lunes, 31 de mayo de 2010

Soidade

A aprobación in extremis do decreto lei sobre o recorte do gasto, o xa coñecido coma decretazo, deixou claro que ninguén cree en José Luís Rodríguez Zapatero.

A abstención dalgunhas forzas políticas, que antepuxeron o interese propio ó común (actitude que deberán explicar ós seus militantes e á cidadanía en xeral pola incompatibilidade de defender e acusadar a un tempo), permitiralle seguir adiante co seu recorte de dereitos sociais, pero xa non cabe dúbida de que Zapatero está aillado e solo.

Ata algún socialista de relevancia atrévese a dicir en público o que moitos recoñecen en privado: as súas decisións (impostas, improvisadas e inxustas) están o causar un dano irreparable para o país (e para o seu propio partido).

O que principiou sendo un ruxe ruxe, defendido en solitario polo Partido Popular, é un clamor xeralizado: O presidente do goberno é o principal problema da economía española e un lastre moi pesado para sequera otear unha nimia recuperación a corto prazo. A convocatoria de eleccións xerais non é xa unha discusión acotada á lexítima disputa partidista, é unha necesidade, unha saída (creo que a única) a este pozo negro que non ten fondo.

Esa soidade e esa debilidade parlamentaria é tan inmensa que ata difumina esa penosa imaxe á que asistimos atónitos nestes últimos días: as continuas contradiccións nas que incurrían os vicepresidentes, as rectificacións drásticas nun puñadiño de horas, as versións paralelas e antagónicas sobre esas rectificacións que se facían no discurrir polos pasillos…

E acecha sombría outra batalla, a amenaza de (tentar) aprobar, tamén vía decreto, a necesaria reforma laboral.

Ninguén está contento e eso que os efectos do decretazo e da suba de impostos aínda non se fixeron notar.
Os partidos políticos dixéronlle moi clariño a Rodríguez Zapatero que, se realmente quere axudar, recolla o seus bártulos e se vaia. Agardo que entenda a mensaxe e non espere a que llo esixan na rúa.

8 comentarios:

telmo dijo...

Querido José Manuel, isto estase a converter en Burkina Faso.
E sei que alguén pode pensar que os do Partido Popular estamos contentos cas desgrazas dos outros, pero é falso, por que os outros tamén somos nós.
Esta patulea de insensatos está a desfacer o país dunha forma infame. Pretenden que o resto do mundo nos axude por que din que somos un país no que confiar!!!
O outro día, saíu nos medios que o mesmiño Joe Biden veu xunto de Zapatero a preguntarlle que era iso de aplicar retroactividade nas primas de renovables. ¿E pretenden que o resto do mundo nos tome en serio si estes botarates non son quén de dar seguridade xurídica ó Estado?
¡Meu Deus!

saratorres dijo...

Tes razón José Manuel, nestes momentos o problema que ten España é Zapatero improvisando, sin coller o toro polos cornos. A primeira medida que tiña que presentar é dimitir e convocar eleccións. Zp, por unha vez se responsable, marchate que estas so. Españoles salgamos a calle e pidamos eleccions anticipadas.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Soidade, máis que soidade eu diría desconfianza, falta total de credibilidade, improvisación constante, nefasta xestión, pésima política, escasas ideas para dar solucións ás preguntas xurdidas nos últimos meses, falta de talante ao non esquivar temas espiñosos e que non proceden, por saírse de contesto, pensamentos diluídos, e certo nerviosismo por ver cómo isto se lle vai das mans, e por ver como acaba, só.

José A. Martín 'Petón', un exfutbolista, comentarista e metido a xornalista, escribía e inclusive comentaba de xeito verbal, as historias de futbolistas que por mor dunhas razóns ou doutras, chegaron ao seu declibe en canto á carreira profesional se refire, e non souberon ou retirarse a tempo ou saber estar cando hai que estar.

A istas pequenas historias, titulábaas “La llave del vestuario”. A min gustaríame facer algo semellante con ZP, e tomar e parafrasear a idea de Petón, e facer “A chave da Moncloa”.

Para aproximarnos ao que lle estará a pasar pola cabeza ao presidente de España. E así abrimos a chave da Moncloa e entramos nela. Podemos ver a un ZP, esgotado, a un ZP sen recursos para sacar a España no pozo no que o seu Partido e a súa persoa a sumerxiron. Un ZP, evidentemente con síntomas de fatiga, e que sinte isa soidade, isa soidade política, fruto da súa pésima xestión. E que só ten como escudeiro fiel a José Blanco, o cal, quizais está tomando demasiado protagonismo dentro do PSOE.

E o cal pode ser unha perfecta cabeza de turco se isto se vai ao garete. O peso da cidadanía faise cada vez máis forte, e ve como o PP gaña votos e confianza, e como o seu goberno vai pasar á Historia como o peor goberno da Democracia.

Entón isa historia pesa, pesa ver como nese mesmo edificio, en reformas, un tal Adolfo Suárez asumiu a responsabilidade da transición e como o traballo dese primeiro presidente para reconstruír o país, foi un esforzo case inhumano. Como traballaba 17 horas ao día, tódolos días do ano, e como ás veces cunha simple tortilla francesa e un café xa ía comido, e voltábase a pechar no despacho a traballar.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: A historia de Calvo.Sotelo, pouco pesa pola súa curta instancia. Mais logo a sombra de Felipe González, rezúalle na cabeza a ZP.
Sí, case 14 anos, pero a última lexislatura nefasta, moi similar á situación de agora, na cal Felipe perdera a total credibilidade e quedaba só no poder, nunha España en ruína, em tódolos eidos.

E entón a Historia do PP, a Historia de Aznar, tenlle que rondar máis e máis, xa que el ve, que foi unha situación moi semellante, na cal o PP tomou o mando e isto foi para arriba. Na cal o PP na persoa de Aznar logrou resolver todos aqueles problemas causados polo socialismo e dar respostas a tódalas preguntas que deixou o seu antecesor.
Aznar gañou credibilidade e confianza, mentres que Felipe se perdía na historia. Isto é como um boomeran, ZP está perdendo todo, e Rajoy e o PP, gañan a confianza dos/as espoñois.

Mais ZP, sabe que non hai solución, que isto se lle foi totalmente das mans. E que o máis sensato sería dimitir, aínda que iso sería inviable, e o seu Partido podería pagalo cun serio castigo.
ZP, sabe que non pode manter esta pantomima máis tempo, e que quizais as eleccións anticipadas sería o máis responsable pola súa parte, mais iso sería un suicidio para el e para o seu partido.

Entón, prefire seguir mantendo esta agonía, este circo de mentiras e de improvisacións no cal se converteu a súa xestión, e do cal alimenta a súa política cotiá. E que señan os Alcaldes o que pagen o castigo nas Municipais.
O risco de agarrarse a un ferro ardendo e ese.
E mañá terá que voltar a facer o seu papel, aínda que no fondo sabe que toda a credibilidade que tiña antes se lle votou en contra, e calquera cousa do que diga, non se vai tomar en serio.

Aínda que queira gañarse o agarimo populista con medidas como o recorte dos soldos aos funcionarios ou aos ricos. ZP sabe que os recursos se lle esgotan, quizais ao mesmo tempo cá súa presidencia.

E pechamos “A chave da Moncloa”, cun ZP fundido, pensativo e reflexivo, na máis profunda soidade política, que ao fin e ao cabo sabe que merece, e que ao fin e ao cabo a buscou.
E para que isto volva ir adiante e se recupere a ilusión, a única solución é, um goberno liderado polo PP.

E polo demais, tes toda a razón, Xosé Manuel. Coido que xa todos/as em todos os ámbitos, lle dixemos a ZP, que fixese as maletas e que se fose, ou que convocase eleccións anticipadas. Pero el, non fai caso, tal vez espere a que llo digamos na rúa para que o oiga ben.

“And when we were good
you just closed you eyes
So when we are bad
we're going to scar your minds” (Marilyn Manson, vocalista e líder da banda de metal industrial, de Canton, Ohio; Marilyn Manson)

“Nada es permanente a excepción del cambio (Heráclito).










ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!

mateo dijo...

O goberno estase a quedar só, pero canto tempo tivo que pasar, a onde tivemos que chegar para que algúns partidos deixaran de apoiar a Zapatero.
O máis probable e que nuns meses se vexa obrigado a convocar eleccións, e será nese momento cando a sociedade española lle diga a este goberno, ó goberno do "defecto ZP" que se vaian e non volten.
Este país precisa dun goberno de garantías, necesita ó PP.

Manuel dijo...

El problema es más sencillo, por mucho que los chicos del INE se empeñen en estadísticas cabezonas y obtusas solo hay que salir a la calle y sentir el run run de la gente, los ánimos no están caldeados aún, pero es simple: la credibilidad se ha terminado, CERO.
Las mentiras, una tras otra, machaconas ellas han colocado a Zp en donde le corresponde, en el lado de los mentirosos, de los malos gestores, del que no quiere ver la realidad.
Cuando el PP le decía : oiga usted, que está equivocado, que va mal …. El PSOE con ZP a la cabeza ( y el sr ideólogo Blanco) se empecinaban en seguir por el camino del gasto, de hundirnos aún mas…. A nadie le extrañaba mas que a los POPULARES, pero he aquí que han tenido que venir de fuera, nada menos que de la UE ( recordemos que España ejerce la presidencia de turno, que es un dato no baladí) e incluso Obama, a decirle que o recorta o se interviene ( y luego nos dicen que España no es Grecia, es cierto, SOMOS MAS GRANDES si luego si, MAS GRANDE SERÁ EL AGUJERO).
Las reformas que están tomando, no lo olvidéis, SON IMPUESTAS, y solo espero que sirvan para frenar una intervención del estado, porque sería la ruina de todos.
Es cierto que este gobierno carece de la mas mínima inteligencia o acaso luces, recurrir a lo fácil, a recortar pensiones y sueldos es una medida simplista, sin afán del ver mas allá ; acaso no se recortaría el gasto suprimiendo ministerios, agrupándolos o eliminado vicepresidencias? La respuesta es SI. Haga el gobierno funcionar a las inspecciones fiscales, de trabajo, sanitarias etc y que cumplan su función, en USA un delito fiscal está penado con cárcel, y ni se les ocurre defraudar a la hacienda pública, aquí? El que no defrauda es la excepción…
Zp, como bien dice José Manuel, ha perdido el crédito que le quedaba ; incluso, diría yo, dentro de sus propias filas, en aquellos que solo sabían seguir el dictado del partido, ya cunde el pánico y NADIE se fía de este señor; CREDIBILIDAD es la palabra clave de esto; ZP ha perdido la suya, son demasiadas mentiras ya acumuladas, demasiadas.
Por el bien de este país necesitamos unas elecciones anticipadas cuanto antes, sacar a zp y su gobierno del mando de la nación ha de ser una prioridad, no nos podemos permitir teniendo al mando a un capitán tan incompetente
Animo a los populares a seguir trabajando, a todos, y trasladando a los ciudadanos que gobernar no es esto.
Sigamos empujando que este país se merece otra cosa mejor

omnium dijo...

Por más que lo intento, no puedo ser optimista. Hoy parece que todos somos conscientes de que el país se encuentra en una situación límite. Hace dos años, cuando todavía estábamos a tiempo de tomar medidas efectivas, el electorado no quiso darse cuenta de que la coyuntura era delicada. Una mayoría prefirió taparse los ojos y optó por las descaradas mentiras de Zapatero frente a las menos agradables verdades de Rajoy. Recuérdese el tan comentado debate entre Manuel Pizarro y el "honesto" y "fiable" Pedro Solbes.

Y ahora, Zapatero se tambalea, pero únicamente porque el país está al borde del colapso. Y, en su propio partido, comienzan a oírse voces, y plantearse alternativas. Y surgen opciones para sustituirle. Y se llega a hablar de grandes hombres de Estado, como... nuestro ilustre paisano José Blanco.

Cuando veo estas cosas en periódicos dizque serios, no puedo ser optimista, aunque lo intente.

sila dijo...

Fijémonos en lo que es el poder de la mentira, cuando es magnificado por la prensa "amiga". El Gobierno que padecemos lleva meses, años mejor, machacando con la idea de que el PP "no arrima el hombro" para salir de la crisis. Durante los dos últimos años, hasta que los efectos de la crisis fueron inocultables, se acusaba al PP de mentir para sacar réditos políticos, de inventar una crisis que no existía.

Ahora, se dice que la crítica del PP a las desastrosas políticas de Zapatero "perjudica la imagen exterior de España". Hay que joderse (con perdón). O sea que lo que echa a perder el crédito internacional de España no es el Gobierno desastroso que padecemos, sino los que descubren sus vergüenzas.

Hay que hablar, alto y claro. No podemos solucionar los efectos de la mentira colaborando con ella. Tenemos que luchar con todos los medios a nuestro alcance, principalmente diciendo la verdad a quien quiera, y sobre todo, a quien no quiera oírla.

No es por el PP, es por España, que la economía que se está yendo al infierno es la de todos, incluso la de los que siguen creyendo en ZP.