e cando se fracasa en economía e Educación, non hai escusas que se poidan poñer para tapar as consecuencias.

O paro xuvenil supera o 42%. Non hai por parte do Goberno de ZP solucións ás dificultades para manter para os estudiantes de Primaria e E.S.O. o clima escolar axeitado nos Colexios e Institutos para garantir ese dereito ao estudio. E eso mestúrase co que a min me parece máis grave, a incapacidade total e absoluta para lograr uns niveis en coñecementos e competencias básicas, semellantes a outros sistemas educativos de Europa. E a inversión en Educación descendeu un 4,3% do PIB. Claro que é normal que haxa unha deixadez, pasotismo por parte dos/as alumnos/as, e unha falta total de motivación, que trae consigo unhas taxas de fracaso escolar que superan as dos demais países europeos. E os estudiantes abandonan antes o Instituto, e claro, tense menos opción de acceder a un mundo laboral, moi tocado pola crise financeira. Esto é algo que tiña que mirar o Goberno xa. Porque se a Educación é un pilar fundamental da sociedade na que estamos vivindo, ese pilar non o poden tirar, xa que se o fan, caerá a casa. Casa de por sí, bastante deteriorada pola xestión de ZP.

Que Galicia acabara o ano 2009 cun déficit do un por cento sobre o PIB, tampouco é algo que me sorprenda, xa que o equipo de Goberno de Alberto, tomou medidas inmediatas nada máis estar no cargo, como o Plan de Austeridade, ademais, Alberto xa demostrou que é un bo xestor cando foi Presidente da sociedade Estatal de Correos e Telégrafos. E digamos que daquela, Correos, estaba case coma o Goberno de ZP, e el logrou remontar a situación. Cando levou 100 días como Presidente da Xunta, en tódolos xornais, telexornais, páxinas web ou blogs con temática política. Falábase dese balance, ao meu xuízo precipitado por como deixou a Xunta o Bipartito. Mais a día de hoxe, xa se pode ver todo tal é como é, e non tal e cómo outros quixeran que fóra.

ZP, non olla os problemas, as situacións nin as posibles solucións dende todos os puntos de vista, polo tanto carece de obxectividade en cada unha das decisións que toma. E se esas decisións, as toma habendo no seno do Partido Socialista unha crise interna, as repercusións son a maior escala. Véxase por exemplo o caso coa Vicepresidenta do Goberno. E as bases ideolóxicas da súa formación política, xa non son utopías, son oasis no pleno deserto.

Por eso é tan surrealista, que en Málaga, ante 15.000 persoas, pida ao PP axuda para saír da crise. José Blanco, dixo textualmente "Los ciudadanos exigen un acuerdo y el PP debe decidir si actúa como motor o como freno de la recuperación económica" Eu coido que está bastante claro, nítido e transparente quen actúa, actuou e seguirá actuando como freo. E que tales afirmacións só son comparables aos Ensaios de André Breton. Así que, José Blanco, como Ministro xa demostraches non saber estar, ou o que é peor, estar sen saber estar. Véxase o tema da Ponte Romana en festas Do San Froilán, mais como ensaísta surrealista, a verdade, é que che vexo futuro. E non esquezas que o desenvolvemento do proceso económico en España, sufre unha grave crise dende fai varios meses, e sodes incapaces de escoitar o que vos levou dicindo durante todo ese tempo o PP, e de poñer solucións para afrontala. Só puxéstedes parches, e cando o balón se volvía a desinchar, corriades unha cortina de fume con outro tema para desviar a atención, do problema da crise, para o que vós, só era unha desaceleración económica.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA; O goberno de ZP basou todo nunha continua improvisación para prolongar a agonía de todos/as os cidadáns. E déronse conta demasiado tarde, e agora que poden rectificar, ou non queren, ou o que é peor, non saben. E así é imposible dar confianza ao Goberno, e conseguir un Pacto sólido para a recuperación económica do noso país.

Como ser racional, dotado de liberdade así como de poder creador, coido co máis digno que podía facer o señor ZP, sería dimitir. Pero eso non o vai facer. E por moitos gabinetes de crise que intente descubrir, imaxine, ou crea, xamais solucionará o problema.

Todos temos responsabilidades que cumprir, que non podemos ou non debemos evadir. E se as evadimos temos que dar conta deso, e facer as correccións pertinentes, ou as que nos pidan nese momento. E se as evadimos máis difícil será a corrección a facer, e as consecuencias serán inevitables. Eso é responsabilidade con un mesmo, e responsabilidade cara os demais. E se nós o facemos na vida cotiá. O presidente do goberno non pode ser unha excepción. Tería que ser un exemplo a seguir, pero desgraciadamente, non é así.

As contas dos socialistas xa fai moito tempo, que non as dá cadrado, nin Ignácio Rangel. E as matemáticas como todos sabemos, son unha ciencia de notacións básicas exactas. E ZP está poñendo ao límite dita ciencia, con cifras que se publican tódolos días. Ben sexa a de número de parados, a de anos para retirarse, as das pagas aos pensionistas, as dos 400 euros... E cando os números se volven en contra túa, é porque algo fixeches mal.

En definitiva, eu xa o dixen en moitas ocasións, e ti; Xosé Manuel, apúntalo perfectamente nesta entrada. O PP é un referente en materia económica. E de cando en vez, deberían ollar eso, e deixar de intentar tomar solucións cos ollos vendados.

“Every time that I look in the mirror
all these lines on my face getting clearer
the past is gone
it went by like dusk to dawn
isn't that the way
everybody's got their dues in life to pay” Steven Tyler (Vocalista e letrista do grupo de Hard Rock Estadounidense Aerosmith).

“En política hay que sanar los males, jamás vengarlos”. (Napoleón Bonaparte).

Anónimo dijo...

PREDICAR CON EL EJEMPLO

El titular le ha quedado muy bonito, pero APLIQUESE EL CUENTO.
¿Quien puede creerse nada del PP cuando su política es extender cheques en blanco?

Puedo estar comprender, que no estar de acuerdo, en que Ud. piense que necesita los votos de Barreiros (San Cosme) para ser presidente de la Diputación, pero de ahí a perder la dignidad del partido otorgándole a ese Alcalde un cheque en blanco en forma de amnistía urbanística, con un coste adicional para el ciudadano de 12 millones de euros, es cuando menos INDECENTE.
Y más que indecente, incalificable, es engañar a los ciudadanos diciendo que se firma un convenio que pone todo en su sitio, cuando una gran parte de los promotores amnistiados son ajenos a las consecuencias de ese convenio urbanístico.

¿A donde nos conduce el “todo vale”?

¿Es defender el interés general permitir que un alcalde reinterprete a su gusto y voluntad las Leyes urbanísticas destrozando el medio irreversiblemente?

¿Es el ejemplo de gestión que se ofrecerá en las próximas elecciones?

Vaya pensando qué hará cuando la oposición empiece a hacer públicos los desmanes cometidos en medio de la próxima campaña electoral, presentando a la opinión pública fotos de edificios donde se ha construido mas de lo autorizado por licencia, y enseñando públicamente copia de las denuncias presentadas por ciudadanos perjudicados ante las que la Xunta no quiso actuar.

Y ESPEREMOS POR EL BIEN DEL PARTIDO QUE NINGUN FISCAL EMPIECE A RASCAR……