jueves, 25 de marzo de 2010

Galicia ten “un” presidente

Creo que non hai precedentes na historia política deste país sobre o feito de que a oposición vexa coma un desmérito dar cumprimento ó programa electoral. É algo insólito que implícitamente saca a relucir o pouco peso que para algúns partidos políticos terá o proxecto co que concurren ás eleccións no caso de que cheguen a acadar responsabilidades de goberno.

A conclusión explica algunhas posicións ou máis ben os inexplicables cambios de criterio dos que estamos a ser sorprendidos testigos no que levamos andado desta oitava lexislatura no Parlamento galego, e dende logo invita a unha reflexión profunda e sobre todo necesaria sobre o compromiso e a credibilidade que ofrecen á cidadanía algunhas formacións políticas e, máis concretamente, algúns dos seus líderes.

Non cabe dúbida de que, como en case todo, sobre o primeiro debate do Estado da Autonomía con Feijoo coma presidente da Xunta cada quen falará da feira segundo lle fora nela, pero hai algúns aspectos que considero incuestionables.

O primeiro que quero suliñar resúmese cunha frase do propio Núñez Feijoo: o goberno di o que vai facer e fai o que dixo que ía facer. E esto enlaza coa idea coa que principiaba este artigo: os compromisos son para cumprilos e exemplo claro de que a palabra dada é firme é o propio borrador do decreto plurilingüe co que se pretende correxir a desfeita deixada por outros, que coa súa política impositiva, ademais de pretender apropiarse dun patrimonio que pertence a todos os galegos, racharon a paz social existente arredor do noso principal sinal de identidade. O galego, coma lingua propia, debe ser nexo de unión, nunca de confrontación, e o seu uso e promoción debe facerse en armónica convivencia coa outra lingua cooficial.

O goberno que lidera Feijoo, dado que non ten ataduras, non ten que renunciar ó seu ideario nin abdicar ante os intereses partidistas de outros, máis preocupados, coma os feitos demostran, por sacar rédito partidista que por facer e defender país.

Superada a bicefalia, a Xunta pode concentrar esforzos en afrontar e superar a crise económica, o asunto que nestes intres verdadeiramente importa e preocupa a todos os galegos.

Negar a evidencia, ademais de absurdo, resta capacidade de resposta e agora, dadas as circunstancias, o que toca é paliar os seus efectos e tentar saír dela o máis reforzado posible. Aí están os resultados obtidos polo plan de choque, o propio principio de austeridade aplicado a todos os ámbitos da administración autonómica e ó propio organigrama da Xunta, e aí está a planificación a catro anos vista dunha estratexia para ir superando estes intres difíciles, porque en momentos coma o actual non hai cabida para a improvisación.

Hai que reorientar e potenciar os nosos sectores productivos e estratéxicos; apoiar ás empresas, ós emprendedores e ós autónomos; mellorar e ampliar as infraestructuras; apostar polas novas tecnoloxías; asegurar e incrementar a atención social… Hai, en definitiva, moitos frentes abertos ós que atender pero sempre baixo unha premisa básica que perfectamente resumiu o presidente Feijoo cando dixo que os gobernos deben gastar o mínimo necesario en si mesmos e investir o máximo posible nos cidadáns.

Núñez Feijoo tamén avogou por acadar o consenso naquelas cuestións que, en aras do ben común, do interese xeral, deben manterse á marxe das liortas políticas. Un aspecto ó que fago mención no último lugar pero non por elo é menos importante.

Puxo sobre a mesa cuestións vitais como a propia loita contra a crise, a ordenación do territorio, o futuro financieiro e a revitalización demográfica. Aspectos todos eles de gran trascendencia no que temos que ser capaces de chegar a acordos nos que se antempoña sempre o beneficio de Galicia porque, como moi ben apuntou Feijoo, os gobernos e as oposicións pasan, o país permanece.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

E a diputacion de Lugo tera un presidente coma deus manda: Xose Manuel Barreiro PRESIDENTE!

Javier Fiunte dijo...

Adiante Lugo! Barreiro tes todo o noso apoyo, pronto Besteiro adicarase a tempo completo o que mais lle gusta, a festa. XM Barreiro, habemus presidente!

JTIRIMOL dijo...

Alberto é un digno sucesor de Don Manuel, como xa dixen en moitas ocasións, ten o perfil do político que buscamos todos/as galegos/as. Se ben é certo, que dixo que había que modernizar o Partido cun estilo xove e urbano, e ao meu parecer non o está facendo. Non obstante e sen dúbida algunha, coido que é a persoa ideal para facelo, pero polo de agora os perfiles seguen a ser os mesmos de sempre.

Galicia mellorou moito dende que Alberto tomou o timón do barco á deriva que era a nosa Comunidade. Soupo capear as críticas e responder a elas con feitos, sen cambiar, nunca, o seu discurso e a súa mensaxe política. E fixo fronte a tódolos temas xurdidos e que preocupaban á cidadania, con serenidade e sen perder os papeis, dende o plan de Austeridade no comezo de gobernar, ata do Decreto do galego nestes dias.

Quedan moitísimas cousas por facer e moitísimas cousas por mellorar, e creo que Alberto ten a capacidade de poder facelo e de chegar ao final, sen medias tintas coma o Bipartito. Sempre lle van xurdir críticas e detratores, que sen argumentación nen coñecemento do que se expón, tentarán xustificar o inxustificable e minar a imaxe do presidente Autronómico.

Como persoa, é humilde e gardián da súa intimidade, o que nos inspirou confianza dende o primeiro intre. E a día de hoxe, el e o PP de Galicia, volverían a gañar as eleccións con maioría absoluta. Reflexo do bo traballo do seu equipo de goberno con el ao mando.

O que se demostra que con traballo, constancia, sacrifício, lealdade, fidelidade co que se di e propón e máis com confianza e esforzo, pódense chegar aos obxectivos propostos. Pero inda queda moito camiño por andar...

Hai que pulir algunhas cousas e escoitar os problemas da xente, e iso non se está a facer como eu esperaba. Pero queda marxe para a mellora.

Do que si estou seguro é de que a Deputación terá un bo Presidente, e o Concello de Lugo un bo alcalde.


“Hacemos lo que hacemos porque somos lo que somos” (Walter Giardino, Guitarrista e letrista do grupo de Rock Rata Blanca).

"Pensar es el trabajo más difícil que existe. Quizá sea ésta la razón por la que haya tan pocas personas que lo practiquen" (Henry Ford)

ALEXANDRE dijo...

Alberto demostrou o seu compromiso con Galicia e cos galegos/as a base de traballo e de esforzo, e sobre todo de cumprir a raxa tabla o seu programa electoral. E con feitos é como se demostran as cousas, polo que Galicia, ten UN PRESIDENTE, que sabe estar cando hai que estar.

saratorres dijo...

Galicia ten un presidente, que cumpre cos seus compromisos. Un presidente que escoita aos galegos e que cumpre cos seus compromisos electorais. Outros adícanse a crispar co tema do galego e de facer política coa nosa lingua. O presidente de España podería copiar un pouquiño de Feijoo e gobernar. Animo J. MAnuel pronto gobernaras na Diputación.

Anónimo dijo...

DICE: "O goberno que lidera Feijoo, dado que non ten ataduras, non ten que renunciar ó seu ideario nin abdicar ante os intereses partidistas de outros, máis preocupados, coma os feitos demostran, por sacar rédito partidista que por facer e defender país"

DIGO:
Pois debe ser que San Cosme de Barreiros e doutro país.

omnium dijo...

Ciertamente, esta es una curiosa situación. Si un gobierno incumple su programa electoral, es lógico que se le critique. Pero, ¡no!, aquí están poniendo a parir al gobierno de la Xunta por llevar a cabo aquello a lo que se comprometió en campaña.

¡Miren que es un tipo raro este Feijóo! ¡Qué cosas hace! ¿No se le ha ocurrido, ahora, cumplir su programa electoral?.

Hay que tomárselo a coña, porque, si no, sería para echarse a llorar.

Por lo demás, tranquilidad. Por más ruido que los interesados críticos hagan, el cumplir las promesas electorales tendrá rentabilidades en el mismo campo. De ello son conscientes aquellos que tuvieron el gobierno y no supieron qué hacer con él.

Sara Torres dijo...

Galicia ten un presidente, que chegou o goberno da Xunta de Galicia cun plan de austeridade. Pola contra Zapatero preside o goberno con máis altos cargos e asesores da democracia.E segue na sáu liña de despilfarrar. Non lle importa que 6 de cada 10 familias españolas teñan dificultades para chegar a final de mes e que máis dun millón de familias españolas teñan a todos os membros en paro.Unha vez máis un goberno socialista empobrecenos gastando sin control.

undelugo dijo...

Non me chama a atención que o PSOE e mailo Bloque boten as muelas, uns teñen un líder que non é tal. O tal Pachi ten nome de lateral esquerdo, por suposto, do Bilbao, pero non de Presidente da Xunta.
No Bloque non se pode siquera facer a coña, porque non sei quen é o seu líder. E o malo non é que non o saiba eu, e que tampouco eles o saben.
En fin, parabéns para o governo galego e para o seu presidente. Agora hao que traballar para que Barreiro presida a Deputación e Jaime sexa alcalde de Lugo, os cidadáns meréceno.